Festas en Camelle

  • Camarinas.eu no Carmen de Camelle

    Camarinas.eu presente no día grande do Carmen camellán do 2013

    Polo que respecta ao Concello de Camariñas, aquí en Camarinas.eu sempre profesamos unha sorte de federalismo municipal: as diferentes parroquias forman un todo inseparable e indivisible en pe de absoluta igualdade, no cal cada unha delas é tan importante como a anterior. Agora ben, transmutada esta idea ao ámbito de España xa a cousa cambia: si se cargaran dunha vez as malditas autonomías (e as deputacións provinciais) sinceiramente creemos que viviríamos nun mundo mellor, sobre todo polo que respecta ao sinfín de cargos políticos dos distintos partidos que irían directamente ao paro e a baixada de impostos consecuente. Tamén nada que ver por suposto cos arriscados xogos de poder de obesos aprendices de bruxo que hai uns anos defendían e animaban intentonas de secesión dentro do noso propio término municipal (asunto da piscifactoría de Camelle) e que agora se adican a insultar e despreciar a parroquias enteiras (Ponte do Porto) a conta do rexeite xeralizado nas mesmas  das súas escasas e irrisorias opcións políticas, practicando, xa acorralados e sen opción para máis, unha especie de rudimentario, obsceno e perigoso nacionalismo camariñán de baixo ventre.
  • Festa do Carmen de Camelle 2013

    Cartel dunha nova edición da Festa do Carmen de Camelle

    Continúa sin pausa o calendario festeiro do Concello de Camariñas desta vez cunha nova edición da Festa do Carmen de Camelle que este ano 2013 conta con un apetitoso cartel. Este venres 2 de agosto comezará a xornada festiva coa actuación folclórica das Escolas Municipais de Baile do Concello de Camariñas. A partires das 11 da noite gran verbena amenizada pola orquestra Álkar. Ao rematar á orquesta actuará o noso querido amigo DJ Xiva con toda a súa potencia discotequera. O sábado 3 de agosto, día grande da festa, será baixada a Virxen do Carmen ata o porto de Camelle acompañada da banda de gaitas Jolpe de Mar e a tradicional Danza de Arcos de Camelle. Acto seguido celebrarase a misa de campaña no peirao que precederá a espectacular procesión marítima ata Arou e Praia de Traba. Para finalizar a mañán do Carmen de Camelle celebrarase unha sesión vermouth coas orquestras Novo Estilo. Xa de noite esta orquesta estará acompañada por "Amistad de Vigo" que fará as delicias dos máis bailadores. O domingo terá lugar unha misa solemne ás 13:30 horas en honor á Virxen dos Remedios acompañada pola Danza de Arcos de Camelle. Tamén contaremos con outra sesión vermouth a cargo da orquesta Troco que tamén fará a verbena nocturna que pechará esta edición 2013 da Festa do Carmen de Camelle.
  • Procesión Espíritu Santo de Camelle

    As xentes de Camelle fieis un ano máis á tradición do Espíritu Santo

    Camarinas.eu, a web que contempla o Concello de Camariñas como un todo informativo e na que cada parroquia aínda é máis importante que a anterior, faise eco en exclusiva da gran Procesión do Espíritu Santo de Camelle. Un batallón informativo do xigante mediático da Costa Atlántica foi enviado en misión informativa especial cara as brumas (municipais) do norte e trouxo consigo unha excelente reportaxe sobre un dos días sinalados dentro do calendario oficial camellán. A diferencia dunha oposición municipal ocupada en devorarse a si mesma a conta de urxencias sucesorias, non podía esta redacción abandoar aos nosos queridos compatriotas septentrionais en tal excepcional data e alí estivemos formando parte dunha troika oficial conformada a maiores non polo actual párroco interino de Camelle, Don Jesús, senón polos xaviñáns Don Mario e Don Lorenzo, en esforzadas labouras eclesiales supletorias axudado polas monxas e o Alcalde camariñán Pichurri, perpetuamente omnipresente nas distintas festividades das parroquias do Concello. Todo elo dou para un fermoso e entrañable evento relixioso do que Camarinas.eu publica unha completa galería fotográfica.
  • Cartel Espiritu Santo de Camelle 2013

    Nos días centrais de maio, Camelle festexa o Espíritu Santo

    Froito do traballo dunha nova comisión de festas, renovada e trufada de xóvenes compoñentes, xa está confeccionado o cartel qe levará nos días centrais de maio de 2013 os mellores festexos á vila máis septentrional do concello. Unha nova edición do Espíritu Santo de Camelle que se celebrará o 17, 18 e 19 de maio durante a ponte do Día das Letras Galegas. Arrancará como non podía ser menos polos nosos lares cunha impresionante churrascada durante a tarde do venres 17 e será amenizada a velada ca música da Orquestra Canadá e unha Disco Móvil con DJ Siva. Continuaremos o sábado 18 cun calendario repleto de distintas actividades festivas para finalmente o domingo 19 dar o seu xusto final á homenaxe ao terceiro dos integrantes da trinidade católica ca Orquesta Delirio. Nada mellor que desfrutar da ponte que se aproxima que na compañía dos veciños de Camelle e imbuidos de cabeza nunha das festividades clásicas desta Costa da Morte dos nosos pecados e alegrías.
  • Festa de San Miguel Camelle 2012

    Arranca un fin de semana de festa en CamelleEste sábado 29 de setembro de 2012 terá lugar en Camelle unha misa solemne en honor a San Miguel, esto é, un acto oficial, e estamos aquí en Camarinas.eu apostando si algún dos principais membros do PP camariñán, ben o maxistrado do peito palomo, ben o sheriff do Club Náutico, acudirán á cita co electorado que ata o de agora os votaba por maioría. A favor: as eleccións nas que estes dous fervorosos defensores da okupación ilegal se xogan a vida están á volta da esquina e, claro, teñen que retumbar os tambores electorales, sobre todo se temos en conta que segundo unha opinión certamente extendida parece que serán os resultados nas autonómicas os que determinen o seu futuro: derrota en Camariñas, para fóra os dous; victoria: pois haberá que proporcionarlles un retiro dorado a ambos, eso sí, sempre a costa dos caudales públicos, que paguen os escravos que para eso están.
  • Procesion Carmen de Camelle 2012

    Don Eulogio e Pichurri, sempre presentes na procesión que honra á virxen de  Camelle

    Dentro do proceso imparable de descomposición interna que dende hai máis de sete meses (exactamente dende o 10 de xaneiro de 2012) ven sufrindo a agrupación local do PP foi interesante constatar os feitos acaecidos na Procesión do Carme de Camelle o pasado sábado 4 de agosto. No que sempre foi o gran graneiro histórico de votos para os populares no Concello de Camariñas, a única parroquia na que un sólido triunfo electoral estaba sempre máis ou menos asegurado, non foron quen de enviar nin un só dos seus representantes aos actos institucionais dun dos días máis sinalados do calendario festivo camellán. Por non estar non estaba nin a súa concelleira actual pola parroquia máis septentrional do concello.
  • Festa do Carmen de Camelle 2012

    O pobo de Camelle listo para volcarse ca Virxe do CarmeSegue Camarinas.eu implicada cas boas xentes do noso concello no seu vivir diario sen xuzgalas pola súa militancia política nin pola procedencia das mesmas. Agora a caravana festeira da web líder da Costa Atlántica detense na zona máis septentrional das nosas terras, alí onde este fin de semana se honrará por todo o alto á Virxe do Carme. Todo está listo en Camelle para que este venres 3 de agosto de 2012 a orquesta Nova Generación e a disco móvil Landy marquen o inicio dos tres días de festa ininterrumpida que terán o seu clímax cando ao mediodía do sábado a espectacular Danza de Arcos de Camelle entre en acción como prolegómeno á Procesión Maritima, despois xa serán Galilea e Combo Dominicano os que amenicen musicalmente as veladas camellanas. Todo elo para o domingo 5 Grupo Midas poñer o digno telón de fondo a unhas festas ás que, como non podía ser menos, aquí en Camarinas.eu faremos un amplio seguemento e da que publicaremos a súa correspondente galería fotográfica.
  • Festa do Carmen de Camelle 2011

    Don Eulogio acompañado polo Alcalde Pichurri e o Patrón MaiorEste miserable verán que estamos a pasar tirou por terra moitas ilusións e sobre todo desanimou moitísimo á gran comisión de festas que ten Camelle e que está patroneada pola nosa gran amiga Perla. Unha comisión que tivo que capear con moitas adversidades, non só coas inclememncias do tempo senón sobre todo coa decisión discutible dunha orquesta que non quixo tocar para os veciños de Camelle.
  • Festas do Espiritu Santo 2011

    Todo preparado en Camelle para o Espiritu Santo do 2011Este venres 10 de xuño de 2011, no día previo á constitución dos novos concellos que rexerán a España municipal durante o cuatrienio 2011-2015, comenzarán as festas do Espíritu Santo de Camelle. Un ano máis a nosa querida amiga Perla formou parte da Comisión de Festas organizadora do evento e como non podía ser menos deixouse caer pola redacción do xigante informativo do litoral atlántico para facernos entrega do programa que levará durante este vindeiro fin de semana a festa e a troula cara á vila máis norteña do noso concello.
  • Cartel das Festas de San Miguel en Camelle

    1ª Festa dos Callos en Camelle

    Camelle, o pobo das grandes iniciativas colectivas, prepárase para outra gran festa máis
    Camelle, o pobo das grandes iniciativas colectivas, prepárase para outra gran festa máis

    En camarinas.eu xa estabamos recollendo os nosos bártulos para hibernar todo esta estación outonal que se nos ven enriba cando nos sorprendío pola calle unha das comisións de festas máis activas e traballadoras que se viron en moitos anos na Costa da Morte: non podía ser outra que a Comisión de Camelle que nos presentou o cartel das próximas festas que terán lugar este fin de semana na vila máis norteña do noso concello e que desta volta honrarán a San Miguel.

    Ademáis das típicas verbenas a cargo de orquestras de renombre, esta comisión ten previsto realizar paralelamente algunhas actividades máis neste fin de semana festeiro camellán. Algo que, por outra parte, ven sendo habitual neste grupo de amigos da comisión e que animarán o ambiente ata niveles estratosféricos. Por exemplo, o venres a eso das nove da noite realizarase unha gran degustación de callos ao mesmo tempo que se convocará o "2º Concurso de Disfraces de Camelle" e que, visto o visto na "1ª Festa da Palilleira" promete risas e carcajadas a esgalla. Pulsa na imaxe para ler o cartel completo da Festa de San Miguel 2009 en Camelle.

  • Procesion do Sacramento de Camelle

    Camelláns de tódalas idades non se quixeron perder unha Procesión do Sacramento que estivo a rebosar
    Camelláns de tódalas idades non se quixeron perder unha Procesión do Sacramento que estivo a rebosar

    camarinas.eu segue facendo máis pola unión das xentes do concello en torno a unha idea común que todas as asociacións civiles e políticas do concello xuntas e desta volta procedemos a publicar unha amplia reportaxe fotográfica dunha das máis antigas tradicións que todas as boas xentes de Camelle repiten ano tras ano con gran entusiasmo e devoción: a da Sagrada Procesión do Sacramento que ten lugar a comenzos de cada setembro e onde unhas impresionantes alfombras florais toman todo o protagonismo e demostran  o bo facer e o arte duns veciños especialmente implicados en todas aquelas inicativas e proxectos colectivos que beneficien ao Camelle da súa alma. Camarinas.eu volve aos seus oríxenes, a onde comenzou todo, cunha impresionante galería fotográfica de 90 imaxes que deixa constancia dunha das manifestacións colectivas máis fermosas e antigas deste Concello.

  • Festa do Sacramento de Camelle 2009

    Fin de semana de festa en Camelle

    O noso querido amigo Marcial Mouzo non se quixo perder esta 1ª edición da Festa das Palilleiras de Camelle
    O noso querido amigo Marcial Mouzo non se quixo perder esta 1ª edición da Festa das Palilleiras de Camelle

    Pois para ser a primeira vez, hai que decir que este fin de semana inicial do setembro do 2009 no que en Camelle fixeron coincidir a 1ª Xuntanza das Palilleiras e a Festa do Sacramento foi en éxito total, tal e como pudo comprobar camarinas.eu  en dúas xornadas intensivas de sábado e domingo adicadas á nosa querida vila norteña. Na xornada sabatina co arte en vivo das mulleres camellanas animado polo bo facer xornalístico do noso amigo Marcial Mouzo e cunha discoteca móvil que levou o ritmo polas rúas ata altas horas da madrugada. O domingo cunha impresionante misa e procesión, ca actuación da orquesta Jocker e cun partido entre solteiros e casados que enchío de sorrintes aficcionados o Paseo Marítimo Camellán. Pulsa na imaxe  para ver unha galeria de 125 fotografías do que dou de si a Festa do Sacramento 2009 en Camelle: o territorio das grandes iniciativas ciudadanas.

  • Festa do Carmen de Camelle 2009

    Camarinas.eu volvíose a atopar cos seus amigos da gran Orquesta París de Noia nas Festas de Camelle
    Camarinas.eu volvíose a atopar cos seus amigos da gran Orquesta París de Noia nas Festas de Camelle

    Cando as cousas se fan por cariño, por amor a unha terra e ás súas xentes e non por interese nin polo tan extendido afán de lucro, non importa o esforzo que se teña que acometer.  E así, despois de facer a cobertura xornalística máis grande que se recorda e tras percorrer todos e cada un dos grandes eventos que tiveron lugar este fin de semana no noso concello, camarinas.eu ponlle a guinda cunha reportaxe fotográfica da actuación da posiblemente mellor orquesta galega, a París de Noia, na Festa do Carmen de Camelle.

  • Cartel da Festa do Carmen de Camelle 2009

    A Comisión das Festas de Camelle posa co cartel ante os muros do imperio mediático de camarinas.eu
    A Comisión das Festas de Camelle posa co cartel ante os muros do imperio mediático de Camarinas.eu

    Os tres días grandes do Carmen de Camelle

    A nosa querida amiga Perla de Camelle pasouse pola redacción do xigante cibernético da Costa Atlántica e deixounos o cartel dos tres días grandes das Festas do Carmen de Camelle 2009. Asemesmo desvelounos que a gran orquesta sorpresa que amenizará a verbena do venres será a Jerusalem, mano a mano co Trío Eclipse (nada que ver co triunvirato que actuou en Cereixo). Ademáis, Procesión Marítima, a actuación da Danza de Arcos camellana, a gran Orquesta París de Noia, a impresionante churrascada do venres noite a partires das 21:00 coronada cun queimada xigantesca, etc... Polo que á vista do que se avecina este venres noite, haberá que ir conncluindo en declarar o sabroso pero económico churrasco como Prato Nacional do Concello de Camariñas...

  • Festas do Espiritu Santo en Camelle

    Olympus e Ciclón en Camelle

    Momento da actuación da Orquesta Olympus ante unha festa de Camelle abarrotada
    Momento da actuación da Orquesta Olympus ante unha festa de Camelle abarrotada

    Como decíamos xa se inaugurou a temporada veraniega de camarinas.eu que encherá as nosas páxinas con días de praia, noites de festa, cenas e algunha que outra enchenta. E para comenzar a unidade móbil festeira de camarinas.eu recalou nas Festas do Espítitu Santo de Camelle que este ano organizou a Comisión de Festas presidida pola nosa amiga Perla cun éxito impresionante de público e de organización con churrascada gratuita incluida. Ademáis é de destacar o elevado número de camariñáns que aproveitando a fantastica noite do venres 30 de maio se acercaron ata Camelle para desfrutra da música de dúas orquestas do nivel de Olympus e Ciclón. Pulsa na imaxe para ver unha galería de 130 fotos.

  • Grandes Festas de Sacramento en Camelle

    Vista aérea de Camelle
    Vista aérea de Camelle

    Este sábado 1 de septembro Camarinas.eu non podía faltar nas Festas do Sacramento de Camelle. Así, despois duns días editando todas as fotos, xa podedes ver en camarinas.eu unha reportaxe fotográfica especial na que se recolle exhaustivamente todo aquelo que aconteceu o sábado 1 de Setembro en Camelle. Esperamos que vos gusten. Para ver a galeríaPULSA AQUÍ

     

  • Continúan as Festas do Carmen de Camelle

    Vista aérea de Camelle
    Vista de Camelle desde o aire
    Desde o Venres ata o Domingo non se para en Camelle
    A Festa do Carmen de Camelle ten un tempo inmellorable co que a afluencia de xente está asegurada. Para pasalo ben este fin de semana non fai falla marchar para Vimianzo ou  para a Carballeria de Zas. Vinde ao pueblo de Camelle que o ides pasar en grande. Para ver o programa das Festas pulsa no seguinte enlace.