• Cartel do San Ramón 2017 en Camariñas

    A derradeira cita festeira deste multitudinario verán 2017 na Costa da Morte chega con un día brillante de sol acompañado de alboradas, gaiteiros e charangas por toda a vila de Camariñas. Despois de varias xornadas nas que o inverno parecía facerse un hoco para quedarse definitivamente, este xoves 31 de agosto Día de San Ramón, amaneceu cuns raios de sol esplendorosos. E será xusto nesta mañán radiante cando ás 13:00 horas se celebre a tradicional misa en honor ao noso querido San Ramón. Ceremonia que concluirá coa procesión arredor da nosa igrexa onde se concentrarán numerosos fieis para rendir homenaxe ao San Ramón. Ao remate desta está previsto o lanzamento dunha gran traca de fogos que retumbarán os ceos para honrar ao noso santo. Rematarán aquí os actos festeiros nesta xornada para así o sábado continuar a xornada orquesteril coa actuación tanto no baile vermouth coma na verbena nocturna da Orquestra Principal que será relevada xa a altas horas da noite por unha discoteca movil. E así rematará este concurrido e turístico verán 2017 na vila de Camariñas: con unha gran festa en honor ao noso querido San Ramón.
  • Procesión do Carmen de Camariñas 2017

    Cando un vive e sinte Camariñas no seu corpo e na súa alma non cabe mellor ledicia que a de desfrutar un día do Carmen cos seus compatriotas. Xentes de todas as idades e de todas as condicións, todos Camariñáns con maiúsculas, puderon vivir este domingo 16 de xullo de 2017 o fervor e o orgullo de sentirse Camariñán. Nun día soleado, despexado e con unha suave brisa do nordés comezaba a dar os seus primeiros pasos a Danza de Arcos na Praza de Insuela cara a Capela do Carmen. Alí os esperábamos os de sempre para acompañar aos danzantes ata a praia. Xa chegados a capela houbo tempo para o descanso, pero máis do debido por mor de que os danzantes tiveron que agardar a chegada dunha tal directora de non sabemos qué cousa, que viña a facer o paripé dende as oficinas de San Caetano. Mentras tanto, os rapaces da Danza de Arcos (estes sí con maiúsculas) tiveron a bondade de esperar ata que esta xerifalte chegara á Vila das Palilleiras. Todo a conta de que algúns quedaran ben diante dos seus superiores de partido. Unha vez superado o ínterin político os chavales da Danza de Arcos non tiveron nen un minuto para descansar ao chegar á Igrexa de San Xurxo.
  • Esplendorosa miniprocesión do Carmen de Camariñas 2017

    Camariñas colmouse de xúbilo mariñeiro este sábado 15 de xullo, véspera do Carmen, ao ver como os máis pequenos da vila aseguraban a unha das tradicións máis enraizada da nosa cultura popular. Os neniños do campamento que organiza todos os veráns o Concello de Camariñas, encheron de colorido e tradición mariñeira as rúas de Camariñas cos seus bailes na miniprocesión do Carmen da que foron protagonistas. A eso das 11 da mañá desta soleada véspera do Carmen comezaban a dar os primeiros pasos todos os nenos do campamento ata chegar ata a lonxa vella, onde desembarcaban a xa chamada por todos os veciños da vila Virxiña dos nenos de Camariñas para levala en volandas ata a Casa do Concello. Alí os esperaba o alcalde Pichurri xunto co Antonio Puertas, encargado de presentar ao pregoeiro deste Carmen 2017 Marcial Mouzo. E alí foi o momento de que os nosos nenos descansaran e repoñeran forzas cos seus bocadillos e refrescos. Acto seguido, baixo un sol veraniego que nos envolvía, tomou a palabra o noso querido usuario e colaborador desta web Antonio Puertas "Beldoña" que presentou a Marcial Mouzo Vidal, pregoueiro de luxo para esta edición da Festa do Carmen de Camariñas 2017.
  • Pregón oficial do Carmen 2017 e miniprocesión dos rapaces do campamento do Concello de Camariñas

    Comeza este sábado 15 de xullo a Semana Grande de Camariñas con unha véspera do Carmen 2017 repleta de actos que darán o pistoletazo de saída a gran festa da Vila das Palilleiras. Será co lanzamento de 21 bombas de palenque ás 12 da mañá dende o paseo marítimo de Camariñas cando toda a vila comece o sentir da súa fe mariñeira. Se o ano pasado o encargado de oficiar o pregón era o noso querido colaborador Antonio Puertas "Beldoña" da man do gran mestre Xosé Luís Blanco Campaña, este ano terá a honra de ser o pregoeiro oficial do Carmen 2017 o exitoso xornalista Marcial Mouzo. Será todo un luxo de pregón, pois Marcial negouse a multitude de ofertas para ser pregoeiro por toda Galicia por mor de ter un pouco máis de tempo para a súa familia. Aínda así o seu corazón camariñán non pudo dicir que non a tal ofrecemento no día máis importante da súa vila.
  • EXCLUSIVA!! Cartel do Carmen de Camariñas 2017

    Fieis ao seu compromiso de ofrecer a tódolos camariñáns unha Festa do Carme mellor cada ano, en constante in crescendo, a Comisión de Festas da man de Camarinas.eu presenta en sociedade o Cartel 2017. Fruto dunha colaboración desinteresada entre ámbalas partes, cun traballo no que o noso Director e fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire foi a buscar nos océanos da historia as imaxes que ilustren unha tradición centenaria, os veciños da Vila das Palilleiras xa están en condicións de presumir da que é dende hai uns anos a mellor festa sen discusión de todo o Arco Atlántico. Un prorama de actividades completo e acabado, sen resquicio algún ao descanso e ao aburrimento, e que encherá de ledicia e cor as rúas dunha vila mariñeira ancestral. Avecíñanse días movidos, nos que o corpo non atopará reposo e no que os sentidos serán estimulados pola mellor música, pola tradición da Danza de Arcos, por ceos acribillados polos máis explosivos fogos de artificio, polo placer en definitiva que lle supoñe aos camariñáns reencontrase durante catro días consigo mesmos. Eso será a partir do sábado 15 de xullo cando unha miniprocesión dos cativos do Campamento do Concello inicie a máis grande ocasión festiva que viron os séculos na Costa da Morte. Porque ese día será cando Camariñas recolla o testigo que lle entregue Pamplona, ca finalización das Festas de San Fermín o día anterior, como o principal epicentro festeiro de España. E eso queridos camariñáns é moito decir, porque sen dúbidas vivimos a nivel de festas (e en xeral a tódolos os niveis) no mellor país do mundo. ¡¡¡Viva a Festa do Carme e Viva Camariñas!!!
  • A Lumarea da Vila xa está a punto de estoupar

    Un verdadeiro torpedo nuclear estase preparando lentamente na Area da Vila para celebrar o San Xoán 2017. Toneladas e máis toneladas de material pirotécnico están a punto de descorchar en forma de Castelo do Soberano nunha lumarea que este ano fixo sudar aos responsables da Asociación Lumarea da Vila. Campaña and company superáronse outro ano máis, e están en condicións de deixar para a historia unha Lumarea da Vila máis propia de competir nas fallas valencianas que no San Xoán galego. O caso é que os rapaces da asociación armaron en menos de dúas semanas unha réplica casi exacta do que foi o Castelo do Soberano. Un traballo xenial de todos e cada un dos rapaces e rapazas da asociación dirixida polo concelleiro José Manuel Canosa Campaña que, como un máis dos seus pupilos, traballou a reo para que tal efeméride camariñana fose posible. Despois do explosión prevista para o incendio do Castelo celebrarase a festa e o despiporre típicos desta noite coa actuación estelar da Orquestra Light Show e rematará a festa o camariñán DJ Xiba coa súa exitosa e sorprendente Impacto Disco Móbil. Recoñecer tamén a axuda económica do Concello de Camariñas e das empresas e negocios da vila das palilleiras para que esta festa se convertira xa nun clásico do San Xoán da Costa da Morte. Outro ano máis colaborou tamén fotógrafo de bodas Diego Alonso que maquetou gratuitamente o cartel realizado por tres pequenos artistas camariñáns.E xa non hai volta atrás, porque este venres 23 de xuño, véspera de San Xoán a eso das 12 da noite, nesa noite meiga que dende hai milenios xoga aos dados coa mentalidade humana, prenderase lume a toda esta avalancha incendiaria que todos os veciños podemos contemplar na Area da vila. E alí estará Camarinas.eu, deus mediante, ahora que volve á carga informativa a pasos axigantados, para contárvolo en primeira persoa.

    Cartel da Lumarea 2017

    Cartel da Lumarea da Vila 2017 en Camariñas

  • Cartel da Noite do Solpor 2017 en Camariñas

    O Concello de Camariñas organiza un ano máis, co cofinanciamento da Deputación da Coruña, a festa do solsticio de verán. Esta celebración arraigada en ritos e tradicións ancestrais, denominase Noite do Solpor e se realiza no Monte Farelo donde está situada a capela da Virxe do Monte este mércores 21 de xuño.
  • Camariñas repartirá más de 1.500 euros entre los mejores disfraces

    El Concello de Camariñas repartirá este año más de 1.500 euros en el concurso de disfraces que se celebrará el próximo 28 de febrero, el Martes de Entroido en la localidad. En el apartado de comparsas el primer premio estará dotado de 800 euros; el segundo, de 400, y el tercero, de 200 euros. Además, habrá un premio de consolación para los demás participantes que no resulten premiados.
  • Cartel da Lumarea 2015 de Camariñas, a máis grande de toda Galicia

    Ahí o 23 de xuño vai arder Area da Vila polos catro costados. Anúnciase o prendemento da maior fogueira de toda Galicia. Nin máis nin menos, os camariñáns somos así: cando se nos mete algo nos miolos sacámolo adiante sen maiores problemas. ¿Qué a maior lumarea de toda a comunidade autónoma? Pois toma lume. Os responsables do novo récord do Libro Guiness serán os membros da Asociación Lumarea da Vila, que comandados polo flamante concelleiro socialista por Buría, José Manuel Canosa Campaña, veñen de confeccionar un ano máis un acabado e completo programa festivo para a data en cuestión que ademáis de incluir hinchables, unha exhibición da Escola Municipal de Baile, unha opípara e suculenta sardiñada e a mellor música verbenera, conta como guinda do pastel ca que será a maior torre calorífica de toda Galicia. Empezou na súa orixe a cousa pouco a pouco e ahí en tempo récord xa andamos batimos marcas. Si un o pensa ben, tal vez todo veña de unir en vez de separar: ahí onde había trinta fogueiras que nin para acender un pitillo servían, agora contamos cun volcán. Na unión está a forza, si xa o decían os vellos...
  • Procesión de San Xurxo 2015 en Camariñas

    E outra ano máis chegou a festa que honra ao patrón de Camariñas. E chegou desta vez cun tempo primaveral que encheu Buría ata os topes de xentes ledas e coa visita tan inesperada como electoralista da  Delegada Territorial da Xunta de Galicia. EStreouse nestes menesteres unha tal chamada, segundo contan, Belén Do Campo, a cal pasaría totalmente inadvertida entre toda a muchedumbre que abarrotaba o atrio da Igrexa Parroquial de San Xurxo de non ser pola ridícula presencia dunha patrulla de mequetrefes autóctonos sen oficio nen beneficio que rebolotearon ao seu redor. Tarea penosa a que se lle está a facer pasar a estes mandados dende a dirección provincial do PP da Coruña para tentar evitar o colapso total e máis que seguro afundimento definitivo do seu partido na vila de Camariñas. Estas vindeiras eleccións municipais virían a supor, de ser certas as previsións que manexan altas instancias populares, unha verdadeira debacle con consecuencias fatales para un PP totalmente fracturado, especialmente dende as últimas e incomprensibles decisións tomadas dende esta desquiciada dirección provincial, que cedeu aos chantaxes favorecendo a un bando desertor que tentou publicamente organizar un partido independente e cachalote, decisión que sorprendentemente castigou a tódolos concelleiros electos polo pobo soberano nas derradeiras eleccións municipais.
  • Cartel da Cena Baile do San Xurxo 2015 en Camariñas

    Despois do éxito abrumador colleitado pola comisión da Virxen do Monte 2015 encabezada pola concelleira Mayte Castro Carril chega o turno do distrito de Buría e comeza a quentar motores xa a seguinte festa do calendario festivo camariñán. Este é o caso da nosa querida entrañable Festa do San Xurxo cuia comisión ven de presentarnos o cartel da que será a súa cea baile co fin de recaudar fondos a prol da festa do noso Patrón. Unha suculenta cea que se celebrará 18 de abril de 2015 ás 21:30 horas no Restaurante Catro Ventos de Camariñas. O menú que se servirá será todo un clásico deste tipo de enchentas e contará con entrantes de empanada, de seguido servirase unha sabrosa merluza á romana con patacas ao vapor e ensalada. Xa para finalizar o rancho servirase un suculento xamón de tenreira en salsa de champiñóns e para rematar, os camareiros do coñecido ristorante camariñán repartirán entre os asistentes un exquisito postre a escoller entre fresas con nata ou tarta xeada. Todo elo regado con viño, auga e refrescos. Xa despois, e antes de comezar a mover o esqueleto os asistentes poderemos degustar os consabidos cafés e chupitos para ir quentando motores para preparar o asalto ao bailoteo. Todo aquel que desexe asistir a esta gran cea a prol da Festa de San Xurxo poden facelo falando directamente cos integrantes da comisión ou ben chamando ao 687 64 13 08, eso si, terá que facelo antes do venres 17, data en que se cerrará o prazo para asistir a esta cea. Benvido San Xurxo 2015!
  • Exitosa edición da Virxen do Monte 2015 en Camariñas

    Comezamos aquí en Camarinas.eu a desgranar todo o acontecido nesta durísima Semana Santa (de traballo, queremos dicir) en Camariñas. Unha desbordante Mostra do Encaixe que nos deixou totalmente derreados... E agora, uns días despois e xa repostos de toda a faena recuperamos para os usuarios e lectores do medio máis importante da Costa Atlántica unha bonita galería de fotos captadas en vivo e directo  durante o Día Grande da Virxen do Monte. Unha procesión deslumbrante nun luns de Pascua espectacular e nunha mañán cáseque veraniega e sin gota de vento no monte máis emblemático de toda a Costa da Morte, onde os gaiteiros xaviñáns da Asociación Abrindo Rejo foron unha vez máis os encargados de musicalizar as voltas dos fieles que acompañaron á virxen ao redor da súa Ermita. E outra vez máis alí estivo Camarinas.eu para deixar para a posteridade outra boa galería que quedará para a memoria das nosas tradicións.
  • Cartel da Virxen do Monte 2015 en Camariñas

    Posiblemente sexa a festa máis camariñana, por ser aquela que únicamente se celebra na capital municipal e se focaliza nun templo e nunha virxe íntegramente patrios. Por elo, e por constituir un complemente á ineludible cita anual do principal escaparate encaixeiro mundial, a Festa da Virxe do Monte está aquí un ano máis. Atrás quedaron intentos novedosos de darlle un certo pulo como aquela fantástica Festa da Zorza ou outras iniciativas máis ou menos plausibles, pero o certo é que a súa supervivencia xa constitúe de por sí unha boa nova encanto ao que de esforzo supón para a Comisión de Festas. Este ano as datas cuadran nos días 4, 5 e 6 de abril e máis aló dos actos estrictamente relixiosos será a presencia da Orquestra Panamá e da Disco Móvil CDC (nada que ver con Converxencia Democrática de Cataluña, esperemos, estás ahí tranquilamente tomando un máis que merecido refrixerio cubateril e xusto aparece Artur Más micrófono en man e pantalón marca paquete entonando un reggaeton e xusto che da un síncope) a que anime o cotarro nocturno. É por elo que alí estará Camarinas.eu desfrutando da festa máis camariñana... eso sí. sempre que non faga acto de presencia o inefable Artur Más ou calqueira dos seus mariachis separatistas. Independentistas cataláns non por favor.
  • Presentación do libro do Carmen 2014 e galería de fotos da procesión do 16 de xullo

    Ao día seguinte de recibir a visita da Comisión da Festa do Carmen para facer amosar o Libro publicitario da máis grande festividade mariñeira do Arco Atlántico, procedemos en Camarinas.eu a publicar a avalancha fotográfica do que dou de sí o Carmen 2014. Unha manada gráfica incontible que campará desbocada entre a imaxinería colectiva da veciñanza camariñana. Tal vez sexa mellor así, xusto dous meses despois, ca debida perspectiva que otorga o tempo, cando poidamos retrotraer os nosos recordos aos días centrais de xullo de 2014 e calibrar en toda a súa intensidade o que supoñe o Carmen para un corazón camariñán. Porque se hai alguén consciente da forza magnética irresistible da festividade en honor a Patroa de todos mariñeiros é a redacción de Camarinas.eu e así puntualmente con cada edición do director da mesma vólcase en colaboracións desinteresadas consistentes en deseño do cartel, cesión gratuita de centos de fotografías que despois serán postas á venta pola Comisión, ca entrega de cadros para a súa subasta nas distintas ceas recaudatorias, en publicidade na web... Pero ainda así, todo será pouco para a nosa Festa do Carme. Para solaz e divertimento do pobo camariñán, en calqueira lugar do globo onde se atope, ahí vai a máis extensa, compacta e impresionante galería fotográfica que un pode botarse ás fauces nestes gráficos tempos.
  • Cartel da Festa de San Ramón 2014 en Camariñas

    Derradeiro fin de semana de agosto e Festa de San Ramón ao canto. Decidíose este ano organizar unha festividade un pouco máis escueta en canto ao seu programa e así estará conformada por dúas sesións vermú e unha única verbena nocturna, porque igual xa ás mentadas latitudes veraniegas crepusculares de fins de agosto o frío xélido se apodera das noites. Así, o primeiro día programado, o sábado 30, contará cunha sesión vermouth amenizada polo Grupo, que non orquesta, Alvein, o cal repetirá pola noite xunto a, esta sí, Orquesta Marazul. Ao día seguinte, o domingo que finiquitará un agosto non demasiado benéfico climatolóxicamente nas Rías Altas (que non así nas Baixas) a Charanga O Santiaguiño levará a música polas rúas de Camariñas para pasar a mellor vida o San Ramón 2014 cunha sesión vermouth a cargo do Grupo, que non orquesta, Nuves. Despois xa haberá que ir quentando motores para A Barca de Muxía, que promete ser outra historia.
  • Cartel da Festa do 15 de Agosto 2014 en Xaviña

    A ponte do 15 de agosto ten cartel completo na Parroquia de Xaviña. A xove Comisión de Festas foi quen de organizar un programa completo e acabado que arrancando do xoves 14 de agosto levará ata o sábado 16 a mellor música á parroquia máis extensa do noso concello. O primeiro día será a Orquestra Cinema Factory e unha Disco Móvil as que amenizarán a velada para ao día seguinte a Asociación Abrindo Rejo, e as orquestras Galín e Diamante encargarse do fondo musical dun venres festivo que promete emocións fortes. Finalmente o sábado novamente Abrindo Rejo e o Dúo Ale e Alex na sesión vermouth aledarán os corazóns musicais xaviñáns e foráneos.
  • Éxito do festival do legado del tibu 2014

    O esforzo, a ilusión, todo o trabaxo inxente desenvolvido polos xoves rapaces da Asociación Legado do Tibu víose recompensado este pasado sábado 12 de xullo de 2014 cando unha marea de visitantes inundou Area da Vila. Ata alí deberon trasaladar un tanto sorpresivamente a última hora a organización do Primeiro Festival do Legado do Tibu, en principio pensada para ser levada a cabo no Areal de O Ariño, pero nin eso evitou que un continxente permanente de 2.500 persoas disfrutase ao longo de toda a noite da mellor comida, bebida e música. Neste punto, Damián Pereira, o xaviñán creador do maior fenómeno de masas que se lembre na Costa da Morte, quixo agradecer a outro xaviñán, o empresario Félix García Insua, a colaboración  o risco asumido por éste de poñer camareiras, camareiros, barras e música totalmente gratis para o evento. Si esto foi así, sen embargo gracias á afluencia masiva de público o propio Félix recoñecía a Camarinas.eu que o seu compromiso non tivo coste algún para el senón todo o contrario, xa que finalmente sacou beneficios dunha velada nocturna que quedará para o recordo. Tamén tivo un agradecemento Damián Pereira para o Concello de Camariñas e o seu Alcalde así como os membros da Asociación Legado do Tibu, que gracias ao seu esforzo inxente puideron facer posible a organización dun festival que movido polo espíritu solidario (recaudar fondos para a loita contra o cancro) foi todo un éxito organizativo e de público.
  • Resumo da Lumarea da Vila 2014 en Camariñas

    Quedará no tinteiro da redacción de Camarinas.eu a publicación da galería fotográfica da que foi un ano máis a lumarea de San Xoán máis concurrida deste recuncho atlántico. Pero só quedou ahí, no tinteiro, que non no olvido, e agora procedemos á súa publicación. Unha edición a deste ano, na que a Asociación Lumarea da Vila logrou posiblemente o éxito máis espectacular da súa xa de por si exitosa traxectoria. Con case toda a vila alí no célebre areal camariñán cando estaba a piques de prender a pira incendiaria, con máis visitantes foráneos que nunca, agora só cabe darlle as gracias a este ente asociativo da Vila das Palilleiras que só traballa para o lecer dos seus conveciños. E que mellor maneira de facelo que deixando constancia ante a posteridade do que alí aconteceu un 23 de xuño de 2014.
  • Inauguración do Mercado Medieval de Camariñas 2014

    Este venres 11 de xullo de 2014 quedou inaugurada a terceira edición do Mercado Medieval Mariñeiro de Camariñas. Ao acto asistíu o alcalde de Camariñas Pichurri así como varios concelleiros da corporación que quixeron acompañar á nosa Comisión de Festas neste evento que serve xa hai tres anos como prolegómeno da festividade maior do noso pobo. Un equipo renovado o desta comisión que traballou a reo para que Camariñas contara cunha das mellores feiras medievais desta franxa atlántica e que se veu recompensada este sábado cun considerable éxito de público. Si, queridos lectores e usuarios de Camarinas.eu, o Carmen 2014 xa está aquí e dende esta web queremos ir quentando motores e ofrecémosvos unha galería do que foi a inauguración do III Mercado Medieval de Camariñas.
  • Cena do Carmen 2014 e presentación da bandeira oficial da festa

    Vanse queimando a pasos axigantados as etapas que nos levarán ata a Festa do Carmen do 2014.  Tres semanas escasas quedan para a máis grande cita do ano en Camariñas e nelas non faltarán acontecementos para ir aliviando a ansiedade que se apodera dos corazóns camariñáns. Entre as novidades desta edición, atópase a presentación en sociedade da Bandeira Oficial da Festa do Carmen, que na portada da presente noticia sosteñen orgullosos tres dos colaboradores da Comisión de Festas: Maytiña, a flamante nova concelleira, Mari Carmen e Lolo. Elo terá lugar con ocasión da Cena da Festa do Carmen que o sábado 28 de xuño de 2014 terá lugar a partir das 21:30 horas no Restaurante Catro Ventos cun menú que polo módico precio de 22 €/persoa inclúe entrantes variados, paleta asada, viños, refrescos, postre e café. Una nos máis, a Vila de Camariñas atópase á porta mesma de grandes acontecementos: a da máis espectacular e impresionante festividade do Arco Atlántico.