• Presentación do libro do Carmen 2014 e galería de fotos da procesión do 16 de xullo

    Ao día seguinte de recibir a visita da Comisión da Festa do Carmen para facer amosar o Libro publicitario da máis grande festividade mariñeira do Arco Atlántico, procedemos en Camarinas.eu a publicar a avalancha fotográfica do que dou de sí o Carmen 2014. Unha manada gráfica incontible que campará desbocada entre a imaxinería colectiva da veciñanza camariñana. Tal vez sexa mellor así, xusto dous meses despois, ca debida perspectiva que otorga o tempo, cando poidamos retrotraer os nosos recordos aos días centrais de xullo de 2014 e calibrar en toda a súa intensidade o que supoñe o Carmen para un corazón camariñán. Porque se hai alguén consciente da forza magnética irresistible da festividade en honor a Patroa de todos mariñeiros é a redacción de Camarinas.eu e así puntualmente con cada edición do director da mesma vólcase en colaboracións desinteresadas consistentes en deseño do cartel, cesión gratuita de centos de fotografías que despois serán postas á venta pola Comisión, ca entrega de cadros para a súa subasta nas distintas ceas recaudatorias, en publicidade na web... Pero ainda así, todo será pouco para a nosa Festa do Carme. Para solaz e divertimento do pobo camariñán, en calqueira lugar do globo onde se atope, ahí vai a máis extensa, compacta e impresionante galería fotográfica que un pode botarse ás fauces nestes gráficos tempos.
  • Cena do Carmen 2014 e presentación da bandeira oficial da festa

    Vanse queimando a pasos axigantados as etapas que nos levarán ata a Festa do Carmen do 2014.  Tres semanas escasas quedan para a máis grande cita do ano en Camariñas e nelas non faltarán acontecementos para ir aliviando a ansiedade que se apodera dos corazóns camariñáns. Entre as novidades desta edición, atópase a presentación en sociedade da Bandeira Oficial da Festa do Carmen, que na portada da presente noticia sosteñen orgullosos tres dos colaboradores da Comisión de Festas: Maytiña, a flamante nova concelleira, Mari Carmen e Lolo. Elo terá lugar con ocasión da Cena da Festa do Carmen que o sábado 28 de xuño de 2014 terá lugar a partir das 21:30 horas no Restaurante Catro Ventos cun menú que polo módico precio de 22 €/persoa inclúe entrantes variados, paleta asada, viños, refrescos, postre e café. Una nos máis, a Vila de Camariñas atópase á porta mesma de grandes acontecementos: a da máis espectacular e impresionante festividade do Arco Atlántico.
  • Exclusiva! Cartel da Festa do Carmen de Camariñas 2014

    Xa está aquí, xa chegou. A festa do Carmen de Camariñas 2014 está á volta da esquina. A grande. A única e universal celebración máis importante para tódolos camariñáns quenta motores e á falta de menos de un mes para celebrarse a Festa Grande de Camariñas presentamos aquí en Camarinas.eu, en rigurosa exclusiva, o cartel (que contou outro ano máis coa colaboración no seu deseño de Diego Alonso Freire) dunha  das festas máis importantes do calendario estival da Costa da Morte. Unha celebración, a do Carmen de Camariñas, que si ben este ano reduce os seus días, non fai o mesmo ca calidade das súas orquestas e actividades. Así o mércores 16 de xullo, día grande da patroa de Camariñas voltaremos a ver aos arqueiros da mítica Danza de Arcos bailar ao son da tradicional música que todos os camariñáns teñen rondando na súa mente nestas datas cercanas ao Carmen. Orquestas de primeiro nivel, fogos de artificio espectaculares coma en ningunha outra vila da Costa da Morte, sardiñadas gratuitas a reventar, charangas por doquier, grandes e espectaculares orquestras, a mellor procesión marítima de todo o litoral galaico... pero o máis importante: devoción, emoción e ledicia ao ver a nosa Virxen do Carmen descender O Areal acompañado pola nosa Danza de Arcos. Camariñáns, ¡¡¡O CARMEN XA ESTÁ AQUÍ!!!