• Reportaxe: Festas do Carme Camariñas 1987, ¿as máis longas que se lembran?

    Image

    Agora que está prácticamente a piques de iniciarse ca Virxe do Monte a temporada de festas do ano 2009 no Concello de Camariñas, en Camarinas.eu seguimos rescatando do olvido da historia os diferentes boletíns que en tempos se teñen publicado con motivo das Festas do Carme, deténdonos desta vez en 1987, ano en que unha comisión capitaneada como Presidente de Honor polo noso amigo e usuario Xosé Luis Blanco Campaña ideou un programa de seis días de duración onde en principio estaba previsto ata un pregón a cargo do actor Sancho Gracia ("Curro Jiménez"), un Festival da Canción Mariñeira, a participación de Los 3 Soles del Paraguay e dos mariachis do Ballet Folklórico da Universidade de Colima, México, e un impresionante fin de festa a cargo dunha Ana Kiro que naquel tempo vivía os momentos álxidos da súa carreira. Nova reportaxe de Camarinas.eu que segue a recordar todas aquelas manifestacións culturais e xornalísticas que antecederon no tempo a chegada do xigante cibernético da Costa da Morte.
  • Video completo da Festa do Carmen de Camariñas do ano 1987

    O prometido é deuda e despois de subir o vídeo íntegro de 59 minutos de duración aos servidores de Google Video xa podemos presentarvos en exclusiva e máis rápido que nadie o vídeo completo da Festa do Carmen do ano 1987. Un ano no que o sol reinou en toda a nosa festa e a Procesión Marítima estivo concurridísima con todos os barcos postos de gala para honrar á Virxen do Carmen, no que era posiblemente un dos últimos anos da Gran Flota camariñana dos anos 80.