Festa do Carmen

  • Procesión do Carmen de Camariñas 2017

    Cando un vive e sinte Camariñas no seu corpo e na súa alma non cabe mellor ledicia que a de desfrutar un día do Carmen cos seus compatriotas. Xentes de todas as idades e de todas as condicións, todos Camariñáns con maiúsculas, puderon vivir este domingo 16 de xullo de 2017 o fervor e o orgullo de sentirse Camariñán. Nun día soleado, despexado e con unha suave brisa do nordés comezaba a dar os seus primeiros pasos a Danza de Arcos na Praza de Insuela cara a Capela do Carmen. Alí os esperábamos os de sempre para acompañar aos danzantes ata a praia. Xa chegados a capela houbo tempo para o descanso, pero máis do debido por mor de que os danzantes tiveron que agardar a chegada dunha tal directora de non sabemos qué cousa, que viña a facer o paripé dende as oficinas de San Caetano. Mentras tanto, os rapaces da Danza de Arcos (estes sí con maiúsculas) tiveron a bondade de esperar ata que esta xerifalte chegara á Vila das Palilleiras. Todo a conta de que algúns quedaran ben diante dos seus superiores de partido. Unha vez superado o ínterin político os chavales da Danza de Arcos non tiveron nen un minuto para descansar ao chegar á Igrexa de San Xurxo.
  • Pregón oficial do Carmen 2017 e miniprocesión dos rapaces do campamento do Concello de Camariñas

    Comeza este sábado 15 de xullo a Semana Grande de Camariñas con unha véspera do Carmen 2017 repleta de actos que darán o pistoletazo de saída a gran festa da Vila das Palilleiras. Será co lanzamento de 21 bombas de palenque ás 12 da mañá dende o paseo marítimo de Camariñas cando toda a vila comece o sentir da súa fe mariñeira. Se o ano pasado o encargado de oficiar o pregón era o noso querido colaborador Antonio Puertas "Beldoña" da man do gran mestre Xosé Luís Blanco Campaña, este ano terá a honra de ser o pregoeiro oficial do Carmen 2017 o exitoso xornalista Marcial Mouzo. Será todo un luxo de pregón, pois Marcial negouse a multitude de ofertas para ser pregoeiro por toda Galicia por mor de ter un pouco máis de tempo para a súa familia. Aínda así o seu corazón camariñán non pudo dicir que non a tal ofrecemento no día máis importante da súa vila.
  • Presentación do libro do Carmen 2014 e galería de fotos da procesión do 16 de xullo

    Ao día seguinte de recibir a visita da Comisión da Festa do Carmen para facer amosar o Libro publicitario da máis grande festividade mariñeira do Arco Atlántico, procedemos en Camarinas.eu a publicar a avalancha fotográfica do que dou de sí o Carmen 2014. Unha manada gráfica incontible que campará desbocada entre a imaxinería colectiva da veciñanza camariñana. Tal vez sexa mellor así, xusto dous meses despois, ca debida perspectiva que otorga o tempo, cando poidamos retrotraer os nosos recordos aos días centrais de xullo de 2014 e calibrar en toda a súa intensidade o que supoñe o Carmen para un corazón camariñán. Porque se hai alguén consciente da forza magnética irresistible da festividade en honor a Patroa de todos mariñeiros é a redacción de Camarinas.eu e así puntualmente con cada edición do director da mesma vólcase en colaboracións desinteresadas consistentes en deseño do cartel, cesión gratuita de centos de fotografías que despois serán postas á venta pola Comisión, ca entrega de cadros para a súa subasta nas distintas ceas recaudatorias, en publicidade na web... Pero ainda así, todo será pouco para a nosa Festa do Carme. Para solaz e divertimento do pobo camariñán, en calqueira lugar do globo onde se atope, ahí vai a máis extensa, compacta e impresionante galería fotográfica que un pode botarse ás fauces nestes gráficos tempos.
  • Exclusiva! Cartel da Festa do Carmen de Camariñas 2014

    Xa está aquí, xa chegou. A festa do Carmen de Camariñas 2014 está á volta da esquina. A grande. A única e universal celebración máis importante para tódolos camariñáns quenta motores e á falta de menos de un mes para celebrarse a Festa Grande de Camariñas presentamos aquí en Camarinas.eu, en rigurosa exclusiva, o cartel (que contou outro ano máis coa colaboración no seu deseño de Diego Alonso Freire) dunha  das festas máis importantes do calendario estival da Costa da Morte. Unha celebración, a do Carmen de Camariñas, que si ben este ano reduce os seus días, non fai o mesmo ca calidade das súas orquestas e actividades. Así o mércores 16 de xullo, día grande da patroa de Camariñas voltaremos a ver aos arqueiros da mítica Danza de Arcos bailar ao son da tradicional música que todos os camariñáns teñen rondando na súa mente nestas datas cercanas ao Carmen. Orquestas de primeiro nivel, fogos de artificio espectaculares coma en ningunha outra vila da Costa da Morte, sardiñadas gratuitas a reventar, charangas por doquier, grandes e espectaculares orquestras, a mellor procesión marítima de todo o litoral galaico... pero o máis importante: devoción, emoción e ledicia ao ver a nosa Virxen do Carmen descender O Areal acompañado pola nosa Danza de Arcos. Camariñáns, ¡¡¡O CARMEN XA ESTÁ AQUÍ!!!
  • Adeus a Comisión da Festa do Carmen

    A derradeira Comisón do Carmen, cinco héroes para a historia da nosa festa

    A derradeira Comisión da Festa do Carmen non seguirá no cargo. Os seus compoñentes decidiron facer pública unha decisión que nos enche de tristeza a través do medio de comunicación que ao longo do seu exitoso periplo de tres anos os acompañou dende o primeiro día na organización e execución dunha festa que, despois do seu paso pola comisión, sinceiramente é moito mellor que como a colleron. Neste punto, cando un lembra á anterior comisión, a capitaneada por José Manuel Canosa Campaña, nesta web se dixo que ata aquel entón fora a mellor da historia do Carme e en verdade así era. ¿Cómo chegar a sospeitar que aquel grupo de xoves e ilusionados rapaces que colleron o seu testigo en tan só dous anos superarían con creces o antes conquerido? Sen dúbidas elo foi porque nunca antes unha Comisión de Festas tiña un punto de partida tan inmellorable, un traballo dunha calidade tal que co adecuado desenrolo e novas ideas faría dispararse o Carmen ata niveis estratosféricos nunca antes vistos. E así foi.
  • Festa do Carmen de Camelle 2013

    Cartel dunha nova edición da Festa do Carmen de Camelle

    Continúa sin pausa o calendario festeiro do Concello de Camariñas desta vez cunha nova edición da Festa do Carmen de Camelle que este ano 2013 conta con un apetitoso cartel. Este venres 2 de agosto comezará a xornada festiva coa actuación folclórica das Escolas Municipais de Baile do Concello de Camariñas. A partires das 11 da noite gran verbena amenizada pola orquestra Álkar. Ao rematar á orquesta actuará o noso querido amigo DJ Xiva con toda a súa potencia discotequera. O sábado 3 de agosto, día grande da festa, será baixada a Virxen do Carmen ata o porto de Camelle acompañada da banda de gaitas Jolpe de Mar e a tradicional Danza de Arcos de Camelle. Acto seguido celebrarase a misa de campaña no peirao que precederá a espectacular procesión marítima ata Arou e Praia de Traba. Para finalizar a mañán do Carmen de Camelle celebrarase unha sesión vermouth coas orquestras Novo Estilo. Xa de noite esta orquesta estará acompañada por "Amistad de Vigo" que fará as delicias dos máis bailadores. O domingo terá lugar unha misa solemne ás 13:30 horas en honor á Virxen dos Remedios acompañada pola Danza de Arcos de Camelle. Tamén contaremos con outra sesión vermouth a cargo da orquesta Troco que tamén fará a verbena nocturna que pechará esta edición 2013 da Festa do Carmen de Camelle.
  • Procesión da Festa do Carmen 2013

    A Virxe portada por mariñeiros no día máis garnde do ano en Camariñas

    Toda a Galicia mariñeira botouse aquel día ás rúas e, despois, ao mar. Entre elas, unha poboación das Rías Baixas que duplicaba en poboación e orzamentos a Camariñas, e en canto a turistas a quintuplicaba polo baixo. Seguramente tamén as súas festas do Carmen contarían cuns emolumentos moito máis elevados que os duramente procurados na Vila das Palilleiras durante meses e meses de traballo intensivo e agotador. As diferencias non acababan aquí: as festas remataban no sur o día 16 mentras que en Camariñas recén comenzaban, a súa procesión marítima arrancaba as seis da tarde e nas embarcación tan só subían os familiares e os estrictamente coñecidos, o programa da festa parecía estar pensado para acabar con ela e en canto a sesión vermouth, contaban algúns que ata ben chegados a época adulta non deron en saber o que era esa estrana ilación de palabras. A paixón, a tolería, a electricidade que preñaba o ambiente na súa vila natal dende días antes tampouco se vía por ningún lado e as xentes daquel lugar sureño tomábano todo cun xélido tono oficial: un par de recepcións oficiais, uns pinchos no Fogar do Xubilado, unha misa solemne, unha procesión deserta e listos. Máis que unha festa parecía un funeral.
  • Festa do Carmen de Camelle 2012

    O pobo de Camelle listo para volcarse ca Virxe do CarmeSegue Camarinas.eu implicada cas boas xentes do noso concello no seu vivir diario sen xuzgalas pola súa militancia política nin pola procedencia das mesmas. Agora a caravana festeira da web líder da Costa Atlántica detense na zona máis septentrional das nosas terras, alí onde este fin de semana se honrará por todo o alto á Virxe do Carme. Todo está listo en Camelle para que este venres 3 de agosto de 2012 a orquesta Nova Generación e a disco móvil Landy marquen o inicio dos tres días de festa ininterrumpida que terán o seu clímax cando ao mediodía do sábado a espectacular Danza de Arcos de Camelle entre en acción como prolegómeno á Procesión Maritima, despois xa serán Galilea e Combo Dominicano os que amenicen musicalmente as veladas camellanas. Todo elo para o domingo 5 Grupo Midas poñer o digno telón de fondo a unhas festas ás que, como non podía ser menos, aquí en Camarinas.eu faremos un amplio seguemento e da que publicaremos a súa correspondente galería fotográfica.
  • Vídeos da Festa do Carmen 2012

    Camarinas.eu fai un resumen videográfico do que foi a Festa do Carmen 2012Como aquí en Camarinas.eu non andábamos negociando en escuras guaridas unha sucesión política a cambio de axuda mediática no golpe de estado do Club Náutico, proba evidente da utilización dun partido político para negocios privados, nos días grandes da Festa do Carmen fundímonos na corrente de euforia colectiva que inundaba Camariñas. E ahí estivemos ao carón da nosa xente, protagonistas todos do evento que fai que a todo camariñán digno de tal nome lle ferva o sangue, o corazón lle bombee a 180 pulsacións por minuto, e polo que un da gracias a Deus por estar vivo e na vila da súa alma en tales datas. Elo fi posible gracias ao traballo titánico, ciclópeo, dunha Comisión de Festas que foi insultada e difamada sen descanso por aqueles supervivientes arruinados e fracasados que buscan destruilo todo (tanatorios, plans xerais, clubs náuticos, banderas azuis, comisións de festas, festas do carmen, etc...).
  • Festa do Carmen: Procesión 17 de Xullo

    Autoridades que non abandonaron ao seu pobo de Camariñas nos días da súa festaMartes 17 de xullo marcado novamente pola ausencia misteriosa pero etílica do Boris Yeltsin da Costa da Morte, aquel importante asesor político que tal vez debido aos seus repetidos problemas físicos para ser quen de manter a verticalidade, preferío aforrarnos na data de autos ao igual que o día anterior algúns dos lamentables espectáculos vandálico-borracheriles a que nos ten acostumados últimamente.  Esto acontecía máis ou menos ás mesmas horas nas que se empezaba a tramar a serie ininterrumpida de atentados e sabotaxes que virían a asolar as instalacións do Club Náutico nos días vindeiros. A política de terra queimada que estaba por vir, tal e como aventuraba acertadamente Camarinas.eu en noticia publicada este xoves 19 de xullo. Así, nunha cita vital dentro do calendario camariñán, xunto ás autoridades competentes representaba ao seu partido a actual número dous, a concelleira Ana Méndez, un soplo de aire fresco, un rostro amable e conciliador despois de tantos anos e caras de odio e destrucción. Unha persoa decente entre arribistas e supervivintes arruinados por completo.
  • Festa do Carmen, 16 de xullo 2012 (II)

    A Comisión de Festas e Camarinas.eu, unha colaboración proveitosa e útil para Camariñas

    Imbuidos de cabeza nesta voráxine diaria que nos devora, ao borde dun rescate completo e demoledor que agocha inevitable á volta da esquina, arrastrada polos suelos a imaxe de España como país, aos mandos das diversas administracións públicas o conxunto de políticos máis lamentable de Europa, nembargantes en datas recentes tiveron lugar dous eventos que permitiron aos cidadáns honrados recuperar a confianza en si mesmos alomenos por uns días. O primeiro, a nivel de nación, foi o aplastante, insultante, tan sobrado, triunfo da Selección Española de fútbol na Eurocopa 2012: unha letanía de bandeiras colgadas das ventanas, balcóns, tellados, coches de España que parecían decir orgullosamente "e pese a todo, aquí estamos nós". O segundo, circunscrito aos habitantes dunha pequena vila mariñeira do remoto occidente europeo, foi a celebración por estos da sen dúbidas mellor Festa do Carmen en toda a súa historia. O suceso que permitío aos camariñáns recuperar (no improbable caso de que algunha vez a houberan perdido) a confianza en si mesmos.
  • Festa do Carmen, 16 de xullo 2012 (I)

    16 de Xullo, o día máis importante para as xentes de Camariñas

    As cousas suceden cada ano máis ou menos tal que así: un atópase tranquilamente na mañán do día de autos na súa casa, poñamos por caso lendo un libro, cando tralas rendixas dunha ventana aberta, polo oco do extractor, por debaixo da porta, a través das paredes, por onde sexa, comenza a filtrarse, repetitiva, reiterativa, a música do tiro liro. Asómase un á ventana, obsérvase á Danza de Arcos acompañada por unha multitude enfilar arriba a Avenida Eugenio López, fáiseche unha bola na garganta, bágoas de emoción pugnan por saír dos globos oculares e entón marchas de estampida cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo. Como antes, fixeron tantas e tantas xeracións de antepasados de un, mariñeiros case todos, o peso da tradición que cae sobre ti cos seus miles de toneladas e claro, non che queda outra que facer acto de presencia.
  • Cartel alternativo da Festa do Carmen

    Cartel alternativo que se barallou como apoio á máis grande festa da Costa AtlánticaCada vez queda menos. Aquí en Camarinas.eu xa estamos como motos: non nos chega a camisa ao corpo contando os días que faltan. O Facebook bota fume polos catro costados de camariñáns que andan quentando motores cibernéticamente. Non sabemos o por que pero parece que este ano o electorado está especialmente ansioso e ilusionado co arranque da Festa do Carmen. Tal vez sexa o puñado de orquestas sublimes (Olympus, Panorama, París de Noia, Palladium... o melloriño que pode ofrecer a día de hoxe o panorama musical galego), ou a ilusión que proxecta o seu orzamento, o maior de tódolos tempos, tal vez sexan os cinco días de festa ininterrumpida, ou a celebración do 1º Mercado Medieval Mariñeiro da historia de Camariñas, quen sabe. Ao mellor resulta que é pola crise: acostumados ao carrusel de malas noticias, á sensación de vivir ao borde da apocalipse un día sí e outro tamén, víctimas involuntarias dos despropósitos continuados, perpetuos, da casta política de diversas cores pero idéntica corrupción e  ineptitude que leva gobernando esta España dos nosos pecados dende hai xa uns cantos anos, as boas xentes busquen uns días sinalados para olvidarse de todo e gozar. Sinxelamente gozar.
  • Cartel da Festa do Carmen 2012

    Comenza a conta atrás para a máis grande festa do arco atlántico

    Cando estamos a pouco máis de mes e medio para o comenzo da Festa do Carme, no que xa constitúe unha tradición, Camarinas.eu procede a publicar en rigurosa exclusiva o cartel da máis grande festa do arco atlántico, alomenos para un camariñán. Un programa de actuacións realmente espectacular, completo a máis non poder, e que ao decir dos entendidos presenta o mellor plantel de orquestas que a día de hoxe se poden atopar no panorama galego (París de Noia, Olympus, Ciclón, Panorama, Palladium, etc...). Todo elo débese ao traballo infatigable, serio e eficaz que dende hai un ano ven desempeñando de modo exemplar a Comisión de Festas, comandada polos nosos queridos amigos Rubén e Luis dos Cabalos, os cales restando tempo ao lecer, á familia, mediante a celebración de ceas, bingos, campeonatos de truco, etc... conseguiron facer posible o soño de contar ca mellor das festas. A elo, como é habitual, hai que sumar a colaboración desinteresada de Diego Alonso Freire no diseño dun cartel á altura do contido do mesmo: a suma do esforzo duns poucos redunda no beneficio xeral de tódolos camariñáns. E así, cando o sábado 14 de xullo, neses mesmos intres en que os fastos do día nacional de Francia estén dando as súas últimas boqueadas, un pouco máis ao sur, nunha remota vila da Costa da Morte, comenza outro evento que non desmerece en absoluto ao anterior: ¡¡a mellor festa do mundo!!
  • Stand da Comisión da Festa do Carmen

    A Comisión da Festa do Carmen armou un espléndido standBueno, querido accionariado independente e apolítico de Camarinas.eu imos comenzar a quentar motores ca Mostra do Encaixe 2012, o máis importante certame encaixeiro a nivel mundial.  Andábamos esta mañán de 4 de abril de 2012 polos esqueletos aínda en formación do recinto feiral cando nos sorprendío o colorido, a suntuosidade  e a ledicia que irradiaban do stand da Comisión da Festa do Carmen de Camariñas. Xusto demos con algúns dos membros da mesma cando remataban de armar o stand que está dotado ademáis de cos arcos da Danza cunha espectacular televisión xigante pola que se poderán visualizar vídeos antigos da máis grande festa do arco atlántico cedidos por Diego Alonso Freire e tamén se poderán mercar todo tipo de productos para colaborar ca nosa festa grande entre os que se atopan uns cantos cuadros de nudos típicamente camariñáns así fotos enmarcadas do Director de Camarinas.eu. Poo tanto, xa está todo preparado para o arranque da Mostra 2012 a cal ata o domingo 8 de abril de 2012 esperemos sexa quen de atraer un número importante de visitantes cara as nosas terras e na que, como xa é tradición na web máis vista de toda a historia da Costa da Morte, faremos a máis completa cobertura posible.

    Maitiña, Alberto e María José diante do stand da Comisión da Festa do Carmen

  • Festa do Carmen 17 de Xullo

    A Danza de Arcos é obxecto dunha reportaxe de Camarinas.euA exitosa Festa do Carmen 2011 xa é historia e a nova comisión de festas comandada polo noso amigo Luis dos Cabalos que organizará as do 2012 xa está mans á obra e promete grandes novidades que serán anunciadas na web representativa das xentes de Camariñas. Entrementras dende Camarinas.eu queremos recordar o que foi a procesión do día 17 de xullo cando se leva a Virxen do Carmen de volta á Igrexa de San Xurxo en procesión. Unha procesión que, como mandan os cánones, está acompañada por unha menguada Danza de Arcos. Menguada en número de asistentes pero non en devoción e alegría por parte duns danzaríns que o dan todo para acompañar a súa santa. Cando remata a misa e a Virxen descansa xa no seu altar ata o ano próximo a historia da Danza de Arcos cambia completamente e a ela únense veteranos que destapan as súa ganas de volver a danzar na súa festa.
  • Festa do Carmen de Camelle 2011

    Don Eulogio acompañado polo Alcalde Pichurri e o Patrón MaiorEste miserable verán que estamos a pasar tirou por terra moitas ilusións e sobre todo desanimou moitísimo á gran comisión de festas que ten Camelle e que está patroneada pola nosa gran amiga Perla. Unha comisión que tivo que capear con moitas adversidades, non só coas inclememncias do tempo senón sobre todo coa decisión discutible dunha orquesta que non quixo tocar para os veciños de Camelle.
  • Festas do Carme 2010: 17 de xullo, o ano da redención de Totis

    Tradicionalmente as costas abaixo do 17 de xullo soen ser unha caixón desastre de imprevisibles consecuencias, ahí onde menos o esperas ¡¡bum!! e salta a sorpresa, en ocasións ata un acontecemento histórico. Si o ano pasado asistíamos a unha auténtica avalancha de vellas caras que saían das súas xeriátricas catacumbas, este ano 2010 pasará aos anales da historia da Vila dos Encaixes por ser aquel no que unha persoa que aglutina no seu ser todas e cada unha das virtudes (e defectos) que caracterizan ao pobo mariñeiro de Camariñas por vez primeira nas súas case sete décadas de existencia saltou aos ruedos e, a pesares da esixencia que demandaba a ocasión, idéntica a dun xoven novillero que debuta nunha praza de primeira categoría, cumprío sobradamente, chegando a levantar por ocasións a ovación duns emocionados tendidos. Estamos a falar de Manuel Ageitos Souto, Totis, alma e esencia de Camariñas en estado puro, unha personalidade que bastou que camarinas.eu a situase con ocasión dunha anodina cea no Club Náutico nunha das súas portadas all over the world para recibir, entre anonadado e sorprendido, un aluvión de emocionados recoñecementos chegados vía intercontinental dende Buenos Aires ata New York. E alí, no Paseo Marítimo, como xusto remate a esta inolvidable efeméride, tal e como lle gustaría a Totis, protagonista do posiblemente 17 de xullo máis lexendario en décadas, xusta recompensa a un legado con pegada nos cinco continentes, dúas mulleres de bandeira. A beleza máis absoluta, aquela da que falaba F. Murray Abraham transmutado no frustrado Salieri do mítico film de Milos Forman. Unha xornada que nin unha sinfonía de Wolfang Amadeus Mozart sería capaz de plasmar ante a posteridade. Todo elo como sempre só en camarinas.eu.  
  • Festa do Carmen de Camelle 2009

    Camarinas.eu volvíose a atopar cos seus amigos da gran Orquesta París de Noia nas Festas de Camelle
    Camarinas.eu volvíose a atopar cos seus amigos da gran Orquesta París de Noia nas Festas de Camelle

    Cando as cousas se fan por cariño, por amor a unha terra e ás súas xentes e non por interese nin polo tan extendido afán de lucro, non importa o esforzo que se teña que acometer.  E así, despois de facer a cobertura xornalística máis grande que se recorda e tras percorrer todos e cada un dos grandes eventos que tiveron lugar este fin de semana no noso concello, camarinas.eu ponlle a guinda cunha reportaxe fotográfica da actuación da posiblemente mellor orquesta galega, a París de Noia, na Festa do Carmen de Camelle.

  • Cartel da Festa do Carmen de Camelle 2009

    A Comisión das Festas de Camelle posa co cartel ante os muros do imperio mediático de camarinas.eu
    A Comisión das Festas de Camelle posa co cartel ante os muros do imperio mediático de Camarinas.eu

    Os tres días grandes do Carmen de Camelle

    A nosa querida amiga Perla de Camelle pasouse pola redacción do xigante cibernético da Costa Atlántica e deixounos o cartel dos tres días grandes das Festas do Carmen de Camelle 2009. Asemesmo desvelounos que a gran orquesta sorpresa que amenizará a verbena do venres será a Jerusalem, mano a mano co Trío Eclipse (nada que ver co triunvirato que actuou en Cereixo). Ademáis, Procesión Marítima, a actuación da Danza de Arcos camellana, a gran Orquesta París de Noia, a impresionante churrascada do venres noite a partires das 21:00 coronada cun queimada xigantesca, etc... Polo que á vista do que se avecina este venres noite, haberá que ir conncluindo en declarar o sabroso pero económico churrasco como Prato Nacional do Concello de Camariñas...