• Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

    Andaba estes días máis atareado do habitual o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño para deixar todo listo de cara a outra gran edición da Festa da Praia 2017. Este martes 25 de xullo de 2017, Día de Santiago Apostol, celebrarase no merendeiro da praia do Ariño de Xaviña a partires das 12 da mañá a típica misa en honor ao benerado patrón de España e Galicia. Rematada a misa solemne que o noso querido páter Don Mario impartirá coa súa característica sabiduría teóloga chegará o tempo para o lecer coa actuación do Dúo Diamante que será o prolegómeno da tradicional parrrila de sardiñas que os voluntariosos empregados municipais repartirán para todos os asistentes. A continuación será o turno dos xogos hinchables para os máis pequenos da casa. E despois, xa pola tardiña, tocará desfrutar cos diferentes actos musicais que dende o Concello de Camariñas e a Asociación Abrindo Rejo de Xaviña teñen preparadas para todos os que se acerquen a un lugar de beleza incomparable como o é o merendeiro do Ariño de Xaviña. Feliz día de Santiago Apostol!

    Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

  • Festa da Praia de Xaviña 2010

    Pois posiblemente na parroquia máis católica deste concello, Xaviña, cando son chegadas as sagradas datas dos seus santos máis devocionados, os venerables habitantes desta terra antiga tiran a casa pola ventana, bótanse ás rúas, ás praias e aos camiños e todo é celebrar festas en honor do santo en cuestión. Esto puidémolo apreciar particularmente este domingo 25 de xullo ca celebración do Santiago Apóstol, Patrón de Galicia e das Españas, nunha espectacular Festa da Praia, o luns 26 ca multitudinaria procesión do Sacramento e ca festividade tardía do Carme de Xaviña, a celebrar este martes 27. Tres días de festividade relixiosa continuada e extenuante no medio dunhas paraxes bucólicas e paradisíacas. Tal vez entre tanta festa piadosa, os veciños da llanura xaviñana tiveron tempo de adicar parte das súas súplicas a rezar polas futuras andainas deportivas do Xaviña FC, club futbolero que da man do noso querido amigo Isaac fará a súa espectacular reentrada no competitivo mundo do fútbol profesional na campaña 2010-2011. E camarinas.eu, como todo o que acontece na parroquia máis extensa do Concello, alí estará para contar o que suceda por eses campos de Deus.
  • Festa da Praia de Xaviña 2009

    Toda a mala sorte que tiveron os camariñáns nas Festas do Carme cun clima sempre sorprendente e inesperado, aliouse este 25 de xullo cos nosos compatriotas xaviñáns e así estes organizaron dunha forma sinxelamente perfecta a festa de Santiago Apóstol, Santo Patrón de Galicia e das Españas, o home que supostamente cometería tantas matanzas de invasores mahometanos alá na Baixa Edade Media. E todo elo adobado ca minuciosidade, detallismo e dotes organizativas tan caras á milenaria alma xaviñana: grupos de baile, unha sardiñada xigantesca, actuacións, un sol de xusticia e un baño reparador. Posiblemente a mellor Festa da Praia que se recorda no fértil areal xaviñán en anos.