• A música chega as aulas do IES Pedra da Águia

    O IES Plurilingüe Pedra da Aguia acolleu o xoves 21 unha experiencia novidosa na que participou case todo o alumnado. Profesores da Escola Municipal de Camariñas trouxeron varios instrumentos musicais de corda, percusión e vento para achegar a música aos rapaces e animalos a tocar e a participar na Escola do Concello. Situando un instrumento en cada aula, os grupos de alumnos pasaron de forma rotatoria e en intervalos de 10 minutos para escoitar as explicacións e os acordes do piano, a batería e a guitarra. Finalmente, todos xuntos congregáronse no salón de actos para escoitar unha pequena actuación dos profesores, xa con todos os instrumentos. Dende o Centro queremos agradecer o interese da Escola Municipal de Camariñas por achegar a música ás aulas, unha experiencia que entusiasmou tanto ao alumnado como ao persoal docente.
  • FESTIVAIS FIN DE CURSO ESCOLAS CULTURAIS DE CAMARIÑAS DE BAILE LATINO E MODERNO E MÚSICA MODERNA

    O sábado 27 de maio o Concello de Camariñas comezará o peche de fin de curso das escolas culturais. Ás seis da tarde e na casa de pedra teremos unha exhibición dos alumnos e alumnas da escola municipal de baile latino e moderno. Ademais contaremos como invitados especiais coas galardoadas parellas de Club de Baile Deportivo NarónO domingo 28 de maio, tamén na Casa de Pedra, e neste caso ás cinco e media será a exhibición dos alumnos e alumnas da escola municipal de música moderna.