• Un gran premio ao Colexio O Areal pola súa implicación no programa O Mar na Escola

    O Colexio O Areal de Camariñas ven de colleitar hoxe un dos seus máis grandes recoñecementos. En toda a historia deste entrañable colexio camariñán nunca (que nos recordemos) se lle concedera un premio de tal calibre como o "Premio Anual do Deporte Galego 2011-12" como mellor centro educativo de Galicia pola súa promoción do deporte en idade escolar gracias ao Proxecto Mar na Escola. Proxecto que foi realizado conxuntamente co Concello de Camariñas e no cal tamén colaboraron entidades como o Club Náutico ou tamén (¿por qué non dicilo?) Camarinas.eu publicando e apoiando esta iniciativa dende o seu inicio alá polo ano 2007. A canteira deportiva de Camariñas está a acadar uns niveles nunca vistos gracias a iniciativas como esta do Colexio O Areal e ao apoio incansable dun concello volcado no máis importante: a educación dos nenos. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a todo o persoal do Colexio O Areal de Camariñas polo premio que acaban de recibir e ao Concello de Camariñas polo seu apoio incondicional a esta iniciativas. Noraboa e a seguir sendo exemplo!!
  • Fin de semana clave para as Escolas Deportivas do Concello de Camariñas

    ESTA FIN DE SEMANA @S DEPORTISTAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO  CONCELLO DE CAMARIÑAS TEÑEN VARIAS FRONTES ABERTAS, por unha banda o equipo de cadete de bádminton desprázase a Lugo para xogar o campionato galego da especialidade, ademais, Francisco Pais Fondo e Nerea López Lijó xogarán o campionato individual.
  • Escola de Vela do Concello de Camarinas

    Os camariñáns que participaron na regata celebrada en terras (bueno, mellor mares) de Corcubión recibiron numerosos premios. Na 9ª Concentración de Escolas de Vela da Costa da Morte os nosos representantes da Escola de Vela do Concello de Camariñas realizaron un papel destacado en todas as categorías. Os rapaces de Camariñas teñen un futuro moi prometedor dentro desta especialidade deportiva. Desde camarinas.eu desexámoslle moita sorte.