• FESTIVAIS FIN DE CURSO ESCOLAS CULTURAIS DE CAMARIÑAS DE BAILE LATINO E MODERNO E MÚSICA MODERNA

    O sábado 27 de maio o Concello de Camariñas comezará o peche de fin de curso das escolas culturais. Ás seis da tarde e na casa de pedra teremos unha exhibición dos alumnos e alumnas da escola municipal de baile latino e moderno. Ademais contaremos como invitados especiais coas galardoadas parellas de Club de Baile Deportivo NarónO domingo 28 de maio, tamén na Casa de Pedra, e neste caso ás cinco e media será a exhibición dos alumnos e alumnas da escola municipal de música moderna.
  • Os rapaces do IES Pedra da Águia visitan o Parlamento Europeo

    Durante esta semana, 15 alumnos de 3º da ESO e dous profesores foron a Bruxelas invitados polo eurodeputado socialista José Blanco López, para coñecer o funcionamento desta institución comunitaria. Primeiro houbo unha charla introdutoria que deu paso a un debate cos alumnos e finalmente amosóuselles  o hemiciclo onde puideron facerse algún selfie.
  • Os rapaces de Camariñas conmemoraron o Día da Muller

    Os alumnos de Educación Primaria do municipio de Camariñas conmemorararon este mércores 8 de marzo o Día da Muller con varios obradoiros no pavillón polideportivo da localidade. Participaron todos os escolares desde primeiro a sexto curso de Primaria dos colexios O Areal de Camariñas e o CEIP da Ponte do Porto e a escola unitaria de Camelle. As actividades comezaron ás dez da mañá e remataron ás dúas da tarde.
  • O IES Pedra da Águia no Parlamento Xove da Universidade Laboral

    O pasado fin de semana tivo lugar nas instalacións da Universidade Laboral, en Culleredo, a fase clasificatoria do Parlamento Xove, un programa de debates organizado pola Xunta de Galicia para xóvenes de 3º e 4º da ESO, no que interviron un total de 22 Centros galegos, entre eles o IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas.
  • Ex-deputados do Parlamento de Galicia visitan o IES Pedra da Águia

    O mércores 18 de xaneiro, o IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas, recibiu a visita de tres exdeputados do Parlamento galego, o que se está a converter  nunha constante nos últimos cinco anos.
  • Os rapaces do IES Pedra da Águia aprenden inglés nos Peares

    A pasada semana un grupo de 20 alumnos de 3º da ESO do IES Plurilingüe Pedra da Aguia participou na English Week, un programa de inmersión lingüística da Xunta de Galicia que se desenvolve no marco incomparable do encoro de Os Peares.
  • Recortes continuos e inxustificados no profesorado do IES Pedra da Águia

    Dende o Consello Escolar do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto remítennos unha contundente nota de prensa onde se mostran especialmente indignados polos continuos e descarados recortes neste centro por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Uns recortes que, lamentablemente, están a ser máis continuos sobre os alumnos con máis necesidades educativas. Así, tal e como nos explican dende o consello escolar, a pesar de que o número de alumnos con necesidades educativas especiais se incrementou exponencialmente, tan só contan no centro cunha profesora e media para atendelos (malos presaxios para o futuro destes rapaces). Recalcar tamén o inxustificado da reducción do profesorado xa que dende o curso 2009/10 ata o actual o recorte no número de docentes foi dun 30% cando a matrícula de alumnos tan só se reducíu nun 18%. Dende Camarinas.eu queremos dar o noso máis firme apoio a esta xusta causa que nos trasladan dende o Instituto da Ponte que ten por finalidade frenar esta inacabable sangría de recortes no que debería de ser un tema intocable e de máxima preferencia para calqueira goberno ao que lle interese minimamente o futuro de todo un pais: a educación dos nosos fillos.
  • Presentación nas escolas do concello do Programa Camariñas O Mar Todo

    Continúa o gran traballo que se está a desenrolar dende o Concello de Camariñas para a promoción turística de todas as parroquias do mesmo. Este martes era a concelleira de Turismo, Sandra Insua Rial, a que presentaba a uns 170 escolares de 4 a 6ª de Primaria dos colexios de Camariñas e da Ponte do Porto a Unidade Didáctica elaborada no marco do proxecto GAC “Camariñas, o mar todo”. A publicación leva por título Descubrindo a cultura mariñeira de Camariñas e ten por obxecto ensinar aos máis pequenos a través de xogos todos os recunchos máis fermosos do concello así coma a tradición máis arraigada da nosa terra como é o Encaixe. Unha gran iniciativa esta de involucrar tanto aos nenos coma aos profesores para a promoción e, sobretodo, o coñecemento da nosa cultura por parte dos máis pequenos.
  • Malestar no IES Pedra da Águia pola retirada de tres profesores por parte da Xunta de Galicia

    O Consello Escolar do IES Pedra da Aguia de Camariñas, reunido de xeito extraordinario a mañá do luns, día 8 de setembro, e unha vez informado pola Dirección do centro da perda de tres profesores no presente curso escolar, manifesta o seu malestar e descontento ante esta decisión da Consellería de Educación. Considera que a perda continuada de profesorado incide negativamente na calidade do ensino e impide a organización e desenvolvemento dos apoios e axudas que os rapaces con dificultades necesitan para progresar no seu itinerario educativo. Existe unha contradición entre o que a Xunta propón como obxectivos educativos e o cadro de persoal co que dota ao centro para que se poñan en marcha. Este centro leva desenvolvendo durante varios cursos diferentes medidas: Plan de Mellora de Convivencia, Contratos-Programa(PROA), Programas de Diversificación Curricular e Seccións Bilingües, que haberá que suprimir por falta de profesionais que os impartan. O Consello Escolar considera necesario velar polos intereses da Comunidade Educativa e polo tanto adoptará medidas de presión para manter o equipo docente do curso pasado.
  • Xoán Curiel no IES Pedra da Águia

    O paso do grupo do cantautor Xoán Curiel por Camariñas onde milita o noso querido amigo Álvaro Trillo como batería e percusionista principal non só foi para demostrar a súa calidade musical no concerto celebrado na Casa de Pedra este sábado pasado se non que houbo algo máis. Os días anteriores a dito concerto, do cal tamén publicaremos un amplo reportaxe, os compoñentes do grupo estiveron cos rapaces do IES Pedra da Águia para realizar un taller sobre cómo facer música cos corpos dun grupo de xente perfectamente sincronizada  e a verdade é que todos quedaron contentísimos coa experiencia como ben podedes ler no espectacular blog do IES Pedra da Águia.