• Primeiro partido da escola de fútbol do FC Camariñas

    Outro día histórico para o fútbol na vila dos encaixes. Si o domingo 1 de outubro de 2017 foi memorable para o deporte da Costa da Morte coa presentación da Escola de Fútbol do FC Camariñas na que se integran preto de 80 nenos e nenas, a xornada deste sábado 9 de outubro quedará para a historia coa consecución do primeiro partido oficial desta canteira futbolística. Os encargados de inaugurar o banquiño eran os nenos da categoría benxamín do FC Camariñas que, adestrados polo monitor da categoría e formación coma Luis Rodríguez Luaces, se enfrontaron no Campo da Lagarteira a un histórico do fútbol da costa como o UC Cee. 
  • A Xornada do 7 de outubro no balonmán camariñán

    Xornada dispar a deste 7 de outubro para os intereses das diferentes categorías do CB Camariñas Conservas Boya. Mentras os dous equipos senior da vila das palilleiras colleitaban sendas derrotas, as categorías cadetes conseguían unhas valiosísimas victorias. Os senior masculinos caían fronte ao Teucro a domicilio e as rapazs do Encaixe facían o mesmo na casa fronte ás xogadoras do SAR. Pola súa parte as rapaciñas da categoría cadete gañaban pola mínima ao Meaño no Pavillón Municipal de Camariñas e os chavaliños desa mesma categoría traían de Carballo unha valiosísima e importante victoria fronte ao Xiria no derbi da categoría. Para a semana que ven os nosos senior terán unha crucial cita fronte ao Construcciones Castro Octavio mentras que as féminas enfrontaranse ao sempre complicado Xiria en Carballo. Moita sorte!
  • Queda inaugurada a Escola de Fútbol do FC Camariñas

    O FC Camariñas conta desde este domingo 1 de outubro de 2017 con unha das escolas de fútbol máis importantes da Costa da Morte. Máis de medio cento de nenos e nenas (faltaban os xuveniles) foron presentados maxistralmente polo camariñán Marcial Mouzo no mítico Hermanas Patiño ante unhas gradas totalmente entregadas. Pais e nais, avós e demáis familiares orgullosos non se quixeron perder a posta de gala das categorías inferiores do FC Camariñas que compoñen unha canteira futbolística de primeiro nivel que, si todo sale como o esperado, asegurará o futuro do FC Camariñas por moitos anos.
  • Este sábado Andaina Coñece a Costa da Morte por Camariñas

    O sábado día 18 de abril desenvolverase en Camariñas a cuarta das Andainas “Coñece a Costa da Morte”. O roteiro de Camariñas “ Coñece Camiños” partirá como aparece na in formación, da Plaza do Concello e percorrerá Camiños á beira da Ría de Camariñas e chegará á parroquia de Xaviña e alí gozarase dunha vistas extraordinarias dende o Monte da Ínsua , para rematar na Área Recreativa do Ariño. 
  • Area da Vila: Novo campo de futbol en Camariñas

    Debido ás recentes obras para a instalación do céspede artificial no Estadio de fútbol camariñán "Hermanas Patiño", para os adestramentos dos xogadores do F.C. Camariñas foi necesario acondicionar a explanada de herba que cos anos foi crecendo nun dos lados da Praia de Area da Vila, concretamente a  que está a carón do Paseo Marítimo.
  • Fotos Históricas: FC Camarinas Campeon da Copa da Costa

    Nesta foto podemos ver a algúns dos usuarios desta web, como Juanillo, Jose de Marta ou Weah, que aínda era un chaval, celebrando un triunfo histórico que enchío de ledicia a todo o pobo de Camariñas. Xunto co equipo de finais dos setenta que incluso chegou a xogar en Rexional Preferente, éste tamén foi un dos equipos míticos que conformaron o F.C. Camariñas. Algúns destes xogadores aínda están en activo, pero a maioría xa abandonaron a práctica do fútbol, pero eso sí, cunha Copa da Costa baixo o brazo. ¿Pero sabes cales son os nomes de todos os xogadores deste equipo histórico do FC Camariñas?
  • O F.C. Camariñas vence ao Muxia no seu propio campo

    Bo comezo do Camariñas ante un Muxía inferior por un global de 2-5. O F.C. Camariñas venceu con comodidade a un Muxía que plantou cara no seu campo. No Camariñas puideronse ver algunhas novidades coma a inclusións na plantilla de tres xogadores novos nesta temporada. O partido celebrouse coma unha homenaxe a o socio fundador do Muxía.
  • Primeiro partido da pretempada do F.C. Camarinas en Muxia

    Este Domingo 12 de Agosto xogan contra o Muxía C.F. na Vila da Barca. O F.C. Camariñas comeza a pretempada desprázandose ata Muxía para xogar un encontro amigable contra o Muxía. Ao remate do partido incluiremos unha reportaxe fotográfica de todo o partido e tamén informaremos de todas as novidades que presente o equipo de Tono do Atlántico.