• Dona Raquel Moreira Carril, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Volve a golpear a traxedía a todo o pobo de Camariñas neste día da Pilarica. Na mañán deste tempestuoso 12 de outubro de 2018 a redacción desta web recibía totalmente abatida a triste noticia da defunción da nosa querida amiga Dona Raquel Moreira Carril aos seus tempranos 48 anos de idade. Raquel da Leisana, como era cariñosamente coñecida en todo o concello, levaba xa uns anos loitando contra esa lacra que mantén en xaque a toda a comunidade científica e que tanto está a golpear nos últimos tempos a toda a vila de Camariñas. Finalmente o cancro levouse a vida desta exemplar muller camariñana: muller traballadora onde as houbera, amante da súa familia, sempre afable e sonriente como a que máis, mítica palilleira que practicaba o arte propio de Camariñas como é o palillo dende moi nena e unha das responsables do emblemático Museo do Encaixe da vila que a veu nacer. Deixa Raquel neste mundo aos seus dous amados fillos orfos, ao seu marido viúvo e a todo un pobo sumido na dor máis absoluta. O corpo sen vida da nosa amiga Raquel está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo de Camariñas exactamente ás 18:00 horas deste sábado 13 de outubro para, acto seguido ser celebrado o funeral de corpo presente pola asúa alma. A continuación procederase a realizarse o sepelio de Dona Raquel no cemiterio veciñal de Camariñas onde os restos mortais desta gran muller terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias así como toda a forza e cariño á familia de Dona Raquel aínda que somos conscientes de que todo o que fagamos nestes durísimos momentos sexa inutil para apaciguar tan inmensa dor. Descansa en Paz queida amiga.
  • Don Eliseo Lado Cernadas, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Na mañán deste venres 28 de setembro de 2018 falecía tráxicamente na súa casa de Buría o querido veciño de Camariñas Don Eliseo Lado Cernadas aos seus tempranos 59 anos de idade despois dunha longa loita cunha terrible enfermidade que, ao final, levouse por diante a vida do noso querido conveciño. Deixa Don Eliseo, máis coñecido tanto en Camariñas coma na súa parroquia natal de Corcubión polo cariñoso sobrenome de Chelo, a súa dona Antonia viúva e aos seus dous fillos orfos ademáis dun netiño que era o seu olliño dereito. O corpo sen vida de Don Eliseo Lado Cernadas está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas ás 16:15 da tarde deste triste sábado 29 de setembro. Posteriormente os restos mortais de Don Eliseo serán trasladados para a súa incineración. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Eliseo así como ofrecerlles todo o noso apoio nestes terribles momentos que están a vivir. Don Eliseo Lado Cernadas, Descanse en Paz
  • Dona Teresa Vidal Alborés, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Na tarde deste xoves 21 de xuño a redacción desta web recibía a triste noticia da defunción de Dona Teresa Vidal Alborés aos seus 92 anos de idade. Os restos mortais desta querida veciña de toda a vida da vila das palilleiras están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa de San Xurxo de Camariñas ás 16:45 da tarde deste venres 22 de xuño. Alí, no sagrado templo camariñán, será celebrado o funeral de corpo presente por Dona Teresa para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de San Xurxo de Camariñas onde o corpo sen vida desta querida veciña terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño a toda a familia e amigos de Dona Teresa Vidal Alborés nestes duros momentos. Descanse en Paz.
  • Don José Canosa Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Na media mañán deste martes 12 de junio de 2017 era atopado na súa casa da Area da Vila por un familiar o corpo sen vida do noso querido amigo José Canosa Canosa máis coñecido en toda a vila das palilleiras por Pepe de Villar. Despois de ser levantado o cadaver polas autoridades, os responsables médicos resolveron que o corpo sen vida de Don José, de 71 anos de idade, debería de ser trasladado ao instituto forense para serlle practicada a autopsia que exclarecera as causas da morte deste veciño de Camariñas. Ata medio día deste mércores 13 de xuño non chegaba o féretro co corpo sen vida de Don José ata o Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, onde será velado ata que ás 16:45 da tarde deste xoves sexan trasladados cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para ser celebrado o funeral de corpo presente por Don Pepe. Acto seguido o corpo sen vida deste estimado veciño será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de Camariñas onde será realizado o seu sepelio e onde os restos mortais de Don José terán merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Canosa Canosa. Descanse en Paz.
  • Dona María Valiña Canosa, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Na mañán deste luns 21 de maio de 2018 a redacción desta web recibía a triste noticia da defunción da querida veciña de Camariñas Dona María valiña Canosa aos seus 82 anos de idade. Señora María, máis coñecida en todo o barrio de Buría por María "A Colorada" está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a súa querida Igrexa de San Xurxo ás 17:45 horas deste martes 22 de maio de 2018. Xa no templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente por Dona María para, acto seguido, ser trasladados os seus restos mortais cara o Cemiterio Veciñal de Camariñas onde Dona María terá merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias nestes duros momentos que están a pasar a toda a familia e amigos de Dona María Valiña Canosa. Descanse en Paz.
  • Don Jorge Castiñeira Castro, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Seguimos a padecer tráxicas noticias en todo o Concello de Camariñas e voltamos desta vez a publicar outra esquela. Neste caso trátase da defunción na madrugada deste mércores 16 de maio do querido veciño de Buría Don Jorge Castiñeira Castro aos seus tempranos 69 anos de idade. O corpo sen vida de Don Jorge está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá ás 18:00 horas da tarde deste mércores 16 de maio cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde será celebrado o funeral de corpo presente de Don Jorge. Acto seguido procederase a realizar o sepelio deste querido veciño de Buría no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos mortais de Don Jorge terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Jorge Castiñeira Castro. Descanse en Paz.
  • Don José González Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Na media mañán deste triste martes 15 de maio de 2018 a redacción desta web recibía a tráxica noticia da morte do noso querido amigo Don José González Canosa aos seus 85 anos de idade. Don José, máis coñecido cariñosamente en toda Camariñas como Pepe Grande, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá ás 16:15 da tarde deste mércores 16 de maio de 2018 cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde será celebrado o Funeral de Corpo Presente por Don José. Acto seguido o corpo sen vida de Don José será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais do querido veciño de Camariñas e amigo dos vellos tempos do Café Bar Arnela, Pepe Grande, terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño á familia e amigos de Don José González Canosa "Pepe Grande", Descanse en Paz.
  • Don Ramón Canosa Arjomil, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Seguimos coas tráxicas noticias que aflixen a toda a vila das palilleiras. Outro dos veciños máis carismáticos e senlleiros de toda Camariñas deixaba este mundo aos 87 anos no hospital da Coruña onde estaba ingresado por mor dunha dolencia. Estamos a falar de Don Ramón Canosa Arjomil, máis coñecido en toda a vila por ser o lexendario zapateiro que tiña o seu mítico taller no barrio de Corea. Falecía don Ramón este xoves preto das 12 da noite e collía por sorpresa a todo un pobo que se despertaba na mañán deste venres 4 de maio co corazón aflixido ao coñecerse a triste noticia do seu falecemento, e é que non era para menos, pois hai poucos días que víamos ao noso amigo dando as súas rutinarias camiñatas polo paseo marítimo de Camariñas. O corpo sen vida de Don Ramón "O Zapateiro" está sendo velado no Tanatorio Muncipal Irmáns Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:15 da tarde deste sábado 5 de maio de 2018. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Ramón para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais deste querido veciño de Camariñas de toda a vida terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e ánimos a toda a familia e amigos de Don Ramón Canosa Arjomil "O Zapateiro", Descanse en Paz.
  • Don Eduardo Campaña Martínez, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Semana tráxica para a mítica familia mariñeira de Camariñas. Primeiro foisenos un dos máis queridos e auténticos lobos de mar da nosa vila en toda a súa lexendaria historia como foi Pepe O Negrito, e hoxe recibíamos nesta redacción a triste noticia da defunción dun dos armadores máis carismáticos e importantes de toda esta Costa da Morte. Estamos a falar de Don Eduardo Campaña Martínez "Siro" tal e como era coñecido en gran parte da costa galega este gran amigo da redacción de Camarinas.eu e mítico patrón de varias das embarcacións claves para comprender a exitosa historia da arte da pesca do  cerco en Camariñas. Finaba noso amigo na tarde deste xoves 3 de maio de 2018 despois de recibir os auxilios espirituais na súa casa da Rúa do Río despois dunha dura loito contra unha grave enfermidad que á fin e a postre levouse por diante a vida deste camariñán con maiúsculas. O corpo sen vida deste querido veciño da Vila das Palilleiras está sendo velado na Sala I do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sariá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas ás 17:45 da tarde deste venres 4 de maio para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido o féretro deste insigne patrón camariñán da vella escuela será trasladado ao Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais de Don Eduardo terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Eduardo Campaña Martínez. Alá onde estea, alí o imaxinamos sentado na súa silla xunto algún dos seus compatriotas mentras sona de fondo unha agarimosa racnera mexicana. Descanse en Paz.
  • Don José María Quiza, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Tarde tráxica no barrio de Corea. Un dos seus veciños máis lonxevos e representativos do famoso distrito camariñán deixaba este mundo aos seus 84 anos de idade. Estamos a falar de Don José María Quiza, coñecido cariñosamente en toda a Costa da Morte como "O Negrito", gran lobo de mar que tivo ao seu mando varias embarcacións de renome, persoa sempre afable e cariñosa, carismática e querida en toda a vila que o veu nacer e que triunfou na súa vida como patrón, pai de familia e amigo, sempre amigo. Unha persoa que quedará sen dúbida para o recordo desta redacción como un compañeiro e que se foi lamentablemente na tarde deste xoves 26 de abril de 2018 despois dunha longa enfermidade. O corpo sen vida do noso querido amigo está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:15 da tarde deste venres 27 de abril. Acto seguido será celebrado o seu funeral de corpo presente no sagrado templo camariñán para despois ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Camariñas. Dende esta redacción queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don José María Quiza "O Negrito", unha persoa inolvidable para toda Camariñas, unha persoa irrepetible. Descansa en Paz compañeiro.
  • Dona Dolores Pasantes Suárez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Na mañán deste domingo 18 de marzo de 2018 a redacción desta web recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Camariñas Dona Dolores Pasantes Suárez aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Dolores está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá ás 15:45 da tarde deste próximo martes 20 de marzo cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, os restos mortais de Dona Dolores tomarán merecido descanso eterno no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde será celebrado o sepelio de Dona Dolores. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Dolores Pasantes Suárez. Descanse en Paz.
  • Dona Juana Barcia Gerpe, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Na mañá deste sábado 10 de marzo de 2018 a redacción desta web tiña coñecemento da tráxica morte da querida veciña de Camariñas Dona Juana Barcia Gerpe aos seus tempranos 72 anos de idade. Dona Juanita de Marta, como era máis coñecida en toda a vila das palilleiras, está sendo velada no velatorio 1 do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste domingo 11 de marzo. Alí, no sagrado templo camariñán, será celebrado o funeral de corpo presente de Señora Juana para despois efecturse o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde os restos mortais desta querida veiña da vila das palilleiras terán descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias así como darlle todo o ánimo e forza do mundo nestes duros momentos que estás a pasar a toda a familia e amigos de Dona Juana Barcia Gerpe, Descanse en Paz.
  • Don José Antonio Pensado Pérez, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Non sabemos que é o que está a pasar con este principio de ano 2018, pero o caso é que debe de ser un dos comezos de ano máis tráxicos que un redactor lembra dentro do ámbito municipal de Camariñas no que respecta a defuncións. Na tarde deste mércores 14 de febreiro tiñamos coñecemento do desgraciado pasamento do querido veciño de Camariñas Don José Antonio Pensado Pérez aos seus tempranos 59 anos de idade despois dunha terrible enfermidade que ao final levouse a vida deste estimado veciño da vila das palilleiras. O corpo sen vida de Tatá, como era cariñosamente coñecido en toda Camariñas este lobo de mar, mariñeiro de toda a vida, está sendo velado no Tanatorio Muncipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán os seus restos mortais ás 17:15 deste xoves 15 de febreiro de 2018 cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, o corpo sen vida de Don José Antonio Pensado Pérez, será trasladado ata o Cemiterio Parroquial de Camariñas onde terá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Antonio Pensado Pérez, Descanse en Paz.
  • Dona Eleuteria García Martínez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Continúa o incensante goteo de defuncións deste terrible comezo de ano 2018 en Camariñas. Na madrugada deste martes 23 de xaneiro de 2018 falecía no hospital Abente Lago da Coruña Dona Eleuteria García Martínez aos seus 85 anos de idade. Os restos mortais de Dona Eleuteria, viúva de Antón do Vigo, están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairán esta mesma tarde, exactamente ás 16:15, cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Acto seguido procederase ao traslado do féretro da querida veciña de Camariñas cara o Cemiterio Municipal onde Dona Eleuteria terá merecido descanso eterno. Vaia dende aquí as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Eleuteria García Martínez, Descanse en Paz.
  • Don José Pasantes Espasandín, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Na mañá deste sábado 20 do xa tráxico para sempre xaneiro de 2018 falecía na súa casa do barrio do Muiño do Vento o querido veciño de Camariñas Don José Pasantes Espasandín aos seus tempranos 68 anos de idade. Pepe "O Xacobo" como era cariñosamente coñecido tanto na Vila das Palilleiras que o veu nacer así como en gran parte da costa da Coruña, formaba parte desa estirpe de grandes mariñeiros da década dos 70 e 80 que sentaron cátedra en toda a costa coruñesa como verdadeiros mestres mariños que eran, descendentes dunha raza de auténticos lobos de mar. Patrón durante tantos anos do mítico barco camariñán "2º Dorada" que agora despacha coa mesma sabiduría heredada de Pepe o seu fillo Marcos.
  • Isabelino Canosa Castiñeira, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Continúa o goteo incesante de decesos que asolan Camariñas neste comezo do ano 2018. Na mañán deste luns 8 de xaneiro a redacción desta web era notificada da tráxica morte do querido veciño de Buría Don Isabelino Canosa Castiñeira aos seus 68 anos de idade. Isabelino, membro durante caseque unha década da comisión de festas do Carmen de Camariñas, foi atopado sen vida na súa casa de Buría por un familiar que dou a alerta aos servicios sanitarios urxentemente sin que estes puderan facer xa nada pola súa vida máis que certificar a morte do noso querido amigo. O corpo sen vida de Don Isabelino está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá este martes 9 de xaneiro ás 16:45 cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos mortais do noso amigo tomarán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Isabelino Canosa Castiñeira. Descanse en Paz.
  • Dona María Martínez Álvarez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Na mañán deste 5 de xaneiro de 2017, a redacción desta web recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Camariñas Dona María Martínez Álvarez aos seus 89 anos de idade. Señora María, veciña de toda a vida da lexendaria Rúa do Medio, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá este sábado 6 de xaneiro ás 15:45 horas cara a Igrexa de San Xurxo para ser celebrado o funeral de corpo presente desta gran muller, camariñana de toda a vida. Acto seguido procederase a realizar o sepelio dos restos mortais de Dona María no cemiterio parroquial de San Xurxo onde recibirán merecido descanso eterno. Vaia dende aquí a nosa máis sinceira condolencia a toda a familia e amigos de Dona María, especialmente ao noso amigo de toda a vida e neto da falecida Carlos Ramos Prieto así como a súa irmá Mar. Descanse en Paz Señora María.
  • Dona Josefa Mayor Arén, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Na madrugada deste xoves 14 de decembro de 2017 falecía na súa casa do barrio do Castillo Dona Josefa Mayor Arén aos seus 96 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Josefa, unha das persoas máis lonxevas da vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas. Será ás 15:30 da tarde deste venres 15 de decembro cando sairán os seus restos mortais dende o velatorio camariñán cara a Igrexa de San Xurxo para ser celebrado o funeral de corpo presente da querida veciña do Castillo. Acto seguido procederase a consecución do sepelio de Dona Josefa no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde os seus restos terán merecido descanso eterno. Vaia dende aquí as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Josefa Mayor Arén. Descanse en Paz.
  • O xoven José Secundino Suárez Suárez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

    Desgracia total na mañán deste frío mércores 29 de novembro. Ao momento que ía espertando a vila de Camelle comezaba a correr a terrible noticia da tráxica morte do querido xoven camellán José Secundino Suárez Suárez aos seus 37 anos de idade. Ao parecer, e á espera aínda dos resultados da autopsia, o corpo sen vida do noso amigo fora encontrado na súa casa de Camelle polos seus familiares que nada podían facer xa polo seu ser querido. Conmocionados aínda por tan inesperada e repentina morte dun dos nosos mellores amigos en terras camellanas, dende esta redacción aínda non asimilamos a magnitude desta perda e non damos creto ao acontecido. Secundino, sempre cun sorriso no rostro, persoa educada e tranquila, sempre afable e desposto a axudar, estaba casado e era pai dunha nena e un neno de corta edade e esperaba outro bebé da súa esposa: A traxedia máis absoluta para unha familia, para un pobo e para todos os seus seres queridos. Tocará agora por parte de todos velar polo benestar da súa xoven familia que queda, despois desta terrible desgracia, sen o seu querido pai e sumida nunha tristeza irreparable. Dende aquí queremos unirnos na dor insufrible que está a padecer toda a familia do noso querido amigo José Secundino e expresarlle as nosas máis sinceiras condolencias aínda que sabemos que pouco ou nada van a consolar este penoso calvario que están a sufrir. DEP amigo.
  • Don Evaristo Tajes López, Descanse en Paz

    Continúa o tráxico e incesante goteo de decesos na parroquia de San Xurxo de Camariñas. Na tarde deste mércores 18 de outubro de 2017 producíase no Hospital Juan Canalejo da Coruña o triste falecemento do querido veciño de Buría Don Evaristo Tajes López aos seus 82 anos de idade. Os restos mortais de Don Verito de Pións, como era máis coñecido cariñosamente en toda a vila dos encaixes, están sendo velados na sala 1 do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán os seus restos mortais cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:30 da tarde deste xoves 19 de outubro. No sagrado templo camariñán será oficiado o seu funeral de corpo presente para despois proceder a celebrar o seu sepelio. Dende esta redacción queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Evaristo Tajes López, Descanse en Paz.