• Visita de JJ Durán, Presidente de Portos de Galicia, a Camariñas

    Vetados a perpetuidade polo PP camariñán, houbo que probar a pedirlle unha entrevista ao inefable JJ Durán, presidente de Portos de Galicia. É interesante esta novidade que se introduce no panorama mediático dende os populares da Vila das Palilleiras: coñecíamos o caso de medios de comunicación que vetan a políticos, ahí temos o exemplo dos medios públicos e privados golpistas de Cataluña (TV3, RAC 1, Catalunya Radio, La Vanguardia, todos os chiringuitos dixitais subvencionados, etc...), pero a novidade introducida dende Camariñas é a do político que veta a un medio. Posiblemente esta concomitancia entre golpistas cataláns e populares camariñáns se reduzca a que ambos compartan idéntico sectarismo. En fin, torpedeados por aqueles que pretenden ser os nosos propios representantes, ahí fumos papel en man, como xornalistas mendicantes, entregarlle unha solicitude de entrevista á xefa de prensa de JJ para aclarar in personam como afectará a nova normativa recaudatoria de Portos ás festas tradicionais. A xefa, como boa aficionada taurina, dounos un par de encomiables largas cambiadas de moito mérito,entregándonos a cambio unha nota de prensa a maior gloria de JJ que nin era o que pedíamos nin nos vale para absolutamente nada. Pero nós, que non adolecemos do sectarismo patolóxico dos vetadores profesionais, aquí a reproducimos para maior ilustración dos tendidos camariñáns.
  • O minicriadoiro de ameixa de Camariñas: Un auténtico expediente X

    Houbo unha vez un proxecto innovador e punteiro instalado no Muelle Novo. Baixo unha cúpula de plástico os biólogos e as mariscadoras reproducían millóns de larvas que logo se convertían en bivalvos. Tal era o seu prestixio que acudían en tropel visitas nacionais e internacionais, e mesmo a Xunta de Galicia presumía de tanta innovación e de tan alta tecnoloxía. Todo era fachenda de fartura.