Club Náutico de Camariñas

  • Resultado das Eleccións ao CNC

    Hai un episodio ("Trash Of The Titans") da novena tempada dos Simpson que non pode ser máis revelador.  Nel, a base de demagoxia e infundios e gracias á colaboración inesperada dos mesmísimos U2 Homer logra facerse co posto de xefe do departamento municipal de recollida de residuos sólidos urbanos, reemplazando mediante impecable votación democrática ao que ata entón fora un probo, competente e honrado xestor, Ray Patterson. Cando non moito despois (un mes) tras unha xestión especialmente desastrosa e demente, Springfield chega a estourar literalmente nunha explosión piroplástica de lixo e a cidade se atopa na ruina máis absoluta, os desesperados veciños convocados a unha reunión de urxencia no Salón de Plenos municipal rogan de xeonllos ao anteriormente despreciado Ray Patterson que volte a facerse cargo do departamento. Este, unha vez subido ao atril, emocionado e ao borde das bágoas, contestará aquelo de "Me encantará dejarlos sumidos en el caos que ustedes mismos provocaron".
  • Fotos Historicas: Club Nautico de Camariñas

    Dende que un 11 de setembro de 1992 o Presidente da Xunta de Galicia Don Manuel Fraga Iribarne inaugurara oficialmente as instalacións do que era o primer Club Náutico da Costa da Morte no que constituía por dereito propio unha data histórica, pasou xa cáseque un océano de tempo. Unha sucesión de etapas da vida, de cambios de ciclo, que se reflexa especialmente nos medios empleados polo CNC para ter informados puntualmente aos seus lexítimos propietarios, os socios, das novas cas que unha institución senlleira para o Concello de Camariñas ía evolucionando a carón duns tempos sempre cambiantes. Así daquelas fantásticas revistas do CNC nas que tanto tiña que ver o noso usuario e mestre José Luis Blanco Campaña pasouse á nova e moderna web que se ven de inaugurar estos días e que á marxe de abrir aos seus usuarios un sinfín de posibilidades, mellora técnica, visual, gramática, sintáctica e incluso ortográficamente de un modo abrumador aquela rudimentaria e moribunda paxiniña ca que o máis histórico dos clubs náuticos da Costa Atlántica se vío obrigado a convivir durante estes últimos anos. Estamos ante unha web aínda en probas pero xa activa, á que lle falta por por meter algúns dos seus contidos e que será obxecto no seu momento dunha presentación oficial. Porque sempre que se evoluciona debe ser para mellor, así o fai o CNC, e dende camarinas.eu, web máis vista da historia da Costa Atlántica e polo tanto como irmán maior, dámoslle a benvida á nova web que volve á vida, www.cncamarinas.com , e adicámoslle cos nosos mellores desexos un especial Fotos Históricas.
  • 125 anos nos contemplan - Homenaxe a Industrias Cerdeimar no Club Náutico de Camariñas

    Despois de dezaoito anos de existencia, o Club Náutico de Camariñas experimentaba  este sábado 5 de setembro de 2009 o maior cheo da súa historia cando máis de 300 persoas agolpábanse no seu Salón de Actos para asistir á Homenaxe ao 125 aniversario de Industrias Cerdeimar, sen dúbidas a gran empresa histórica do Concello de Camariñas. Unha avalancha de personalidades do mundo político municipal e autonómico, unha morea de veciños de Camariñas que coa súa presencia quixeron testimoniar o seu cariño, unha familia Cerdeiras prácticamente ao completo, pero sobre todo máis dun centenar de traballadoras e traballadores da empresa que tanta vida dou a un concello deprimido e illado, convertiron unha homenaxe xusta e necesaria nun evento histórico. Camarinas.eu deixa constancia do acto para a posteridade cunha galería fotográfica de 100 imaxes.
  • Marisol Soneira recibe a homenaxe do Club Nautico de Camarinas

    Se a semana pasada o Club Náutico de Camariñas celebraba unha cena homenaxe en honor ás paxinas webs de Camariñas, por certo, noticia que non foi cuberta por ningún medio de comunicación escrito, radiofónico ou cibernético a excepción obviamente das dúas webs citadas, nesta ocasión a cena homenaxe si que estaba ben cuberta e é que a ocasión non era para menos: o C.N.C. homenaxeaba á deputada autonómica Marisol Soneira, amiga e usuaria de camarinas.eu, e ao avogado muxián Manuel Martín, Presidente do Club Náutico da Vila da Barca.