• Una foto histórica del Porteño del año 1965, por Manuel Castiñeira

    Quiero volver otra vez al deporte. En este caso, a una nueva formación del PORTEÑO. Un magnífico equipo del verano 1965. Jugadores elegantes, con lucidas camisetas; bien apuestos y respirando seriedad: los de atrás, para formar una muralla defensiva y dominar el centro del campo; los otros, para imprimir una velocidad desconcertante y llevar el balón a la meta contraria. El fotógrafo Sr. González supo captar muy bien la disposición pensativa y valiente de estos jóvenes del PORTEÑO.
  • Cartel da homenaxe oficial do FC Camariñas a Pombo

    O que fora o cancerbeiro titular do FC Camariñas e tristemente falecido por mor dun tráxico paro cardíaco, Álex Pombo, terá a súa merecida homenaxe no Campo Hermanas Patiño organizado polo FC Camariñas. Será este venres primeiro de maio de 2015 nun partido que enfrontará ao FC Camariñas fronte ao Malpica SD, equipo que víu nacer futbolísticamente a Álex. Así o equipo camariñán quere render tributo ao que foi un dos seus xogadores máis carismáticos e queridos pola afección e polos seus compañeiros. Directivos do FC Camariñas como Vicente Carril ou o noso querido amigo Mikel, o Alcalde Pichurri xunto á Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas Sandra Ínsua Rial entregaranlle unha placa conmemorativa ao filliño de Álex antes de comezar o partido e honrarase a este gran xogador cun hemotivo minuto de silencio. Dende Camarinas.eu queremos tamén estar presente nesta sentida homenaxe ao que foi un dos xogadores máis recordados do FC Camariñas. Descanse en Paz Pombo.
  • Actividades deportivas englobadas dentro da XXV Mostra do Encaixe

    Nesta Semana Santa camariñana tamén poderemos desfrutar de actividades deportivas paralelas da XXV Mostra do Encaixe de Camariñas. Así este xoves 2 de abril o Estadio Municipal Hermanas Patiño vestirase de gala para recibir o duelo por todo o alto entre o FC Camariñas e o CF Porteño que desputarán o preciado Torneo Mostra do Encaixe. O encontro está previsto que se celebre ás 18:00 horas. E tamén o próximo sábado, 4 de abril, con motivo da XXV edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, terá lugar un ano máis o Torneo de Balonmán Feminino Mostra do Encaixe. Este ano dito Torneo será disputado pola Selección Galega Absoluta e o Balonmán Gijón, que compite na categoría "división de honra prata feminino". O encontro disputarase ás 18:00 horas no pavillón polideportivo de A Ponte do Porto (Camariñas). Está organizado polo Club Balonmán Camariñas e o Concello de Camariñas, coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, a Mostra do Encaixe de Camariñas e Industrias Cerdeimar.
  • Otra foto histórica del Porteño CF, por Manuel Castiñeira

    Otra vez EL PORTEÑO, en aquellos años de la década del sesenta, con alguna variación. Las dos personas vestidas de negro, haciendo armonía en la foto, no son jugadores, pero sí muy conocidos. El portero, con su buena talla, da tranquilidad al equipo . El delantero centro, además de estatura, se muestra impetuoso, disponiéndose a tirar ya a puerta, sin esperar a que el Sr. González termine de hacer la foto. Y yo me fijaría también en el ala izquierda (los dos agachados, a la derecha): dos jovencitos , aparentemente muy pacíficos, pero con una zurda tan endiablada que hacía tiritar a los adversarios como si fueran unos verdaderos diablos. ¿Podríamos identificar a esta gente del Porteño?
  • A Xornada de Juanillo - 14 de decembro de 2014

    Duas derrotas e un empate foi a bagaxe da pasada xornada dos nosos eqipos na Liga da Costa. Tan só o Porteñe foi quen de puntuar nunha xornada onde o Camelle caeu ante o líder no Rodeiro e o Camariñas voltaba a perder inmerecidamente nun partido onde o Castriz ten que aprender moito en canto a "fair play" se refire. Na categoría xuvenil, o Camariñas xogarase o primeiro posto desta primeira fase en Cabana ante o equipo locatario, unha victoria daríalles ese primeiro posto aos Camariñas mentres que o Porteño queda a seis do líder traso empate acadado ante o Baio. En canto a categoría cadete se refire, As Baleas goleou con contundencia ao Coristanco e parece que volta ao bó camiño de xogo e resultados.
  • A Xornada de Juanillo - 7 de decembro de 2014

    Unha xornada máis da Liga da Costa onde por desgracia, ningún dos nosos equipos puido conseguir a victoria. Camariñas e Camelle acadaban un empate ante o Carnota e o Buño, mentras o Porteño sufría unha goleada en Verdillo ante o líder San Lorenzo. En xuvenís o Camariñas gañou en Laxe mentres que o Porteño empataba na casa do líder o Cabana. As Baleas en categoría cadete, tocoulle descansar.
  • Manuel Castiñeira Canosa, novo colaborador de Camarinas.eu

    O fenómeno máis masivo na historia de internet na Costa da Morte acadaba esta mesma semana un novo récord ao alcanzar a cifra inimaxinable de 2.100 seguidores na nosa páxina do facebook. Algo que fala ás claras do calado social dunha web humilde, amateur, na que sen embargo confían todos os seus veciños cando de recabar información veraz, contrastada e obxectiva se trata. Neste historial de rigor e competencia sempre tiveron un peso especial os colaboradores de Camarinas.eu: persoas que de xeito desinteresado, altruista, poñían toda a súa capacidade ao servicio e alcance das xentes do seu concello. De este xeito completamos unha nómina de firmas descomunal, na que o melloriño das catro parroquias de Camariñas acababa dun xeito ou outro. É por elo que constitúe para esta redacción un honor e un orgullo dar a coñecer o novo nome que cunha certa periodicidade escribirá nas páxinas de Camarinas.eu: Manuel Castiñeira Canosa, un xaviñán cun nome propio na historia do fútbol da Costa e persoa cunha traxectoria e currículum pedagóxico espectacular. Pero, sempre como soemos adoitar nestes casos, será mellor que, para escomenzar, coñezamos mellor á noma firma que poñerá o seu talento ao servicio dos seus veciños...
  • A Xornada de Juanillo - 30 de novembro de 2014

    Nova xornada onde cabe destacar o gran derbi vivido no campo da Grixa entre Porteño e Camelle, ambiente pr todo o alto nun partido que como mandan as tradicións, houbo de todo, goles, emoción, polémica arbitral.... e no que finalmente tralo pitido final, trouxo consigo un reparto de puntos q lles serve aos dous equipos para seguir sumando pasiño a pasiño. Empate tamén o que trouxo o Camariñas dende a terra dos alfareiros, de Buño, nun partido onde houbo media ducia de goles, nun encontro no que o Camariñas chegaba con once homes xustos e donde perdonou demasiado a un rival que o tivo contra as cordas. As Baleas cadete perdeu o seu partido en Ponteceso por un claro tres a cero. Os xuvenís do Camariñas e Porteño gañaron pola mínima a Corme e Coristanco respectivamente e son segundo e terceiro na clasificación.
  • A Xornada de Juanillo - 23 de novembro de 2014

    Mala xornada a vivida este pasado fin de semana onde contamos por derrotas os partidos xogados dos nosos equipos da liga da costa. Camelle, Porteño e Camariñas perderon os seus correspondentes partidos ante o Seaia, Buño e Mazaricos respectivamente. A nota positiva da xornada foi a victoria con rementada incluida dos cadetes das Baleas que rompen deste xeito unha mala racha de resultados. En canto a liga xuvenil, Camariñas e Porteño continúan coa súa tempada triunfal e a falta de poucas xornadas, siguen loitando polo primeiro posto da clasificación.
  • A Xornada de Juanillo - 16 de novembro de 2014

    Primeira xornada no que vai de campeonato no que ningún dos nosos equipos perdeu no campeonato ligueiro costeiro. O Camariñas conseguía unha victoria chave para tratar de alonxarse dos postos de descenso mentras que tanto Porteño como o Camelle, acababan sendos empates a domicilio por un mesmo resultado final de empate a dous goles, un Camelle que sufríu un atraco en Cabana, onde novamente o colexiado do partido actuou en contra dos intereses Camellánn impedindo que os de Varu trouxeran de Cabana tres puntos que os tiñan no peto. As Baleas de vi, seguen coa mala racha de resultados e volveron a caer derrotados en Esteiro ante o conxunto local.
  • A Xornada de Juanillo - 9 de novembro de 2014

    Non foi unha xornada nada positiva a disputada o pasado fin de semana onde os nosos equipos que están loitando na Liga da Costa non conseguiron vencer en ningún dos tres partidos disputados.
  • A Xornada de Juanillo - 2 de novembro de 2014

    Xornada na que non houbo ningunha victoria dos nosos equipos na Liga da Costa con empates do Camariñas e Camelle e derrota do Porteño. En xuvenís unha de cal e unha de area, victoria do Porteño e derrota do Camariñas. As Baleas de Vi caeron pola mínima en Cee nun partido que puido acabar caendo de lado dos nosos.
  • A Xornada de Juanillo - 26 de outubro de 2014

    Xornada na que cabe destacar a primeira victoria do Camelle desta tempada que venceron ao Montelouro no Rodeiro. O Porteño suma e segue e venceu ao Cee na Grixa mentras que o Camariñas caeu con contundencia en Muros ante o Volantes de Baño. Na categoría xuvenil, Camariñas e Porteño golearon a domicilio a Baio e Malpica respectivamente  mentras que na categoría cadete, As Baleas de Vi, voltaba a senda da victoria e gañaban cómodamente ao Muxía no Hermanas Patiño.
  • A Xornada de Juanillo - 19 de outubro de 2014

    Unha nova xornada marcada pola fatal noticia da grave lesión do gardamallas do Camariñas José Luis que no último treito do partido que enfrontaba ao Camariñas e o Fisterra, un choque fortuito entre él  e un xogador Fisterrán, deu como resultado a rotura do pómulo do gran porteiro Camariñán. José Luis xa foi operado e parece que todo saliu ben. Aproveitamos para desexarlle unha pronta recuperación e mandarlle moitos ánimos dende Camarinas.eu. Polo demais, a xornada veu marcada polas victorias do Camariñas e Porteño que venceron ao Fisterra e ao Montelouro respectivamente, mentres que o Camelle caía con rotundidade ante o Castriz. Pola súa parte, os cadetes das Baleas, caeron ante o Corme a domicilio sumando a segunda derrota da tempada para os de Vi. Os xuvenís do Camariñas e do Porteño perderon na casa ámbolos partidos ante Cabana e Ponteceso.
  • A Xornada de Juanillo - 12 de outubro de 2014

    En branco!!!!. Así foi a xornada dos nosos equipos onde os partidos xogados, contáronse por derrotas, Porteño, Camelle e Camariñas non foron quen de sacar nada positivo dos seus correspondentes partidos nunha xornada para olvidar. Parece ser que foi unha xornada gafe onde As Baleas nun partido no que é increible que os de Vi non o gañaran, sumaron a primeira derrota da tempada.
  • A Xornada de Juanillo - 28 de setembro de 2014

    Xornada que viña marcada polo primeiro derbi da tempada que tivo lugar no campo da Grixa onde o Porteño gañou por dous goles a un ao Camariñas nun campo ateigado de xiadeiros que disfrutaron do emocionante derbi vivido onde houbo de todo, tensión, polémica, expulsións.... Por outra banda, o Camelle caeu no Rodeiro ante o Mazaricos e segue co seu casilleiro baldeiro de puntos, as baixas seguen a pesar e moito. As Baleas meteulle unha malleira ao Sofán e os de Vi xa son líderes en solitario da competición cadete.
  • A Xornada de Juanillo - 21 de setembro de 2014

    Terceira xornada de liga que non foi positiva para os nosos equipos xa que tan só o Camariñas foi quen de sacar un puntiño ante o Seaia no Hermanas Patiño, un punto que sabe moi pouco debido as ocasións que desperdiciou o Camariñas para levarse os tres puntos. Camelle e Porteño perderon as súas batallas en Ponteceso e Mazaricos respectivamente. Ámbolos conxuntos acusaron e moito as baixas coas que contaban e non puideron dar o mellor de si para acadar algo positivo. Os cadetes de As Baleas, lograron a victoria ante o Outes e levan pleno de vivtorias ata o de agora, os de Vi suman dous partidos gañados en duas xornadas disputadas.
  • A Xornada de Juanillo, 14 de setembro de 2014

    Segunda xornada na liga da costa e novamente ao igual que ocurrira na xornada inaugural, tan só o Porteño foi quen de darnos unha alegría e acadar unha valiosa victoria diante dun equipo como é o Ponteceso q está chamado a pelexar polos postos de cabeza. Mentras tanto, o Camelle e o Camariñas perdían os sues encontros por un marcador idéntico, catro goles a un, eso si, o Camelle sufrindo unha arbitraxe nefasta que novamente foi clave no partido.
  • A xornada futbolística de Juanillo - 7 de setembro de 2014

    Comezou a xornada na Liga da Costa, a segunda rexional, e o que é unha xornada positiva podemos decir que non foi, tan só o Porteño foi quen de sumar un empate a domicilio mentres que tanto o Camariñas como o Camelle, perderon os seus encontros nesta xornada inaugural. O conto non é como empeza e si como acaba, polo tanto vamos a esperar o devenir da competición para esperar que os nosos cumplan os seus obxetivos.
  • Comeza a Liga da Costa máis camariñana da historia

    Quedan poucos días para o comezo dunha nova tempada futbolística dos equipos seniors do noso Concello como son o Camariñas, o Camelle e o Porteño, onde as tres escuadras futbolísticas actuarán na categoría da segunda rexional, a Liga da Costa de toda a vida que promete ser apaixoante como nunca e donde vamos a ter o número de derbis máis elevado da historia do Concello Camariñán. Cos equipos xa rodados cos seus respectivos partidos amigables, os planteis están prácticamente pechados, agás o Camelle que segundo nos conta o seu novo adestrador Álvaro, está a piques de firmar a dous xogadores máis para pechar o seu plantel. Camariñas e Porteño teñen o seu plantel preparado para competir pero se cae unha fichaxe de última hora tampouco sería nada raro. Coas espadas en todo o alto, e cós tres equipos preparados para comezar a rodar o balón no Hermans Patiño, no Rodeiro e na Grixa, a carreira está a piques de comezar. Moita sorte para os tres equipos!!!!.