Cartel Festa do Carmen 2014

  • Exclusiva! Cartel da Festa do Carmen de Camariñas 2014

    Xa está aquí, xa chegou. A festa do Carmen de Camariñas 2014 está á volta da esquina. A grande. A única e universal celebración máis importante para tódolos camariñáns quenta motores e á falta de menos de un mes para celebrarse a Festa Grande de Camariñas presentamos aquí en Camarinas.eu, en rigurosa exclusiva, o cartel (que contou outro ano máis coa colaboración no seu deseño de Diego Alonso Freire) dunha  das festas máis importantes do calendario estival da Costa da Morte. Unha celebración, a do Carmen de Camariñas, que si ben este ano reduce os seus días, non fai o mesmo ca calidade das súas orquestas e actividades. Así o mércores 16 de xullo, día grande da patroa de Camariñas voltaremos a ver aos arqueiros da mítica Danza de Arcos bailar ao son da tradicional música que todos os camariñáns teñen rondando na súa mente nestas datas cercanas ao Carmen. Orquestas de primeiro nivel, fogos de artificio espectaculares coma en ningunha outra vila da Costa da Morte, sardiñadas gratuitas a reventar, charangas por doquier, grandes e espectaculares orquestras, a mellor procesión marítima de todo o litoral galaico... pero o máis importante: devoción, emoción e ledicia ao ver a nosa Virxen do Carmen descender O Areal acompañado pola nosa Danza de Arcos. Camariñáns, ¡¡¡O CARMEN XA ESTÁ AQUÍ!!!