• Unha banda

    Fai uns días un persoeiro especialista en propoñer a testaferros ao fronte dalgunha entidade, cívica ou política, parece ser que se achegou polo concello coma se fose Napoleón e pediu ver a unha alta funcionaria. Presentouse como “o asesor xurídico do PP de Camariñas e o home que denunciou ao alcalde”. Esta información fíxonola chegar unha persoa que di habela escoitado polos aledaños do Club Náutico, onde o suxeito en cuestión reina a través dun mandado.
  • Novo ridículo xudicial do PP de Camariñas

    Hai xogadores de recheo, expulsados hai tempo de toda liga medianamente decente, que non valen nin para gañar no campo nin para gañar nos despachos. Ese pode ser o resumen da historia da agrupación do PP de Camariñas: no campo, esto é nas urnas, non gañaron nin unha sola vez en corenta anos de impecable democracia española. Como consecuencia do anterior, acúdese a intentar gañar os partidos nos despachos e entón ahí o sopapo xudicial é inevitable. Habería por unha vez que facer un reconto das decenas de sentencias, autos, providencias, etc... nas que o Partido Popular camariñán fixo o ridículo nos últimos anos. Desta volta, un eterno retorno, un clásico das desventuras populares, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou as pretensións un tanto precipitadas, ridículas, antidemocráticas do PP de desaloxar pola bravas a Pichurri da Alcaldía. Vendo tanta incompetencia, un non pode evitar preguntarse: ¿e non estará detrás de tanta inoperancia o prestixioso bufete de abogados do Río do Prado? ¿o inigualable cráneo xurídico que agora comanda dende as sombras con tanto éxito e acerto o Club Náutico? En fin, no interior da noticia reproducimos a nota de prensa enviada dende a agrupación municipal do PSOE. A do PP, esperamos por ela. Máis que nada para que nos comenten este enorme e novo éxito xudicial.
  • A inhabilitación de Pichurri, nova polémica política despois do fiasco do Tanatorio

    No mundo do fútbol hai un dito: "Gañar nos despachos o que non se gañou no terreo de xogo". Por outro lado está a Xustiza, que vive os seus momentos máis baixos despois de 40 anos de democracia, arrastrando o vuelo das togas polo polvo do camiño, e onde tanto che sae un xuiz chalado de Podemos como che xuzga outro vendido a calqueira das diversas ganaderías políticas. Xuices a soldo da man que lles da de comer. Cando ambas realidades se poñen en contacto por mor deses supervivintes sen escrúpulos, esa rama que vive de parasitar sociedades non lucrativas sempre como secretario ou tesoureiro (ay Club Náutico... ¡¡quién te ha visto y quién te ve!!), sociedades que despois de ser convenientemente vaciadas desaparecen na nada máis absoluta, pois entón teñen lugar acontecementos inauditos, que levarán a que todos os presentes poidamos decir nun día futuro aquelo de "he visto cosas que ustedes no creerían". Ante a enésima indefensión, ante un novo atropello, o Grupo de Goberno do PSOE camariñán trata de defenderse do novo golpe provinte de aqueles que, sen oficio nen beneficio, levan xa máis de 20 anos tratando de gañar nos despachos aquelo que non foron quen de gañar no campo. Ese terreo de xogo onde as regras están claras e o pobo é o xuiz.

    PD: Procedemos a publicar a nota de prensa que nos envían dende o grupo de goberno do PSOE no Concello de Camariñas. Esta redacción poñe a disposición de TODOS OS PARTIDOS POLÍTICOS do concello este formulario de contacto para que nos envíen as súas notas de prensa que serán publicadas na única web independente de información xeral de Camariñas.

  • Debacle cachalotil nas municipais: O peor resultado do PP de Camariñas en toda a súa historia

    Rematada a guerra mundial en Europa e antes de que os Estados Unidos fixesen viable a bomba atómica, Winston Churchill decidío encargar ao servicio de intelixencia británico a elaboración dun informe acerca da posibilidade de éxito que o entón imparable Exército Roxo, o maior continxente bélico da historia, doce millóns e medio de homes e mulleres en pe de combate dotados da máis avanzada tecnoloxía, tería no caso de que decidise abrirse paso a tiros dende Berlín ata o Atlántico. Era tal o espanto que causaba esa mera posibilidade que se decidío chamar ao expediente co nome de "Alternativa Imposible". Un ve agora os nomes que adornaron nas derradeiras municipais a lista do PP en Camariñas, así como algún dos que andaban por fóra, listos ao quite para inundar de facturas o Consistorio Municipal e tapar a fame de tantos anos, e só pensar ata que simas insondables puido haberse despeñado todo un concello infunde idéntico pavor ao sentido polos altos mandos ingleses: un vértigo indefinible que aínda agora fai que a un se lle acelere o pulso. E non tanto polo candidato en cuestión (como xa dixemos, eso e nada eran o mesmo) senón pola xauría desquiciada de odiadores, ultrafánaticos e fracasados perpetuos que o rodeaban. Era algo cantado que o PP sacaría o peor resultado en votos da súa historia nunhas municipais en Camariñas: 1.300 ridículos votos. Ata incluso nas épocas en que o partido andaba fracturado e Ruperto Mosquera presentaba a súa candidatura de independentes logrou moito mellores resultados.
  • Último Ridículo dun Cachalote Exaltado

    Executando un bo traballo, asumindo a súa responsabilidade, como corresponde a homes de ben, os operarios municipais de Vías e Obras procedían esta mesma semana a repintar todos e cada un dos pasos de cebra do Concello.  Obviamente, a diferencia dalgún mentecato cada día máis enaxenado na súa perpetua fuxida cara adiante, co seu traballo serio e profesionalizado non estafarán ao seu público durante oito meses a conta de algo que finalmente acabou por non existir. En vez de asumir a súa incompetencia, a súa estupidez raiana no retraso mental máis severo, e confesar ante os seus mui escasos lectores a responsabilidade polo que foi un timo pseudoxornalístico desvergonzado e lamentable durante oito meses, a cuase única noticia ca que abrío o seu estercoleiro durante 240 días do noso Señor, prefire verter toda unha nauseabunda catarata de inxurias e calumnias sobre o Xulgado e o titular do mesmo que durante todo este tempo este mesmo merluzo retrasado vendío aos seus lectores como o máis honesto e íntegro, o máis xusto e capacitado, de toda a Cristiandade. Que faga esto cando dacordo cos artigos 206, 209 e 215 do Código Penal estemos ante un delito castigado con penas de ata dous anos de prisión, non sorprende a ninguén porque o cachalote en cuestión nunca foi precisamente Einstein e por momentos tan só xa lle falta babear, sen embargo o que sí o fai é que profesionais do Dereito que colaboraron con este memo fanatizado durante todo este tempo, se presten a un xogo que nestes días 2 e 3 de decembro rebasou a raia e se adentrou de xeito irremisible no intrincado e perigoso mundo do tipo penal.
  • Clamor Popular contra o Secretario Xeral

    A situación de ruptura interna, de descomposición absoluta, de sálvese quien pueda, de ridículos espantosos e sucesivos dos seus integrantes na prensa autonómica, que asola ao PP de Camariñas non é de agora. Nin siquera comenzaría ca sucesión de batacazos derivados do proceso de asalto ao Club Náutico de Camariñas emprendido a principios deste ano polo Presidente da Agrupación Local ca axuda discontinua, en función do apoio aos seus  intereses sucesorios, do director da web oficiosa do partido. Camarinas.eu ten no seu poder un documento que probaría ben ás claras que a oposición e o rexeite xeralizado nas filas populares contra o seu secretario xeral virían xa dende data tan lonxana como xaneiro de 2012.