|
||||
| O Encaixe de Camarinas no ambito internacional |
Nota que nos envían dende o Concello de Camariñas e concretamente dende a organización da Mostra do Encaixe de Camariñas. Nela faisenos saber os intentos por parte do Concello para internacionalizar o noso Encaixe de Camarinas.![]() Concello de Camariñas
Manuel V.
Alonso de León ó frente do Concello de Camariñas segue traballando para
que a aplicación do Encaixe de Camariñas se faga máis sólida e
internacional. Nesta
ocasión trátase de dúas firmas de noivas moi importantes a nivel
nacional e internacional, como son: Devota & Lomba e Model Novias.
Devota & Lomba comercializa prendas con Encaixe de Camariñas dende que o aplicou na colección de pret-porter de outono-inverno 06/07 e na colección de noivas 2007.
Para
a colección Novias 2011 que presenta hoxe, venres día 7 de maio, en
Cibeles Novias, o Concello de Camariñas, a través do departamento da
Mostra do Encaixe, traballou no deseño de varias fundas de “Black Berrys” como complemento no desfiles de noivas. Confeccionáronse un total de catro fundas diferentes e todas resultaron ser moi aprezadas e valoradas polo cliente, que vai comercializar sobre unhas 50 unidades.
Model Noivas dende fai anos vén colaborando nos desfiles da Mostra do Encaixe e, a raíz desta presenza, tamén comercializou vestidos de comunión e noiva con Encaixe de Camariñas. Nesta ocasión presentará a colección primavera - verano 2011 o próximo mércores, 19 de maio, en Barcelona Bridal Week. Os deseños desta colección levarán Encaixe de Camariñas realizado en seda e, como broche final, unha noiva desfilará cun “bobiné”; trátase dunha réplica dun velo de principios do s. XX que foi doado polo pobo de Camariñas á raíña Victoria Eugenia. Ademais a firma Model Novias obsequiará á prensa asistente uns corazóns realizados coa técnica do Encaixe de Camariñas en fío de prata. Dende a dirección de Model Novias están moi satisfeitos co resultado e esperan que a comercialización sexa todo un éxito.
Tamén queremos dar a coñecer que tres palilleiras do noso concello estarán presentes esta fin de semana na XI Feira de San Isidro, en Mosteiro – Pol ( Lugo ), e terán a súa disposición un stand de 6 x 2 m. no que expoñerán unha gran variedade de pezas realizadas con Encaixe de Camariñas. SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Encaixe, Turismo e Traballo. Concello de Camariñas. Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña. Tlf: 981737004 - 677433532 Fax: 981736199 Comentarios:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|



