PDF Imprimir E-mail
Nota para os traballadores da construccion

O próximo 31 de decembro de 2011 os traballadores e traballadoras do sector da construción para desenvolver o seu traballo deberán estar en posesión da Tarxeta profesional da Construción (TPC), polo que a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas colabora coa Fundación Laboral de la Construción na organización dunha xornada de prevención de riscos laborais denominada aula permanente que posibilita, si se cumpren os demais requisitos necesarios a tramitación da Tarxeta profesional da construción (TPC).

A dita xornada, de 8 horas de duración, terá lugar o vindeiro 23 de marzo no Centro de Iniciativas Empresariais (pegado ó centro de saúde de Camariñas) en horario de 9:00 – 14:00 e de 15:00 – 18:00. As persoas destinatarias son desempregados e desempregadas con experiencia no sector da construción ou que aspiren a traballar no dito sector, empregados e empregadas do sector da construción e autónomos/as do sector da construción. A tódalas persoas asistentes se lles entregará un diploma.

A data límite para anotarse na xornada será o 12 de marzo. É obrigatorio realizar unha preinscrición e entregar documentación.

Ó mesmo tempo dende a Axencia de Desenvolvemento Local se recollerá a documentación para facilita-la tramitación da tarxeta profesional da construción pola Fundación Laboral de la Construción de todas aquelas persoas que cumpran os requisitos necesarios para solicitala.

Para máis información e preinscricións dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas sita na Casa de Pedra, 981737004 de luns a venres de 8:00 – 15:00.

Prevención de Riscos laborais

Xornada de prevención de riscos laborais (1º Ciclo de formación que se establece no IV Convenio General de la Construcción. Aula Permanente)

A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas colabora coa Fundación Laboral de la Construcción na organización dunha xornada de prevención de riscos laborais. Esta xornada, denominada, aula permanente corresponde ó 1ª ciclo de formación que se establece no IV Convenio General de la Construcción e é a mínima imprescindible para tramita-la Tarxeta Profesional da Construción (TPC).

Destinatarios: desempregados que conten con experiencia no sector da construción ou ben que aspiren a traballar nun futuro no dito sector, autónomos do sector da construción,  traballadores por conta allea do sector da construción.

Duración: 8 horas

Data: 23 de marzo

Horario: 9:00 – 14:00 e 15:00 – 18:00

Lugar: Centro de Iniciativas empresariais (pegado ó centro de saúde de Camariñas)

É imprescindible preinscribirse e achegar a seguinte documentación orixinal na Casa de Pedra

Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta
DNI ou NIE
Desempregados: tarxeta de demanda de emprego
Traballadores por conta allea do sector da construción: última nómina
Traballadores autónomos: xustificante de pago de autónomos do último mes 

A tódolos asistentes se lles entregará un diploma de realización da acción formativa.

Con esta xornada si se cumpren o resto de requisitos pódese tramita-la Tarxeta profesional da construción (TPC).

Os traballadores autónomos non poden solicita-la TPC pero si asisten a esta xornada entregaráselle un diploma de 10 horas de prevención de riscos laborais, formación obrigatoria.

MÁIS INFORMACIÓN:    Concello de Camariñas
        Orientadora laboral
               Casa de Pedra    981 73 70 04
                     mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
             Luns a venres: 8:00 – 15:00

            Fundación Laboral de la Construcción (Arteixo)
            981 64 14 38

Tarxeta da Construcción

TRAMITACIÓN DA TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN (TPC)

A TPC é un documento mediante o cal se acreditan, entre outros datos, os seguintes: formación recibida polo traballador do sector en materia de prevención de riscos laborais, a súa categoría profesional e os períodos de ocupación nas distintas empresas nas que exerceu a súa actividade.

A TPC será obrigatoria a partir do 31 de decembro de 2011. É unha tarxeta que ten vixencia durante 5 anos 

Requisitos para solicitala:

Ter recibido, polo menos, a formación inicial en materia de prevención de riscos laborais, de acordo co previsto no Convenio General del Sector de la Construcción. (Vale a Xornada de prevención de riscos laborais do 23 de marzo de Camariñas).

Pertencer a un destes 2 colectivos:

Ser traballador en alta, ou en situación de incapacidade temporal que preste os seus servizos en empresas encadradas na ámbito de aplicación do Convenio General del Sector de la Construcción.

Estar desempregado sempre que se acredite, polo menos, 30 días de alta en empresas encadradas no ámbito de aplicación do Convenio General del Sector de la Construcción, nos últimos 3 anos.

Os traballadores autónomos non poden solicita-la TPC.

Os traballadores en activo que na actualidade non traballen na construción pero si teñan experiencia neste sector poderán solicita-la tarxeta cando se atopen en situación legal de desemprego ou cando estean dados de alta no sector da construción.
  
Documentación obrigatoria para solicita-la TPC (ten que ser documentación orixinal)

-    Impreso de solicitude debidamente cuberto
-    Fotografía recente tamaño carné
-    DNI ou NIE
-    Informe de vida laboral emitido pola Tesorería General de la Seguridad Social (o informe non pode ter máis de 3 meses)
-    Diplomas ou certificado no que se acredite a realización da formación inicial en materia de prevención de riscos laborais.
-    Polo menos un dos seguintes documentos (estos documentos teñen que facer referencia a unha empresa do sector da construción):
-    Contrato de traballo
-    Última nómina
-    Certificado de empresa

Documentación opcional:
-    Certificados académicos oficiais relacionados co sector da construción ou titulacións universitarias.
-    Diplomas e certificados de formación relacionada co sector da construción ou coa prevención de riscos laborais
-    Carnés profesionais relacionados
-    Carnés de conducir de camión
-    Certificados relativos ós recoñecementos médicos (vixilancia da saúde) expedidos pola entidade que os realizou.

MÁIS INFORMACIÓN:    Concello de Camariñas
        Orientadora laboral
               Casa de Pedra    981 73 70 04
                     mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
             Luns a venres: 8:00 – 15:00

            Fundación Laboral de la Construcción (Arteixo)
            981 64 14 38

Por favor, registrate para calificar.
 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar