PDF Imprimir E-mail
Encaixe de Camariñas nas botellas de Cabreiroa
O Departamento da Mostra do Encaixe remítenos unha nota de prensa sobre a iniciativa da empresa Cabreiroá de adornar as súas botellas cun logotipo do noso encaixe

Image 

O Concello de Camariñas a través do departamento da Mostra do Encaixe agradece á marca Cabreiroá pola iniciativa de incluír o Encaixe de Camariñas no deseño da 2ª edición de botellas de coleccionista destinada a establecementos gourmet.

O proxecto canalizado entre a empresa de Marketing 21 gramos e a Mostra do Encaixe foi desenvolto en todo momento con moito entusiasmo. Despois da presentación de varios deseños exclusivos, baseados en motivos tradicionais de Encaixe de Camariñas e reinterpretados segundo a temática da auga, foi elixido o presentado por Dona Beatriz Díos Rodríguez, profesora e deseñadora de encaixe.

O deseño da botella alude ás gotas de auga que flúen do manantial de Cabreiroá. O envase incorpora unha mostra real do propio Encaixe de Camariñas e presentase dentro dun envase metálico a medida decorado cos mesmos motivos. As mostras reais foron palilladas por 50 encaixeiras pertencentes as Asociacións Rendas e Palillada de Camariñas.

Achégolle unha fotografía da presentación da botella ao Sr. Alcalde de Camariñas, Don Manuel Valeriano Alonso de León.


 

Comentarios:

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Por favor, registrate para calificar.

Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría: