PDF Imprimir E-mail
O Encaixe de Camarinas na Feira Matiz en Madrid

Nota de prensa que nos mandan desde a organización da Mostra do Encaixe e na que se nos comenta o éxito acadado pola delegación camariñana que asistíu a promocionar o Encaixe de Camariñas na Feira Matiz na capital de España.

 Image

O Encaixe de Camariñas está presente na feira Matiz que se está a celebrar en Madrid desde o xoves, día 10 ao domingo, día 13.O stand co que participamos consiste nunha exposición-venda do enxoval doméstico e agasallos ( pertencentes a tres tendas ),promoción da Mostra do Encaixe mediante folletos e medios audiovisuais, así como, exposición de deseños de grandes deseñadores (dous por día) e promoción turística de Camariñas.

A delegación  está composta por:
  • Elba Ferrín, representante do Concello, e tres comerciantes de encaixe:
  • Mónica Pose ( Encaixes Mónica)
  • María Pasantes ( Encaixes Gelina)
  • Rosa Liñeiro (Asociación Palillada).
Segundo a información facilitada polas asistentes, dita feira está sendo un éxito para a promoción do Encaixe de Camariñas.

 

Comentarios:

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Por favor, registrate para calificar.

Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría: