Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 18 de Agosto de 2012 09:00   
Voda de Chabely e Felipe de Lin
Chabely e Felipe, en Santiago durante a realización da reportaxe gráfica da súa prevodaXa levaban uns cantos anos xuntos, namorados, pero finalmente decidiron regularizar a súa unión aos ollos de Deus: este sábado 18 de agosto de 2012 Chabely e Felipe de Lin contraerán sagrado matrimonio na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Farano ante as súas familias e unha extensa nómina de invitados estando presente para inmortalizar tan feliz acontecemento o fotógrafo Diego Alonso Freire e tendo lugar o ágape nun famoso ristorante muxián. Pero sobre todo alí tamén estará o recordo do Señor Edelmiro Campaña López, Lin, pai do noivo, falecido un 19 de decembro de 2010 e do Señor Javier, pai da noiva, que falecía no afundimento da súa embarcación preto do Estreito de Gibraltar alá polos anos 80. Estarán unhas nais orgullosas, exemplos de mulleres camariñanas traballadoras: Pilar Carril e Lola da Gallega, alma e corazón que sempre será do seu amado Club Náutico de Camariñas. Ponse deste xeito punto e final, digno corolario, ao pesadelo xudicial que esta parella sinxela, humilde, namorada, vivío a conta dun caso contra unha familia no que finalmente acabou triunfando a máis pura xusticia. Chabely e Felipe ¡¡Felicidades parella!!

Comentarios   

 
+2 #1 parabensjesus 2 18-08-2012 20:16
parabens parella sinto non estar ai pero o traballo manda parabens de boso primo suso cris jose e xavier
Citar
 

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

276 días antes
Voda de Chabely e Felipe de Lin
Xa levaban uns cantos anos xuntos, namorados, pero finalmente decidiron regularizar a súa unión ao

525 días antes
Cabodano de Edelmiro Campaña, Lin
Este vindeiro luns 19 de decembro cumprirase o primeiro cabodano do falecemento de Edelmiro Campaña

528 días antes
Indulto a Felipe Campaña Carril
Todo pesadelo chega ao seu fin. Nas primeiras horas da mañá deste xoves 8 de decembro de 2011 re

788 días antes
5300 firmas apoiando a Felipe
Hai exactamente unha semana que se celebrara no Salón de Plenos do Concello de Camariñas o acto

806 días antes
Apoio do CNC a Felipe de Lin
Semana intensa esta última no Club Náutico de Camariñas. Vaiamos por partes, en primer lugar, des
Por favor, registrate para calificar.