Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 10 de Diciembre de 2011 08:06   
Indulto a Felipe Campaña Carril

Fran Caamaño nunha das visitas que realizaou a Camariñas para coñecer personalmente a situación de Felipe

Todo pesadelo chega ao seu fin. Nas primeiras horas da mañá deste xoves 8 de decembro de 2011 recibíamos a noticia da publicación no Boletín Oficial do Estado do indulto a Felipe Campaña Carril. E recibíamos esta tan esperada nova da man dunha das persoas que máis influiu para que o Ministro de Xustiza (en funcións tamén) Francisco Caamaño optara pola decisión final de declarar indultado ao noso veciño. Culmina así unha larga loita que comezou hai xa catro anos, casi tantos como ten esta web de Camarinas.eu que dende o primeiro momento volcouse cos nosos veciños inxustamente condenados. Chega o momento de comezar unha nova vida para Felipe, o único dos irmáns Lin que tiña cargos en contra súa con unha probable e inminente entrada en prisión de non resolverse o indulto canto antes. En fin, quedará para a historia de Camariñas toda a labor desenrolada polo noso pobo unido na defensa dos irmáns Lin e representada dende o primeiro momento pola redacción e os usuarios de Camarinas.eu. Loita que quedará inmortalizada para sempre nestas páxinas. Dende esta redacción queremos agradecer ás persoas que traballaron e intercederon co Ministro de Xustiza Francisco Caamaño para conseguir o indulto para Felipe. Como decíamos na anterior noticia: é do que se trata, de arranxar problemas, de unir. Nunca de dividir.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 25 de Marzo de 2011 11:36   
5300 firmas apoiando a Felipe

O pleno aprobou por unaminidade pedir o indulto para Felipe Campaña Carril

Hai exactamente unha semana que se celebrara no Salón de Plenos do Concello de Camariñas o acto plenario onde se aprobou por unaminidade por parte da corporación municipal pedir ao Ministerio do Interior o indulto para Felipe Campaña Carril. Dende que o Tribunal Supremo absolvera a Manuel, Carlos e Felipe Campaña Carril, a Chabeli Campaña Caamaño e  Manuel Caamaño Barreiro dos delitos polos que foran inxustamente condenados a loita centrouse despois na petición do indulto a Felipe así como o recurso de amparo ao Tribunal Constitucional para conseguir anular así o posible ingreso en prisión do noso veciño por un delito de tenencia de explosivos (exactamente 4 kg. de bombas de palenque). Con todo esto creemos que moi pronto veremos xa concluído este pesadelo que conmocionou a nosa vila e que Camarinas.eu xunto cos seus uruarios defenderon como unha grave inxustiza dende o primeiro momento, a primeira hora, cando as forzas de seguridade interviñan as casas dos nosos veciños ese tráxico mércores 19 de setembro de 2007 (mentras outros pedían prudencia e silencio)  ata o día de hoxe, un 25 de marzo de 2010 no que un dos principais responsables da loita está de cumpreanos. Efectivamente,  Juan Esteban Campaña Carril, o noso querido e admirado Estudiante cumpre hoxe 48 magníficos anos rodeado dos seus seres queridos. E a pesar de que aínda temos na memoria e de toda a familia Lin a recente e irreparable perda do Señor Edelmiro Campaña "Lin", desde camarinas.eu queremos celebrar este día especial do noso amigo cunha homenaxe sincera ao home que levou o peso da loita e que esperamos conclúa coa absolución definitiva do seu irmán Felipe Campaña Carril. ¡FELICIDADES ESTUDIANTE!
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 02 de Marzo de 2011 13:06   
Recollida de firmas a favor de Felipe

Camarinas.eu súmase a campaña de recollida de firmas para solicitar o indulto de Felipe de Lin

Cando o 25 de novembro de 2010 o Tribunal Supremo absolvía aos armadores camariñáns das inxustas acusacións do delito de pesca con dinamita aquí en camarinas.eu xa decíamos que a próxima batalla por librar sería a da liberdade de Felipe Campaña Carril, ao manter o TS a sentencia da Audiencia Provincial da Coruña que o condeaba a catro anos de prisión por tenencia de explosivos. Pois ben, ese momento é chegado e todo o concello de Camariñas debe volcarse no apoio á Familia Lin. Segundo puido saber camarinas.eu a Familia Campaña Carril inicia dende xa unha campaña de recollida de firmas para solicitar ao Goberno o indulto de Felipe baixo o lema "TODOS CON FELIPE", polo que animamos a todos os nosos lectores a sumarse á mesma firmando nas follas que xa se están repartindo masivamente por tódolos recunchos de Camariñas.
Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 8