Voda de Chabely e Felipe de Lin

Xa levaban uns cantos anos xuntos, namorados, pero finalmente decidiron regularizar a súa unión aos ollos de Deus: este sábado 18 de agosto de 2012 Chabely e Felipe de Lin contraerán sagrado matrimonio na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Farano ante as súas familias e unha extensa nómina de invitados estando presente para inmortalizar tan feliz acontecemento o fotógrafo Diego Alonso Freire e tendo lugar o ágape nun famoso ristorante muxián. Pero sobre todo alí tamén estará o recordo do Señor Edelmiro Campaña López, Lin, pai do noivo, falecido un 19 de decembro de 2010 e do Señor Javier, pai...

Indulto a Felipe Campaña Carril

Todo pesadelo chega ao seu fin. Nas primeiras horas da mañá deste xoves 8 de decembro de 2011 recibíamos a noticia da publicación no Boletín Oficial do Estado do indulto a Felipe Campaña Carril. E recibíamos esta tan esperada nova da man dunha das persoas que máis influiu para que o Ministro de Xustiza (en funcións tamén) Francisco Caamaño optara pola decisión final de declarar indultado ao noso veciño. Culmina así unha larga loita que comezou hai xa catro anos, casi tantos como ten esta web de Camarinas.eu que dende o primeiro momento volcouse cos nosos veciños inxustamente condenados. Chega...

5300 firmas apoiando a Felipe

Hai exactamente unha semana que se celebrara no Salón de Plenos do Concello de Camariñas o acto plenario onde se aprobou por unaminidade por parte da corporación municipal pedir ao Ministerio do Interior o indulto para Felipe Campaña Carril. Dende que o Tribunal Supremo absolvera a Manuel, Carlos e Felipe Campaña Carril, a Chabeli Campaña Caamaño e  Manuel Caamaño Barreiro dos delitos polos que foran inxustamente condenados a loita centrouse despois na petición do indulto a Felipe así como o recurso de amparo ao Tribunal Constitucional para conseguir anular así o posible ingreso en prisión do noso veciño por un...

Recollida de firmas a favor de Felipe

Cando o 25 de novembro de 2010 o Tribunal Supremo absolvía aos armadores camariñáns das inxustas acusacións do delito de pesca con dinamita aquí en camarinas.eu xa decíamos que a próxima batalla por librar sería a da liberdade de Felipe Campaña Carril, ao manter o TS a sentencia da Audiencia Provincial da Coruña que o condeaba a catro anos de prisión por tenencia de explosivos. Pois ben, ese momento é chegado e todo o concello de Camariñas debe volcarse no apoio á Familia Lin. Segundo puido saber camarinas.eu a Familia Campaña Carril inicia dende xa unha campaña de recollida de firmas para solicitar...

O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñáns

O Día da Xustiza O día 25 de novembro de 2010, xoves, quedará enmarcado nos anales da antiga e inmemorial vila de Camariñas como aquel no que por fin se fixo xustiza.  Pouco despois da sobremesa recibíase nesta redacción unha chamada de Juan Esteban Campaña Carril, o noso querido e admirado Estudiante, unha chamada portadora dunha noticia esperada e anhelada dende que hai xa máis de tres anos se desatara o inferno para dúas familias deste concello inxustamente tratadas pola prensa, polos corpos e forzas de seguridade do Estado e polos tribunais ata o día de hoxe no que se...

Sentencia xudicial sobre o Caso Lin

Disconformidade absoluta De ser certas as informacións xornalísticas que pululan por ahí, nos pois como din os políticos nestes casos: acatamos pero non compartimos. Non compartimos en absoluto. Nun país no que asesinos, violadores e maltratadores da peor especie reciben penas leves de prisión ou xa nin as reciben e no mesmo día no que sete acusados apresados in fraganti con ¡¡112 kilos de cocaína!! saen libres en Valencia, condenar a tres humildes irmáns mariñeiros, os Campaña Carril a catro anos, a Manuel Caamaño a tres e a Chabeli a dous anos, parécenos unha obscenidade. Con todo, débese manter a...

A familia Lin xa ten as licencias de pesca

¡Remata o pesadelo, os barcos dos Lin xa poden ir ó Mar! Camarinas.eu móstrase hoxe exhultante ca vaga de noticias boas que se están a suceder hoxe. Primeiro contábamosvos o nacemento de María, a filla de Jorge e Vanessa, e agora chéganos a noticia de parte da familia Lin que xa teñen as licencias de pesca dos seus dous barcos para poder seguir traballando. Todo pesadelo chega a seu fin e este non podía ter outro final. Desde camarinas.eu queremos dar a noraboa a esta querida familia e non podemos estar máis contentos por eles. Tantos meses de sufrimento... desde...

Forte varapalo do TSXG á Conselleira de Pesca

O TSXG devolve as licencias de pesca á Familia Lin Esta imaxe, tan anhelada, volverá a verse no día da Nosa Festa do Carmen Tal e como recolle hoxe o diario La Voz de Galicia, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), órgano que culmina a organización do poder xudicial na Comunidade Autónoma Galega, resolvío deixar sen efecto a suspensión das licencias de pesca dos barcos da Familia Campaña Carril "Lago Dos" e "Manuel de Lin", o cal sen dúbidas supoñe un forte varapalo á decisión adoptada no seu día por Carmen Gallego, Conselleira de Pesca. O Tribunal entende no...

Oda de Bufardo adicada á Familia Lin

¡Feliz cumpreanos Felipe! ¡¡Feliz Cumpreanos Felipe e oxalá volvas a ver esta imaxe no Día do Carme!! No día do cumpreanos do querido amigo e fiel usuario de camarinas.eu Felipe Campaña Carril decidín repescar do noso libro de familia unha das mellores composicións que se escribiron no mesmo, e ésta non podía ser de outro que do noso xenial Bufardo o cal dedícalle á Familia Lin o seguinte relato: LA LICENCIA DE PESCA EN EL CORREDOR DE LA MUERTE: Yo soy una licencia como otras muchas. Nací en un mes cualquiera de un año que poco importa. Mi alumbramiento tuvo...

Manifestación en apoio aos mariñeiros de Camariñas

Camariñas, chea de rabia, non puido conter as bágoas. Nin a chuvia puido parar a rabia do pobo camariñán manifestada hoxe polas rúas da nosa vila Os camariñáns saíron a rúa para apoiar aos nosos mariñeiros nun día de chuvia, gris, triste e melancólico... pero ahí estuvo todo o pobo de Camariñas. Arredor de 1000 persoas encamiñaron o recorrido que vai desde o Concello ata a lonxa vella. Alí, cando Manuel de Lin colleu o micrófono, a xente non pudo conter as bágoas. O manifesto leído ao final da manifestación pedíu expresamente á Consellería de Pesca a devolución das...