Inicio arrow Camelle - Arou
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Guests: 16
Members: 3

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8962409
    Noticias de Arou e Camelle
    Dragado do Porto de Camelle
    (67 votos)
    Curiosidades
    miércoles, 03 de febrero do 2010

    A futura praia de Camelle

    Un camión deposita na praia de Camelle as areas limpas procedentes do dragado da súa dársena
    Un camión deposita na praia de Camelle as areas limpas procedentes do dragado da súa dársena

    Nun día radiante, pleno de sol e luz, camarinas.eu decidío achegarse ata Camelle para comprobar o curso de dúas obras paralelas pero complementarias. En primeiro lugar, e tras faraónica construcción do porto exterior, estase a levar a cabo o dragado da dársena que conlevará o aumento do calado no borde do muelle vello. A area que recolle unha vella pala é apilada nun terreno ao lado do polideportivo municipal mentras que a recuperada pola draga Beatriz María é depositada na praia de Camelle xa no ámbito da segunda das obras en cuestión: a dunha rexeneración da praia ca intención de facela máis atrainte para o turismo. O caso é que a Asociación A Pergoliña andaba non moi contenta ca forma na que a empresa adxudicataria da obra, Construcciones López Cao, estaba a levar a mesma pola formación dunha serie de impresionantes gavias, cicatrices a ceo aberto, que cruzaban o areal ca auga procedente das abundantes chuvias invernais. Finalmente, as denuncias surtiron efecto e unhas tuberías subterráneas canalizarán estas indesexadas augas cara ó mar. Como no verso de Jorge Manrique: "Nuestras vidas son los ríos que van a dar al mar...".

     
    Bautizo de Saray Tedin Bouzas en Arou
    (71 votos)
    festas en arou
    martes, 12 de enero do 2010

    Bautizo de Saray, filla dunha estirpe de percebeiros

    Pastora, a madriña de Saray, sostén a preciosa criatura no día do seu bautizo flanqueada pola súa nai
    Pastora, a madriña de Saray, sostén a preciosa criatura no día do seu bautizo flanqueada pola súa nai

    Este frío e xélido sábado 9 de xaneiro de 2010 era bautizada a pequena Saray Tedín Bouzas na igrexa de San Bartolo de Arou. Esta preciosa neniña, filla dos nosos queridos amigos Daniel Tedín e Marisol Bouzas, ven a aumentar unha familia provinte dunha das estirpes percebeiras máis antigas da Costa da Morte. Daniel e o seu fillo maior embárcanse día a día na súa lancha para arriesgar a vida e recolectar o preciado marisco que  dará de comer a toda a familia mentras Marisol, agora xa retirada dos percebes, agarda no fogar coidando a súa preciosa filliña Saray. En camarinas.eu estamos encantados de poder dar este tipo de noticias. Noticias que son ao mesmo tempo esperanzadoras para a familia de Saray como para o conxunto dun concello en continuo retroceso demográfico. Pulsa na imaxe principal para poder ver unha galería fotográfica do acontecido este sábado pasado na Igrexa de San Bartolo de Arou. ¡Felicidades Saray!

     
    Palilladas na Casa da Cultura de Camelle
    (58 votos)
    Sociedade en Camelle
    sábado, 21 de noviembre do 2009

    As palilladas modernas en Camelle

    A conciencia de grupo dos veciños de Camelle ten o seu mellor reflexo nas palilladas colectivas
    A conciencia de grupo dos veciños de Camelle ten o seu mellor reflexo nas palilladas colectivas

    Camarinas.eu volveu esta semana a Camelle nun deses crudos días invernais que tanto caracterizan a esta franxa atlántica chamada Costa da Morte. Entre grandes rachas de vendaval e algún  chiquito que outro fixamos a nosa atención na alumeada Casa da Cultura na que se estaba a celebrar unha das habituais palilladas voluntarias ás que acuden algunhas das moitas boas palilleiras que residen nesta coñecida vila de artistas. O caso é que estas mulleres camellanas fai tempo que veñen xuntándose para palillar como se facía antigamente ca diferencia de que agora non están a luz dun candil de carburo senón que se reúnen nun dos locais máis innovadores e modernos (e caros tamén...) do Concello de Camariñas.

    Entre os sonidos dos palillos e os murmullos das palilleiras poidemos percibir un sonoro acento bonaerense que tamén nos sorprendeu. Tratábase dunha veciña de Arou chamada Genara que reside habitualmente en Buenos Aires e que chegou hai uns días á súa terra galega. Genara quedou gratamente sorprendida ao saber con quen estaba a falar e comentounos emocionada que a maioría dos emigrantes camariñáns na gran Capital Federal fanse eco das novas da súa terra por medio de camarinas.eu cousa que nos agradou profundamente. Pois para que o vexan alá no Gran Buenos Aires, con todos vostedes: "As Modernas Palilladas de Camelle".

     
    Novo documental sobre Manfred Gnadinguer
    (56 votos)
    Curiosidades
    miércoles, 21 de octubre do 2009

    Chita, protagonista dun documental sobre Man

    Só camarinas.eu estaba presente en Camelle este domingo para captar un momento da entrevista a Chita
    Só camarinas.eu estaba presente en Camelle este domingo para captar un momento da entrevista a Chita

    Foi naquela ofensiva desesperada emprendida por camarinas.eu nos seus míticos primeiros días para reivindicar o legado de Manfred Gnadinguer e salvalo do lamentable olvido no que esmorecía, cando da man da camellana Silvia Baña Rodríguez camarinas.eu entrevistaba á que foi á mellor amiga e coñecedora de Man ao longo de toda a vital travesía artística que levou ao xenio iconoclasta alemán a residir na vila máis norteña do noso concello. Facéndose eco dunha reportaxe que acadou uns números só ao alcance do líder histórico da Costa da Morte (máis de 14.300 visitas), unha importante productora que está a realizar un novo documental sobre o Alemán de Camelle entrevistaba este domingo 18 de outubro a Concepción Regueira, Chita, no Paseo Marítimo camellán. Un documental que quizá axude a remover conciencias e logre eliminar as derradeiras trabas burocráticas que impiden a salvación dun legado en perigo de morte. Tal vez sexa xa demasiado tarde. Nese caso, só nos quedará o recordo e para recordar, ninguén mellor que Chita, a gran amiga do xenio teutón.

     
    Humoristas de Camelle na Festa da Palilleira
    (68 votos)
    Curiosidades
    viernes, 09 de octubre do 2009

    Video especial da Festa da Palilleira

    A inciativa e xenialidade das xentes de Camelle queda demostrada con creces neste impresionante vídeo
    A inciativa e xenialidade das xentes de Camelle queda demostrada con creces neste impresionante vídeo

    A comisión de festas de Camelle patroneada por Perla hai uns días que levan vendendo un DVD de video moi especial para recadar fondos para as próximas festas camellanas. Neste DVD está recollido todo a xenialidade que tivo un pequeno pobo mariñeiro coma Camelle ao inventar e improvisar unha espectacular obra teatral mentras trascorría a Festa da Palilleira organizada por esta impresionante comisión de festas. Neste acto colaboraron máis de 100 veciños da vila norteña do noso concello así como tódolos integrantes da comisión e coa colaboración especial dun atónito Marcial Mouzo que coma o cámara que grababa as imaxes, non daban creto a toda esta xenialidade... o caso é que dentro desta noticia presentámosbos a todos os usuarios de camarinas.eu en exclusiva un pequeno recorte de 6 minutos  (o video orixinal dura caseque dúas horas) da delirante escena protagonizada por Marcial Mouzo e dous destes actores improvisados pero case profesionais que formaron parte deste espectacular teatro callejero camellán.

     
    Cartel das Festas de San Miguel en Camelle
    (35 votos)
    Festas en Camelle
    jueves, 24 de septiembre do 2009

    1ª Festa dos Callos en Camelle

    Camelle, o pobo das grandes iniciativas colectivas, prepárase para outra gran festa máis
    Camelle, o pobo das grandes iniciativas colectivas, prepárase para outra gran festa máis

    En camarinas.eu xa estabamos recollendo os nosos bártulos para hibernar todo esta estación outonal que se nos ven enriba cando nos sorprendío pola calle unha das comisións de festas máis activas e traballadoras que se viron en moitos anos na Costa da Morte: non podía ser outra que a Comisión de Camelle que nos presentou o cartel das próximas festas que terán lugar este fin de semana na vila máis norteña do noso concello e que desta volta honrarán a San Miguel.

    Ademáis das típicas verbenas a cargo de orquestras de renombre, esta comisión ten previsto realizar paralelamente algunhas actividades máis neste fin de semana festeiro camellán. Algo que, por outra parte, ven sendo habitual neste grupo de amigos da comisión e que animarán o ambiente ata niveles estratosféricos. Por exemplo, o venres a eso das nove da noite realizarase unha gran degustación de callos ao mesmo tempo que se convocará o "2º Concurso de Disfraces de Camelle" e que, visto o visto na "1ª Festa da Palilleira" promete risas e carcajadas a esgalla. Pulsa na imaxe para ler o cartel completo da Festa de San Miguel 2009 en Camelle.

     
    Nota de prensa de Mercedes Martin
    (60 votos)
    Politica en Camelle
    viernes, 18 de septiembre do 2009

    A concelleira do PSOE por Camelle Mercedes Martín remite a camarinas.eu unha personalísima nota de prensa
    A concelleira do PSOE por Camelle Mercedes Martín remite a camarinas.eu unha personalísima nota de prensa

    Bueno, ben sabedes que aquí en camarinas.eu non somos moi dados á política e que prudentemente en todo aquel incendiario e polémico tema da Planta da Xandriña nos mantuvemos á marxe, pero sempre procederemos dende a nosa máis estricta neutralidade e obxectvidade a publicar todas aquelas notas de prensa que os partidos políticos camariñáns ou os seus integrantes nos remitan. Desta volta a concelleira socialista por Camelle, Mercedes Martín, envíanos unha incendiaria carta onde carga contra "os camelláns de fin de semana" e afirma que ca decisión da Xunta de Galicia de suprimir a planta acuícola da Xandriña Camelle perderá unha oportunidade histórica. Pulsa na imaxe para ler a nota de prensa remitida por Mercedes Martín.

     
    Procesion do Sacramento de Camelle
    (70 votos)
    Festas en Camelle
    jueves, 10 de septiembre do 2009

    Camelláns de tódalas idades non se quixeron perder unha Procesión do Sacramento que estivo a rebosar
    Camelláns de tódalas idades non se quixeron perder unha Procesión do Sacramento que estivo a rebosar

    camarinas.eu segue facendo máis pola unión das xentes do concello en torno a unha idea común que todas as asociacións civiles e políticas do concello xuntas e desta volta procedemos a publicar unha amplia reportaxe fotográfica dunha das máis antigas tradicións que todas as boas xentes de Camelle repiten ano tras ano con gran entusiasmo e devoción: a da Sagrada Procesión do Sacramento que ten lugar a comenzos de cada setembro e onde unhas impresionantes alfombras florais toman todo o protagonismo e demostran  o bo facer e o arte duns veciños especialmente implicados en todas aquelas inicativas e proxectos colectivos que beneficien ao Camelle da súa alma. Camarinas.eu volve aos seus oríxenes, a onde comenzou todo, cunha impresionante galería fotográfica de 90 imaxes que deixa constancia dunha das manifestacións colectivas máis fermosas e antigas deste Concello.

     
    Festa do Sacramento de Camelle 2009
    (67 votos)
    Festas en Camelle
    domingo, 06 de septiembre do 2009

    Fin de semana de festa en Camelle

    O noso querido amigo Marcial Mouzo non se quixo perder esta 1ª edición da Festa das Palilleiras de Camelle
    O noso querido amigo Marcial Mouzo non se quixo perder esta 1ª edición da Festa das Palilleiras de Camelle

    Pois para ser a primeira vez, hai que decir que este fin de semana inicial do setembro do 2009 no que en Camelle fixeron coincidir a 1ª Xuntanza das Palilleiras e a Festa do Sacramento foi en éxito total, tal e como pudo comprobar camarinas.eu  en dúas xornadas intensivas de sábado e domingo adicadas á nosa querida vila norteña. Na xornada sabatina co arte en vivo das mulleres camellanas animado polo bo facer xornalístico do noso amigo Marcial Mouzo e cunha discoteca móvil que levou o ritmo polas rúas ata altas horas da madrugada. O domingo cunha impresionante misa e procesión, ca actuación da orquesta Jocker e cun partido entre solteiros e casados que enchío de sorrintes aficcionados o Paseo Marítimo Camellán. Pulsa na imaxe  para ver unha galeria de 125 fotografías do que dou de si a Festa do Sacramento 2009 en Camelle: o territorio das grandes iniciativas ciudadanas.

     
    Festas de San Bartolo de Arou 2009
    (55 votos)
    festas en arou
    jueves, 20 de agosto do 2009

    A churrascada que faltaba: Arou

    O sábado 22 gran churrascada e o luns e martes sesión vermouth e verbena en Arou
    O sábado 22 gran churrascada e o luns e martes sesión vermouth e verbena en Arou

    Pois agora si que xa están todas: cada parroquia do noso concello ca súa correspondente Gran Churrascada. E tamén todas elas visitadas por camarinas.eu na súa Semana Grande. Nesta ocasión foi o noso querido amigo Germán Mouzo, Presidente da Comisión das Festas, o que nos conta que de sábado a martes (con descanso o domingo) están preparadas en Arou unhas impresionantes festas en honor a San Bartolo, o santo que supostamente predicou o cristianismo nas caucásicas terras de Armenia, sendo lamentablemente martirizado por elo. Unhas festas que serán as primeiras co novo Paseo Marítimo e ca recentemente renovada Rúa da Praia, o que evitará sucesos como os acaecidos o ano pasado e que reproducimos no interior desta noticia a través dunha galería fotográfica. Orquestas do mundo: xa podedes achegarvos tranquilas pola nosa querida Arou.

     
    << Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

    Resultados 1 - 10 de 39

    InmoCamarinas.eu

    Image

     

    Teu Correo

    Nome de usuario
    Contrasinal