Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 27 de Septiembre de 2011 08:50   
Inauguración da EDAR de Camelle e Arou
Politica en Camelle
O Conselleiro recibe por segunda vez os documentos do proxecto do saneamento de XaviñaEste luns 26 de setembro de 2011 era inaugurada a impresionante EDAR de Camelle-Arou polas autoridades da Xunta de Galicia e que está xa a rexenerar as augas fecais de ditas poboacións do concello dende hai uns meses. A dito acto foron invitados gran parte da corporación municipal de Camariñas entre os cales se atopaban o Alcalde Pichurri entre outros representantes de ámbolos partidos. O Conselleiro de turno encargado de realizar a inauguración foi Agustín Hernández (agora cunha barbiña moi coqueta) que xa inaugurou tamén a EDAR da Ponte do Porto. Un conselleiro que pouco máis fixo por Camariñas que inaugurar obras que proxectaron e realizaron outros gobernos anteriores, sin embargo, ten a posibilidade de enmendar a súa penosa traxectoria co noso concello e tratar de levar a cabo o saneamento integral de Xaviña que a pesar de xa estar aprovado polo goberno de Touriño foi rechazdo por parte deste conselleiro quedando así Xaviña como a única parroquia de Camariñas sen esta valiosa característica para o desenrolo dun pobo. O proxecto de dito saneamento de Xaviña xa o ten o conselleiro Agustín Hernández nun dos seus caixóns do seu luxoso despacho de Santiago dende a inauguración da EDAR da Ponte do Porto xa fai cáseque un ano e este martes foille de novo entregado este proxecto por parte do Alcalde de Camariñas Pichurri para que non se olvide desta petición. En fin, deixámosvos cun video e unhas fotos da visita de Agustín Hernández a EDAR de Camelle e Arou: Un conselleiro especialista en inauguracións.

 

Video do acto



Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar