|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Martes, 27 de Septiembre de 2011 08:50 |
|
| Inauguración da EDAR de Camelle e Arou
|
|
Politica en Camelle
|
Este luns 26 de setembro de 2011 era inaugurada a impresionante EDAR de Camelle-Arou polas autoridades da Xunta de Galicia e que está xa a rexenerar as augas fecais de ditas poboacións do concello dende hai uns meses. A dito acto foron invitados gran parte da corporación municipal de Camariñas entre os cales se atopaban o Alcalde Pichurri entre outros representantes de ámbolos partidos. O Conselleiro de turno encargado de realizar a inauguración foi Agustín Hernández (agora cunha barbiña moi coqueta) que xa inaugurou tamén a EDAR da Ponte do Porto. Un conselleiro que pouco máis fixo por Camariñas que inaugurar obras que proxectaron e realizaron outros gobernos anteriores, sin embargo, ten a posibilidade de enmendar a súa penosa traxectoria co noso concello e tratar de levar a cabo o saneamento integral de Xaviña que a pesar de xa estar aprovado polo goberno de Touriño foi rechazdo por parte deste conselleiro quedando así Xaviña como a única parroquia de Camariñas sen esta valiosa característica para o desenrolo dun pobo. O proxecto de dito saneamento de Xaviña xa o ten o conselleiro Agustín Hernández nun dos seus caixóns do seu luxoso despacho de Santiago dende a inauguración da EDAR da Ponte do Porto xa fai cáseque un ano e este martes foille de novo entregado este proxecto por parte do Alcalde de Camariñas Pichurri para que non se olvide desta petición. En fin, deixámosvos cun video e unhas fotos da visita de Agustín Hernández a EDAR de Camelle e Arou: Un conselleiro especialista en inauguracións.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Lunes, 23 de Mayo de 2011 12:41 |
|
| Ministro de Xustiza en Camelle
|
|
Politica en Camelle
|
Decíamos que as municipais 2011 xa son historia. A postura adoptada por camarinas.eu ante as mesmas voluntariamente foi de perfil baixo: como web líder da Costa Atlántica, exemplo de obxectividade e neutralidade política, decidimos interferir o menos posible na formación da conciencia cidadá que levara aos nosos veciños a votar a tal ou cual señor. Incluso quixo a sorte que os obrigados cambios acaecidos nesta redacción últimamente deixaran a web en stand-by durante os días cruciais nos que se decidía o futuro político do concello. E por vontade expresa dos partidos estivemos alí onde estes quixeron e cubrimos todos os eventos aos que fomos amablemente convocados.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Viernes, 19 de Noviembre de 2010 10:53 |
|
| Inscripción da Fundación Man
|
|
Politica en Camelle
|
| 
Foi un 28 de decembro do ano 2008 cando os estatutos da Fundación Man foron elevados a escritura pública. Bastante antes, en marzo dese mesmo ano o Pleno do Concello de Camariñas decidía por unanimidade aprobar eses mesmos estatutos e crear a Fundación Man, a cal tiña como obxecto declarado a conservación, restauración e cuidado do patrimonio histórico, artístico, cultural e etnográfico do Concello de Camariñas e por extensión da Costa da Morte (que non só de Camelle), elexíndose como sede da fundación o moderno e polifuncional edificio situado na vila máis septentrional do municipio e denominado en honor a Manfred Gnädinger como "Casa do Alemán". Incluso en septembro do 2007 nunha reportaxe de camarinas.eu adicada ao legado de Man xa se falaba dunha futura fundación que resolvería en gran medida ou cáseque totalmente os problemas derivados da conservación da súa obra artística. E finalmente foi este xoves 18 de novembro de 2010 cando a Consellería de Cultura e Turismo (vaia miscelánea, que diría Homer Simpson) procedío a publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución de 11 de outubro deste mesmo ano pola que se procedía a inscribir a Fundación Man no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, acto que lle otorga a personalidade xurídica definitiva a esta institución tan longa e costosamente parida a través dun peregrinar de máis de dous anos e medio. Con todo, o máis difícil está aínda por conquerir: os socios públicos e privados dispostos a aportar altruística, desinteresadamente, a financiación necesaria para a conservación, restauración e cuidado do patrimonio histórico-artístico existente no Concello de Camariñas e tan deixado da man de Deus, os mecenas que traian esa chuvia de millóns que posibilite a miragre. Tal como están os mundos, nun país ca economía na bancarrota máis absoluta, non sería conveniente facerse moitas ilusións.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Martes, 31 de Agosto de 2010 11:56 |
|
| Visita do Conselleiro de Medio Ambiente
|
|
Politica en Camelle
|
| 
Pois antes que o mesmísimo Conselleiro de Medio Ambiente, camarinas.eu xa estivera presente na que foi a entrada en funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais da Ponte do Porto e incluso xa visitara as obras da EDAR de Camelle-Arou. Eso si, como Dios nos touxo ao mundo: sin casco nin peto reflectante e con serio risco da nosa integridade física a través dunhas obras onde a morte podía esperar agazapada tras un letal panel informativo. E obviamente sin a presenza dun enxeñeiro-xefe que guiara os nosos pasos, balbuceantes e inseguros.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Administrador
Viernes, 18 de Septiembre de 2009 21:16 |
|
| Nota de prensa de Mercedes Martin
|
|
Politica en Camelle
|
|
 A concelleira do PSOE por Camelle Mercedes Martín remite a camarinas.eu unha personalísima nota de prensa
Bueno, ben sabedes que aquí en camarinas.eu non somos moi dados á política e que prudentemente en todo aquel incendiario e polémico tema da Planta da Xandriña nos mantuvemos á marxe, pero sempre procederemos dende a nosa máis estricta neutralidade e obxectvidade a publicar todas aquelas notas de prensa que os partidos políticos camariñáns ou os seus integrantes nos remitan. Desta volta a concelleira socialista por Camelle, Mercedes Martín, envíanos unha incendiaria carta onde carga contra "os camelláns de fin de semana" e afirma que ca decisión da Xunta de Galicia de suprimir a planta acuícola da Xandriña Camelle perderá unha oportunidade histórica. Pulsa na imaxe para ler a nota de prensa remitida por Mercedes Martín.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
|
|
Página 1 de 2 |