Día tráxico o deste luns 21 de maio na parroquia de Camelle trala confirmación da triste noticia da morte do noso querido amigo Don Hermindo Pose Méndez aos 52 anos de idade despois dunha dura loita contra unha terrible enfermidade que ao final levouse a vida deste xoven veciño de Camelle. O corpo sen vida de Don Hermindo, querido e respetado por todos aqueles que tivemos a sorte de coñecelo, está sendo velado no Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa do Espíritu Santo de Camelle ás 16:00 horas da tarde deste martes 22 de maio. Xa no sagrado templo camellán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Hermindo para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camelle. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Don Hermindo, especialmente a súa dona Isabel e a seu fillo noso amigo Hermindo nestes duros momentos que están a vivir. Don Hermindo Pose Méndez, Descanse en Paz.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar