Na mañán deste martes 13 de marzo a redacción desta web recibía a triste noticia da morte da Señora Ramona Mosqueira Tajes aos 82 anos de idade confortada cos auxilios espirituais na casa do seu fillo Luis, onde vivía estes derradeiros anos. Dona Socorro de Pepe de Heleodoro, como era popularmente coñecida en toda a vila camellana, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle ás 15:45 horas da tarde deste mércores 14 de marzo. Realizado o funeral de corpo presente desta querida veciña da parroquia de Camelle, os restos mortais de Dona Ramona serán trasladados ao Cemiterio Parroquial de Camelle onde será celebrado o seu sepelio. Alí o corpo sen vida de Dona Ramona terá merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Ramona Mosqueira Tajes. Descanse en Paz.

NOTA: Haberá servicio de autobús saíndo dende Camelle ás 14:00 horas e pasando por Arou, Ponte do Porto e Xaviña cara o Tanatorio Municipal de Camariñas. Posteriormente unirase outro autobús con dirección ao Cemiterio Parroquial de Camelle.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar