Este mércores 7 de febreiro de 2018 falecía na súa casa a querida veciña de Camelle Dona Nieves Pérez Carracedo aos seus 78 anos de idade. O corpo sen vida de dona Nieves do Piollo, como era cariñosamente coñecida en toda a vila camellana, está sendo velada na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle na tarde deste xoves 8 de febreiro de 2018 ás 16:15 da tarde. Pouco despois será celebrado o funeral de corpo presente de Dona Nieves no santuario camellán para despois ser celebrado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Camelle onde os restos mortais de Dona Nieves terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Nieves Pérez Carracedo, Descanse en Paz.

NOTA: Salirá un autobús dende Camelle que pasará por Arou con destino ao Tanatorio da Ponte do Porto que despois acompañará o féretro do defunto ata a igrexa de Camelle. Posteriormente unirase outro autobús que trasladará aos asistentes ao sepelio ata o Cemiterio Parroquial de Camelle.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar