Na tarde deste sábado 3 de febreiro falecía na súa casa o querido veciño de Camelle Don Jaime Vázquez Blanco aos seus 97 anos de idade. Os restos mortais de Don Jaime de Alonso, como era máis coñecido na vila camellana, están sendo velados no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán ás 16:45 da tarde deste domingo 4 de febreiro cara a Igrexa do Espíritu Santo de Camelle donde será celebrado o funeral de corpo presente de Don Jaime. Acto seguido procederase a realizar o sepelio deste respetado veciño no Cemiterio Parroquial de Camelle. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Don Jaime Vázquez Blanco. Descanse en Paz.

NOTA: Salirá un autobús dende Camelle ás 16:00 horas que pasará por Arou con destino ao Tanatorio da Ponte do Porto que despois acompañará o féretro do defunto ata a igrexa de Camelle. Posteriormente unirase outro autobús que trasladará aos asistentes ao sepelio ata o Cemiterio Parroquial de Camelle.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar