Despois da traxedia máis abosluta que se cebou con Camelle coa repentina morte do xoven pai de familia José Secundino, chegou a esperanzadora axuda que todo un pobo brindaba exemplarmente hacia a desvalida familia do noso querido amigo que deixaba a súa muller Tatiana viúva, con dous fillos de 2 e 6 anos e un pequeniño en camiño. Achegas económicas dende asociacións, institucións, clubes deportivos, persoas de todo o concello así como autónomos e profesionais que se ofrecían voluntariamente para axudar na medida das súas posibilidades a esta familia que se sumía na desesperación trala morte do seu amado pai. Todos unidos, nun exemplo de solidaridade sen precendentes, para tratar de levar adiante a esta xoven nai que queda viúva con tres pequenos e que quedaba desamparada trala terrible e desgraciada morte de José Secundino, ata chegar con estas axudas a mercar unha casiña en Camelle para esta familia.

Pero estaba por chegar a guinda que culminaría todas estas axudas: unha donación para esta familia por parte dun anónimo que entregaba un total de 6000 euros ao nome de Tatiana Alves, a viuva de José Secundino. Anunciabao ao finalizar a misa do domingo o noso querido páter Don Eduardo no sempre ateigado templo camellán. Un doante anónimo procedente de Carballo daba en man ao mesmísimo Don Eduardo esta cantidade que o noso cura facía entrega este domingo ás responsables da asociación A Pergoliña como xestoras dos donativos á familia de José Secundino. Unha axuda económica que servirá para atender as necesidades básicas dos pequenos de José Secundino e que entregaba Don Eduardo, feliz por tan xeneroso donativo, a esta familia tan necesitada. Esperemos que, na medida do posible, podamos entre todos levar adiante a familia do noso querido amigo José Secundino. Seguro que él, alá onde estea, se sentirá agradecido e orgulloso do seu pobo e dos seus amigos.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar