Este próximo 28 de decembro cúmprense 15 anos do pasamento de Man, o alemán de Camelle. Na súa honra o Concello de Camariñas quere adicarlle un día especial para conmemorar o seu pasamento con unha serie de actividades para manter viva a súa memoria. Da man do gran artista de Marín Antón Sobral, o día 16 de decembro celebraranse no Museo Man de Camelle as seguintes actividades de acceso gratuíto:

- 10:30 h-12:30 horas “Obradoiro sobre crebas” - O Colectivo artístico “Retoque Retro” fará un obradoiro dirixido a todos os nenos e nenas do Concello de Camariñas no que tratarán de concienciar sobre á reciclaxe do lixo, neste caso para transformalo en arte. (máximo 50 asistentes)
- 13:00 h. Xurxo Souto charla“Man e o mar” - O escritor e actor galego dará unha conferencia sobre a relación de Man co mar.
- 17:00 h. Concerto “Mardeafora” - Mardeafora xorde do desexo de contar historias a través da música, gozando no proceso. Miguel Villanueva (guitarra), Xavier Blanco (guitarra), e Alba Blanco (voz) compoñen a formación deste proxecto.

Ao mesmo tempo tamén se poderá visitar a exposición permanente ou ver como avanzan os traballos de rehabilitación da casa de Man que nas datas nas cales se organiza este día de lembranza do pasamento do Alemán de Camelle estarán a piques de rematar. Para máis información acerca de todas as actividades relacionadas con Man podense poñer en contacto chamando ao teléfono do Museo Man de Camelle: 981 710 224.

Cartel do programa "15 anos sen Man" do Concello de Camariñas


Cartel 15 aniversario da morte de Man de Camelle

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.