O Concello de Camariñas ven de anunciar a licitación das obras de pavimentación e saneamento da Rúa de Abaixo, de Arou, con cargo o Plan de Obras e Servicios (POS+) correspondente a este exercicio económico. O orzamento é de 106.992,13€ e o prazo para a entrega de documentación, por parte das empresas interesadas, é ata o 4 de decembro.

O obxecto das obras é a renovación da rede de saneamento á que se conectarán as augas negras, a construción dunha rede de pluviais, a construción de novas acometidas de saneamento e abastecemento de auga, e a pavimentación da rúa con formigón pulido.

Este investimento sigue a planificación municipal de dotar ás pequenas poboacións con tódolos equipamentos e servizos, segundo nos manifesta o concelleiro de obras Juan Carlos Canosa. En próximas datas, anuncia o mesmo responsable político, haberá noticias con respecto a outra poboación pequena pero cunha gran personalidade, como é Santa Mariña.

Dende Camariñas.eu estaremos ao tanto para trasladar aos nosos lectores estas boas noticias que nos comunica Juan Carlos Canosa. De momento so cabe felicitar aos veciños de Arou porque con esta obra queda practicamente pechado o casco urbano e o contorno da mais fermosa das praias urbanas da Costa da Morte, unha praia que, por outro lado, conta con toda unha flamante bandeira azul.

Aquí vos deixamos unha galería de fotos do estado actual desta importante vía de Arou para que co remate das obras podamos ver un antes e un despois de dita obra.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.