Na noite deste martes 24 de outubro a redacción desta web era conocedora do pasamento da veciña de Camelle Dona María Pose Carracedo aos seus 84 anos de idade. Dona María, moi querida en toda a parroquia de Camelle, era viuva de Don Manolo de Pura e tiña dúas fillas, Mercedes e Mari Pura ás que queremos transmitir todo o noso apoio nestes duros momentos que están a vivir. O corpo sen vida de Dona María está sendo velado na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá este mércores 25 de outubro ás 17:15 cara a súa querida Igrexa do Espíritu Santo de Camelle onde será oficiado o funeral de corpo presente de Dona María. Acto seguido procederase a celebrar o seu sepelio no cemiterio parroquial de Camelle onde os restos mortais de Dona María descansarán eternamente. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Dona María Pose Carracedo. Descanse en Paz.

NOTA: Haberá serviczo de autobuses dende Arou e Camelle ás 16:00 horas con dirección ao Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto.Posteriormente unirase outro autobús para a acompañar á familia na conducción do féretro cara o Cemiterio Parroquial de Camelle.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.