Este luns 18 de setembro de 2018 recibíamos a tráxica noticia do falecemento do veciño de Camariñas D. José Ramón Pasantes Carril aos seus tempranos 58 anos de idade. O cadáver de Don José Ramón era atopado na súa casa de Camariñas este mesmo luns e de seguido foi levantado o cadáver e trasladado a instalacións hospitalarias aínda por determinar onde lle foi realizada a autopsia. O corpo sen vida de D. José Ramón está sendo velado no Tanatorio Costa de Vimianzo dende onde sairá ás 16:30 da tarde deste mércores 20 de setembro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle. Vila onde D. José Ramón estaba casado e tiña dous fillos. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Ramón Pasantes Carril Descanse en Paz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.