A praia de Arou, no Concello de Camariñas, acaba de conseguir bandeira azul por primeira vez. É a única praia do municipio que conta con este distintivo. O areal é moi concurrido durante o verán porque está abrigado dos fortes ventos e as súas augas son tranquilas. Conta con todos os sevizos e ao seu carón atópase un aparcamento para os vehículos e un parque infantil onde poden disfrutar os máis pequenos. Dende o Concello de Camariñas queren mostrar a súa satisfacción por acadar a bandeira azul para esta praia, o que mostra que se atopa en excelentes condicións para o baño, tal como se acaba de recoñecer con este distintivo. A praia tamén está dotada de bos accesos para os bañistas. A pesares de ser a única praia do municipio que conta con bandeira azul, o Concello de Camariñas está rodeado de excelentes areais, que se converten nun gran reclamo turístico durante o verán.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.