Na tarde noite deste xoves 18 de xuño de 2015 a redacción desta web coñecía a tráxica morte do querido veciño de Camelle Don Eleuterio Marcote Carracedo. Don Eleuterio, de 77 anos de idade, falecía despois dunha longa loita contra unha enfermidade que ao final acabou coa vida do noso querido amigo. O corpo sen vida de Don Eleuterio está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá as 20:30 da tarde deste venres 19 de abril cara a Igrexa Parroquial de Camelle onde será celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Eleuterio, especialmente a súa dona Carmen, súa irmán Magarita así como aos seus sobriños e amigos desta redacción Macarena e Juan Carlos Canosa Marcote. Descanse en Paz.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar