Centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, “MAN: Mar, Arte e Natureza”, é un produto turístico-cultural que, a través do Grupo de Acción Costeira 3 Costa da Morte e grazas a financiación con fondos europeos, persigue coma fin fomentar o turismo na comunidade costeira local.

A través de diversos obradoiros de arte organizados que se levaran a cabo durante o mes de maio para o público xeral e as xentes do lugar, preténdese amosar aos participantes, o amor e o respecto que Man sentía pola terra e o mar. Artistas e críticos de prestixio internacional deixaron xa a súa pegada nos encontros realizados anos atrás, como Nils Udo, Miguel Ángel Blanco ou Antón Castro.

Os Obradoiros MAN: Mar, Arte e Natureza levaranse a cabo no Museo de Man en Camelle nas seguintes datas:


- Os días 9 e 10 de maio: “Práctica da inocencia intelixente” - Encontro que consistirá en traballar xunto ó director do obradoiro Juan Fernando de Laiglesia e cos coordinadores Marisa de Laiglesia e Antón Sobral; os cales tratarán de conseguir que os participantes leven a cabo creacións artísticas froito da unión coa Natureza, as cales poderán ser materializadas a través de imaxes, obxectos ou diálogos.

- Os días 16 e 17 de maio: “Arte e natureza: As crebas” - Obradoiro dirixido por Francisco X. Fernández Naval e coordinado por Antón Sobral. Este encontro consistirá en pasar dous días traballando coas crebas atopadas nos arredores, co fin de comprender o valor que o home lévalle dando a estes materiais arrastrados polo mar, e que deron orixe a profesión de crebeiro.

Os encontros comezarán o sábado 9 e 16 de maio as 11:00 h no Museo de Man (Casa do Alemán, Camelle) e rematarán o domingo 10 e 17 pola mañá coa posta en común dos traballos realizados. Estes obradoiros contarán cun máximo de vinte persoas que poderán inscribirse a través do número de teléfono 629818199 ou correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CURRICULUM DOS DIRECTORES DOS OBRADOIROS


JUAN FERNANDO DE LA IGLESIA

Formado no Instituto de Humanidades Clásicas de Lima (Perú) e na Facultade de Filosofía de Milán, é Licenciado en Belas Artes e Doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Foi profesor na mesma desde 1975 de Estética e Historia da Arte. Desde 1991 é Catedrático de Escultura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da que foi o primeiro Decano e logo Vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo. Ha impartido desde 1983 programas de doutorado en cinco universidades españolas, defendéndose vinte e oito tese doutorais baixo a súa dirección. Os seus escritos sobre teoría e práctica da arte desde 1975, están recollidos en tres libros “Teoría bruta da forma fráxil” (1998), “Máquina para debuxar metáforas” (2003) e “A desaparición do fetiche entre outras cousas” (2008). Dirixiu ou participado en varios proxectos de investigación financiados en convocatorias competitivas.

Formado nos talleres da fundición Eduardo Capa e a Escola de Belas Artes de Madrid, a súa obra artística expúxose nunhas corenta exposicións entre individuais e colectivas a partir de 1975 combinando sempre diferentes formatos e linguaxes. Desde os retratos dos anos 70 e os tres tipos de figuración - épicas, simbólicas e gráficas- vai derivando cara á exploración dos obxectos. A súa actividade artística actual percorre desde as instalacións interactivas (“canis absconditus”, sala X. 2007 Pontevedra), as propostas de prototipos simbólicos experimentais (“Telescopio transparente”, sala Erdel, 2009. Regensburg), pintura ao óleo sobre carteis de cine ou construcións con materiais atopados.

Francisco X. Fernández Naval

Francisco X. Fernández Naval (Ourense,1956), poeta e narrador. Premio Cidade de Ourense de poesía en 1980 e en 2007 polos libros A fonte abagañada e Miño, respectivamente; premio Xerais de novela en 1988 pola obra O bosque das antas; premio de poesía Fiz Vergara Vilariño 2010 por Bater de sombras e Premio Irmandade do libro, ó mellor libro galego publicado no ano 2012, pola novela A noite branca. Autor dunha ampla obra en galego, que inclúe poesía, novela, relatos, literatura infanto-xuvenil, de viaxes, guións e teatro. Algunhas das súas obras traducíronse a outras linguas, entre elas o castelán, francés, éuscaro, catalán, árabe e ruso.

Como ensaísta publicou en 2014 o libro As crebas, outro xeito de andar ao mar, así como dous libros que analizan a relación do escritor Julio Cortázar con Galicia: Respirar polo idioma, os galegos e Julio Cortázar (Linteo-2006), publicado en castelán pola editorial Corregidor de Bos Aires, e O soño galego de Julio Cortázar (Linteo, 2014), premio Ánxel Casal, concedido pola Asociación Galega de Editores, ao mellor libro de non ficción do ano 2014.

Foto portada: Genaro Díaz

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.