Continúa o incesante goteo de defuncións dentro do noso concello. Este sábado 29 de novembro de 2014 falecía a veciña de Camariñas Dona Carmen Pasantes Ameijenda aos seus 92 anos de idade. Aínda que veciña da Vila das Palilleiras de toda a vida, Dona Carmen resideu durante estes últimos anos na casa de súa filla en Camelle onde tristemente faleceu. Dona Carmen, viúva de Julio da Xaviñana, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá o seu féretro hacia a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para ser celebrado o funeral de corpo presente ás 17:00 horas deste domingo 30 de novembro. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Pasantes Ameijenda. Descanse en Paz

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar