O temporal devastou o Museo de Man e as casas do seu entorno nun día apocalíptico en Camelle

Visitar na mañán deste martes 9 de novembro de 2010 o Museo do Man e as casas do seu entorno equivalía a adentrarse nunha terra devastada, nunha zona cero semellante por momentos ao paisaxe resultante do maremoto de Indonesia ou ao rastro que deixa calqueira dos furacáns que asolan periódicamente o sur de Estados Unidos. O mar reclama os terreos que lle pertencen e cáseque anticipa a destrucción das casas ás que a piqueta da axencia da legalidade urbanística seguramente non tardará en meter man. Un tifón asolou a zona norte do Concello de Camariñas e deixou ao seu paso por Camelle muros de pedra, de bloque, reventados, casas inundadas, piletas volteadas, obras de arte destrozadas, carreteras derruidas... Con todo, o dano cebouse especialmente co Museo de Man onde a simple vista podían vislumbrarse as cicatrices irreparables infrinxidas por un mar desenfrenado e atronador ao entorno artístico máis célebre de toda a Costa da Morte. Posible e desgraciadamente a tempestade que dende a verde Irlanda cubrío a marchas forzadas un camiño de centos de millas marinas para asolar a costa galega marcará un punto de non retorno en relación ao conxunto artístico ao que Manfred Gnadinger consagrou toda unha vida. Triste destino o das artes nestas terras.

{phocagallery view=category|categoryid=257|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

eunon
+2 # SANTA MARIÑA zona ceroeunon 10/11/2010 10:42
camelle zona ceroo?? simplemente polo feito de que fora arrasado o museo do man??
creo q nestes casos o peor son as perdas que sufre a xente e vin na tele a santa mariña(tanto na tvg como na te e sin dubida e a zona cero tal e como deixou tanto camiños como casetas dos pescadores como tamen aparello de pesca!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Manfred
+1 # museo vs chabolasManfred 11/11/2010 22:18
Ninguén duda de que as chabolas sexan importantes para os mariñeiros, do mesmo modo que ninguén duda de que recibirán subvención para reparalas... aínda que foran ilegais... Pero tampouco deberiades dudar de que o Museo de Manfred é algo único, e xa non hai subvención que o arregle. Así que comparar as chabolas co museo, en fín. Aceptamos Santa Mariña Zona Cero, total tamén é Muxía, Nova Iorque, e ahora Santa Mariña. Diego, ti sigue informando, que o fas moi ben. Saúdos.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # O VERDADEIRO ARTEBeldoña 10/11/2010 12:28
A VERDADEIRA ARTE ESTÁ NA NATUREZA.

O home dende os seus orixes intentou sempre copiar a natureza, non conformándose coa elaboración de simples obxetos indispensables para o seu vivir. Sempre quixo ir a mais e progresar, chegando a límites insospeitados, como os que a modernidade de hoxe en día que estamos a disfrutar.
Velaí os formidables chalés que engalanan as súas moradas. Velaí as maxestuosas catedrais das artes góticas, mozárabes, romanas ou modernistas, como as de Burgos, de Sevilla, de Santiago ou a Sagrada Familia de Barcelona…Museo s como o do Prado, ou o Guggenheim de Bilbao…Cadros esplendorosos como as Meninas, ou a Rendición de Breda ( as Lanzas) de Velázquez, os Borrachos de Goya…Obras da literatura universais, como El Quijote, de Cervantes, ou Guerra y Paz de L. Tolstói, poetas como Rosalía, San Juan de la Cuz, ou Dante…Sen embargo, tódalas súas obras, son cativas imitacións, se as comparamos coa que nos “ agasalla” a nai Natureza: eses paisaxes incomparables dos prados fluorescentes na primavera, esas coliñas labradas de formas caprichosas pola forza do vento, esas rías galegas i esas costas de Reira ou o Vilán… Terremotos que derrúen paisaxes i erguen afrodisíacas islas como as de Canarias, o as de Jaba …Espectáculos dun mar enfebrecido, derruíndo canto atopa ao seu paso…Todo iso é o verdadeiro Museo que, a diario, contemplamos. Iso é ARTE e, o demais, é un mero espellismo.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Opina quen quer
+1 # RE: Destrozos en Camelle e Arou IIOpina quen quer 12/11/2010 20:33
Vamos das por supuesto tamén que a chabola do man estaba lejalisada e que é máis importante o arte (para quen o considere como tal, non cho reprocho)que o traballo da xente, que coma en camelle, viven do mar, e ainda que che subvensionen o traballo non cho quita nadie do lombo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Xustiza
+1 # Non so de pan vive o homeXustiza 17/11/2010 01:51
A casa de Man estaba legalizada dende o seu inicio, e máis é una edificacion autosuficiente, e decir non precisa calefación nin aire acondicionado, cunha serie de portas interiores conduciase o ar por toda a casa. E fai + de 40 anos de iso!!! deberiamos de aprender de Man. Os primeiros os mariñeiros, pois deberian coidar máis que ninguen o lugar do que viven.
Responder | Denunciar ante o administrador
Opina quen quer
0 # RE: Destrozos en Camelle e Arou IIOpina quen quer 17/11/2010 22:10
En Santa Mariña tamén hai chabolas feitas dende fai mas de 40 anos, e as demáis teñen o permiso do ayuntamento. Por sierto, a miña casa non ten calefasión nin aire acondisionado e teño que pajar por ela, significa que é autosufisiente? Porque daquela a min estanme tomando o pelo.
Ahora, nunha cousa donche a rasón, todos deberíamos aprender aljo de Man,cuidar o sitio no que vivimos
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar