Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 23 de Agosto de 2011 14:58   
Desaparición dun neozelandés en Traba
sucesos en camelle

CAMELLE É A BASE DA OPERACIÓN DE BUSQUEDA DE UN HOME NEOZELANDES DESAPARECIDO NA PRAIA DE TRABA DE LAXE

En Camelle concéntranse todo o operativo de rescateSalvamento Marítimo, dependente do Ministerio de Fomento, coordina dende a tarde-noite de onte un operativo de busca para tratar de localizar un bañista desaparecido na praia de Traba, en Laxe. Dende primeiras horas da mañá están a efectuar a busca a "Salvamar Mirfak", a embarcación auxiliar do buque "Don Inda" e os helicópteros "Helimer 211" e "Helimer 210" todos eles de Salvamento Marítimo; así como unha lancha da Cruz Vermella, e efectivos de Protección Civil de Laxe, por terra. Así mesmo vanse sumando ao operativo de busca mergulladores da Base Estratéxica de Salvamento Marítimo e da Garda Civil (GEAS).

Arredor das 21:00 horas de onte (hora local), recibiuse unha chamada a través do 112, que alertaba da falta de noticias dun home duns 30 anos e nacionalidade neozelandesa, que entrara a bañarse na praia de Traba ás 18:00 horas e no momento da alerta aínda non regresara. De inmediato, dende o Centro de Salvamento Marítimo (CCS) en Finisterre mobilizáronse medios marítimos e aéreos para tratar de localizar o desaparecido. Os medios que participaron no operativo durante a noite de onte foron os seguintes:

- "Salvamar Altair", permaneceu na zona toda a noite, ata ser relevada ás 5:00 horas pola "Salvamar Mirfak".
- Embarcación auxiliar do buque "Don Inda".
- Helicóptero "Pesca I".
- Lancha Ataín da Cruz Vermella.
- Efectivos de Protección Civil de Laxe-realizaron a busca por terra.

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

unha penajesus camariñas 24-08-2011 10:03 #

e unha pena nonsaver que moitas plaias coma de trava de laxe son perigosas pero os turistas nonosaven e unha magua o dese chaval pensei que non viñan de tan lonxe por que neuzelandes e de nueva zelanda non e si eston errado confirmademo por favor

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar