Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 07 de Febrero de 2011 23:41   
Efectos do Temporal Becky
sucesos en camelle

Camarinas.eu recorda os efectos do Temporal Becky a través dun impresionante vídeo

A noite do pasado 9 de novembro de 2010 marcou o punto álxido dunha tempada invernal 2010-2011 máis suave do previsto no que a temporais se refire. Dende entón unha sucesión encadeada de días de frío e chuvia marcaron a axenda climática dun Concello de Camariñas que non coñecío do retorno de cicloxéneses explosivas de envergadura ás súas terras. Nembargantes a furia que os elementos chegaron a acadar na salvaxe e por momentos apocalíptica noite do martes 9 de novembro será recordada durante anos nas poboacións máis septentrionais do noso concello, unha data na que o mar asolou ata o último recuncho do Porto de Santa Mariña, derruío unha carretera en Arou ou devastou o conxunto artístico posiblemente máis valioso da Costa da Morte.

Agora que se cumpren tres meses exactos do temporal de mar máis devastador que se recorde, camarinas.eu procede a publicar en exclusiva un vídeo que recolle os momentos máis dramáticos do Temporal Becky no seu cume devastador, ca sorpresa dos implicados, a desolación dos mariñeiros de Santa Mariña, ca furia das olas en Arou, ca expectación e  angustia de Camelle...

Vídeo do Temporal Becky



 

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar