Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 26 de Enero de 2012 08:31   
Cetáceo varado na praia de Arou
sucesos en camelle
O cetáceo atopado na praia de Arou en avanzado estado de putrfacciónÉ evidente que os usuarios de Camarinas.eu son o alma-mater desta web que día si e día tamén nos comunican acontecementos e sucesos aos que esta redacción non pode chegar por razóns obvias. Desta volta mándannos dende Arou unhas fotos do cetáceo aparecido estes días nas súas augas e que rematou por encallar en avanzado estado de descomposición no fermoso e concurrido areal da citada poboación norteña. O caso é que aínda que o animal non sexa dun tamaño considerable o cheiro que chega a expeler é moi considerable e polo tanto todo aquel que se aproxime polo impresionante paseo marítimo de Arou vese obrigado a olfatear un intenso hedor a animais putrefactos (tal e como si pasáramos polo Muelle Novo de Camariñas). Entendendo o servizo que esta web realiza para o beneficio de todas as xentes do noso concello, esta redacción púxose en contacto con Protección Civil de Camariñas a cal ao mesmo tempo comunicouse co CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños). Acto seguido Protección Civil volvío a porse en contacto con Camarinas.eu para informarnos de que este organismo enviará unha unidade móbil nas próximas horas hacia a Praia de Arou para catalogar ao animal e proceder á recollida dos restos do mamifero mariño.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 06 de Enero de 2012 09:52   
Traslado de urxencia en Camelle
sucesos en camelle

Momento no que o helicóptero aterriza en Camelle para intentar o traslado

Un veciño de Camelle (Manolo do Roldán) empezouse a sentir mal sobre as 11 da mañán deste xoves 5 de xaneiro do recén comenzado 2012 cando traballaba nunha finca. Inmediatamente foi trasladado ata o centro médico camellán, onde a médica logo de facerlle un electro dou traslado do resultado ao 061 o cal movilizou unha ambulancia e un helicóptero para o seu traslado. O problema xurdío a hora de evacuar o enfermo xa que despois de telo todo arranxado para marchar no helicóptero, éste non puido obter permiso de vuelo debido ás condicións meteorolóxicas de néboa, feito que determinou que finalmente se optase por trasladar o enfermo en ambulancia. Sinalar que tamén se personaron na praia de Camelle a Policía Local, a Garda Civil é os omnipresentes voluntarios de Protección Civil
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 15 de Diciembre de 2011 20:08   
Temporal de inverno 15-12-2011
sucesos en camelle
O temporal deste xoves 15 de decembro deixouse notar na costa de Camelle e ArouÚltimamente ven sendo unha desagradable tradición que os grandes medios de comunicación, ao andar escasos de noticias, magnifican calqueira cousa que aconteza para darlle un tono dramático e así vender a súa historia. Nun setenta ou oitenta por cento dos casos acontece isto que vos contamos cando se trata de anunciar un temporal. E de repente aparecen as unidades móbiles de tódalas radios e televisión esparcidas polos recunchos da Costa da Morte sin que un sepa moi ben que é o que van a retransmitir dende aquí. O caso é que nin esttemporal de mar foi tanto como anunciaban esas olas de 8 metros e nin siquera debería de ser necesaria a proclamación nerviosa polos diferentes gobernos e organismos de vixilancia de alerta algunha. Está ben ser precavidos, non decimos que non, pero tamén é necesario un pouco de bo xuizo ante estas situacións e non infundir o medo entre a poboación, sobre todo si se teñen os medios técnicos e humanos para saber que un humilde temporal de frío, chuvia e vento non vai a pasar a furancán. En fin, coma sempre en Camarinas.eu, houbo un avispado usuario que captou para esta web unhas imaxes do forte oleaxe que azotou esta mañá a costa entre Arou e Camelle que podedes ver a continuación.

 

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 07 de Septiembre de 2011 08:10   
Cetáceo morto na Praia de Arou
sucesos en camelle

¿Outra víctima máis da terrible persecución do Lorcho?

Eran cerca das 9 da noite deste martes 6 de setembro cando na redacción de Camarinas.eu recibíase a urxente chamada doutro avispado usuario da nosa web para informarnos da aparición dun cetaceo na Praia de Arou. O suposto mamífero mariño (que non lobo) era dun tamaño de considerables dimensións e, aínda que non se pudo confirmar a especia á que pertencía, falaban por alí os máis vellos do lugar que se trataría dunha grande toldiña que ven a morrer as tranquilas augas da Praia de Arou ao que outros rebatían esa hipótese e opinaban que podía tratarse dun ¿bebé? de cachalote abandonado pola manada ou morto por unha grave enfermidade... incluso hubo algún redactor desta web que decía cautelosamente que podía tratarse dun tiburón deses asasinos que tanto éxito tiveron no mundo do celuloide. O caso é que o animal pode levar xa varios días morto e á deriva si facemos caso ao deteriorado estado no que se atopa e ao edor pestilente que das súas entrañas emana.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 23 de Agosto de 2011 14:58   
Desaparición dun neozelandés en Traba
sucesos en camelle

CAMELLE É A BASE DA OPERACIÓN DE BUSQUEDA DE UN HOME NEOZELANDES DESAPARECIDO NA PRAIA DE TRABA DE LAXE

En Camelle concéntranse todo o operativo de rescateSalvamento Marítimo, dependente do Ministerio de Fomento, coordina dende a tarde-noite de onte un operativo de busca para tratar de localizar un bañista desaparecido na praia de Traba, en Laxe. Dende primeiras horas da mañá están a efectuar a busca a "Salvamar Mirfak", a embarcación auxiliar do buque "Don Inda" e os helicópteros "Helimer 211" e "Helimer 210" todos eles de Salvamento Marítimo; así como unha lancha da Cruz Vermella, e efectivos de Protección Civil de Laxe, por terra. Así mesmo vanse sumando ao operativo de busca mergulladores da Base Estratéxica de Salvamento Marítimo e da Garda Civil (GEAS).
Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 3