Banner Mostra 2014 3

Novo atentado contra o Club Náutico

PinExt
Share
As oficinas onde se reúne a Directiva do CNC foron obxecto dunha nova sabotaxeConsecuencia da frustración máis impotente, da pura desesperación, resultado inevitable dunha sucesión encadeada de fiascos consecutivos de todo tipo por parte dos seus viles perpetradores, o Club Náutico de Camariñas amanecía este xoves 19 de xullo de 2012 víctima dun novo atentado. Senón era suficiente con que as súas instalacións leven sendo obxecto dunha okupación ilegal en toda regla dende hai xa máis de seis meses, feitos recoñecidos por sentencia xudicial demoledora e incontrovertible, cando este mediodía o Comodoro do CNC Ignacio Martínez Mañas pretendía acceder á oficina na que a Xunta Directiva celebra as súas reunións atopaba que a pechadura fora inutilizada con silicona, facendo polo tanto de todo punto imposible o acceso ao recinto. Curiosamente, esta era a única porta en todo o perímetro náutico en ser saboteada: ao seu carón, a entrada á cafetería okupada ilegalmente estaba en perfecto estado, se ben elo non supoñía que cliente algún accedera pola mesma.

Ante tal estado de cousas, Ignacio Martínez Mañas daba aviso á Guardia Civil, facendo inmediato acto de presencia no lugar do suceso unha dotación da Benemérita, a cal puido comprobar in situ o novo e cobarde atentado de que era obxecto o CNC e recollía a denuncia interposta polo actual Comodoro en nome da institución náutica decana da Costa da Morte, da cal darase oportuno traslado ao Xulgado de Corcubión ao obxecto de que a presente sabotaxe reciba o seu xusto castigo. Probablemente os culpables no andarán por montañas moi lonxanas nen por desertos moi remotos, tal como no seu día afirmara un líder do PP. Fracasados en todo o intentado ata o de agora, tal vez estemos ante unha nova estratexia de actuación por parte dos culpables deste acto noxento, violento e radical, obra dunha mente desquiciada. Neste punto convén lembrar que non hai moito xusto na porta de entrada a unha coñecida cafetería de Buría, Diego Alonso Freire era violentamente embestido por un cociñeiro naviero de ocasión, a pesares de que o Director de Camarinas.eu educadamente se fixera a un lado para permitir ao mesmo o acceso ao local: así, o acompañante deste coñecido asaltador de negocios particulares entraba sen siquera rozar a Diego mentras esta persoaxe, repetido perdedor de eleccións de todo tipo, buscaba unha embestida violenta.

Agora que despois dunha serie de pronunciamentos xudiciais unánimemente adversos para os que pretenderon facerse pola forza co CNC o intento de golpe de estado entra na súa fase terminal (a cal acabará máis pronto que tarde co desahucio pola forza pública dos okupas), tal vez os socios deban ir facéndose á idea do que está por vir, do estado no que se poidan recibir as instalacións actualmente okupadas pola forza e que levan xa seis meses fóra de todo control. Tal vez deban ir facéndose á idea dunha política de terra queimada.

LBL_RELATEDNAME

Comentarios:

Escribir un comentario

Hemeroteca

April 2014
Mo Tu We Th Fr Sa Su
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4
Opacity

Comentarios Camariñas

HomeCamariñasEspeciaisAsalto ao Club Náutico de CamariñasNovo atentado contra o Club Náutico Top of Page
Zo2 Framework Settings

Select one of sample color schemes

Google Font

Menu Font
Body Font
Heading Font

Body

Background Color
Text Color
Link Color
Background Image

Top Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Header Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Mainmenu Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Slider Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Scroller Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Mainframe Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Scroller Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Scroller Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Menu Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image
Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image