Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 09 de Julio de 2012 10:00    PDF Imprimir E-mail
Carmen Lista Carril D.E.P.
Camariñas - Sucesos en Camarinas

A escasos días do seu Santo, falecía este 9 de xullo Dona Carmen Lista Carril

Precisamente no día en que Camariñas encaraba á semana anterior ao Día do Carme, falecía ás dúas da mañán deste luns 9 de xullo de 2012 que recén comenzaba Carmen Lista Carril. Facíao aos 52 anos na súa casa da Carretera do Faro consecuencia do cáncer que viña padecendo hai xa uns cantos anos. Esposa dunha lenda viva da Vila dos Encaixes, Juan Lista Campaña, Jamela, mítico integrante do mellor FC Camariñas da historia, (unha época gloriosa cuias andanzas foron maxistralmente reproducidas en Camarinas.eu polo noso redactor deportivo Juan Manuel Cabrejo Pasantes, recollendo os testimonios do propio Jamela), deixa Dona Carmen dous fillos e unha filla, Verónica. Nembargantes o que fai aínda máis doloroso para a familia o falecemento é que este 9 de xullo constitúe o día do seu santo (Santa Verónica), cumpríndose ademáis nesta data exactamente un ano que se casaba na Igrexa Parroquial de San Xurxo co seu esposo Mario, de Brañas Verdes. O corpo sen vida de Señora Carmen está sendo velado no Tanatorio de San Vicente de Vimianzo e a hora do funeral está sinalada para as 16:30 horas deste martes 10 de xullo. Nestes durísimos momentos, nestas datas tan sinaladas para todo camariñán, Camarinas.eu quere sumarse á dor de Juan Lista Campaña e de toda a súa familia e faille chegar o seu máis sinceiro pésame.  Dª. Carmen Lista Carril, Descanse En Paz.

O corpo sen vida de Dona Carmen Lista Carril sairá do Tanatorio San Vicente de Vimianzo as 16:00 horas acompañado polos seus familiares e amigos co que se prevée que se celebre o funeral de corpo presente ás 16:30 na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Dona Carmen, Descanse en Paz.

Comentarios   

 
+2 #11 RE: Carmen Lista Carril D.E.P.lucia018 10-07-2012 21:14
O meu mas sentido pesame a famila,dios a teña na gloria.
Citar
 
 
+3 #12 RE: Carmen Lista Carril D.E.P.carretera do faro 11-07-2012 16:54
en nombre de toda familia de carmiña lista carril D E P DARLLE AS GRACIAS A TODOS GRACIAS DE CORAZON
Citar
 
 
+2 #13 RE: Carmen Lista Carril D.E.P.oscarmanuel 12-07-2012 13:05
descanse en paz
Citar
 

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

18 días antes
Juan Campaña Castro "O Corroso". D.E.P.
Dramático final de mes de abril de 2013 en Camariñas nos que a vila fica absolutamente conmocion

27 días antes
Francisco Rodríguez Canosa D.E.P.
Na mañán deste sábado 20 de abril de 2013 falecía no Hospital Universitario da Coruña o Señor

42 días antes
Jaime Rey Alvite, Descanse En Paz
No mesmo día, o primeiro venres do mes de abril de 2013, unha mesma plaga, unha fatal enfermidade,

43 días antes
Benjamín Pasantes Tedín D.E.P.
Cara ás 8 da mañán deste venres 5 de abril de 2013 no Centro Oncolóxico de Galicia “José An

47 días antes
Jaime Trillo Ogando D.E.P.
Xusto nos días nos que o Concello para o que traballou cáseque toda unha vida andaba inmerso na vo
Por favor, registrate para calificar.