Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 04 de Enero de 2012 20:55    PDF Imprimir E-mail
Temporal de Suroeste en Camariñas
Camariñas - Sucesos en Camarinas
Unha imaxe propia das praias árticas apoderouse de Camariñas...E ahí ía Bénder, unha vez máis, facendo frente a un vento do suroeste que cortaba a cara, marchando pola Senda Marina ao carón dun mar que co seu bruar estrepitoso, cheo de ruido e furia, encollía a alma dun pobre canciño impetinente e ladrador, abrindo o paso baixo unha chuvia de bolas de espuma que como copos de neve caían do ceo e retrotraían por un momento ás primeiras nevadas de outono en calqueira dos camiños da estepa rusa, eternamente enlodados á caída das primeiras augas. Nun recodo da ruta, non moi lonxe do Hermanas Patiño, aparecen dous antigos lobos de mar, entrañables e afables, compañeiros xa de ruta co pasar do tempo, e preguntados polo temporal de vento e  mar tan machaconamente publicitado polos medios contestan que "eu as olas de seis metros non as vexo por ningún lado ... ¡como non sea contándolle a espuma que vai por riba!". Ao que o seu compañeiro engade que "eso será na boia esa que teñen montada alá disque para fóra do Vilán. Antes, cando había un temporal de olas de seis, sete metros, retumbaba o mar de un lado para outro da ría que che metía o pánico no corpo". Temporal de suroeste, contan, que se caracteriza por fortes ventos que raramente traen auga e que se distingue do vendaval ("pura chuvia") en que normalmente o vento entra por Muxía e non por Merexo e da travesía en que ésta ven directamente do mar e trae consigo de vez en cando, explosivo e soprendente como fogo de mortero,  "un chuvasco como un animal, como o que nos collío a nos onte alí no Home Morto" (e a Bénder e a min, alá en Mourín e no Cotariño). Sabiduría popular, de homes de mar, antiga e fiable, sin necesidade de boias, barómetros, isobaras, cámaras de televisión, nenas do tempo e tanta tontería, e que nembargantes raramente sole fallar.

IMG_0068
IMG_0069
IMG_0070
IMG_0072
IMG_0075
IMG_0076
IMG_0077
IMG_0078
IMG_0080
IMG_0082
IMG_0085
IMG_0086
IMG_0088
IMG_0089
IMG_0090
IMG_0091
IMG_0092
IMG_0093
IMG_0094
IMG_0095
IMG_0096
IMG_0098
IMG_0101
IMG_0102
IMG_0103
IMG_0104
IMG_0105
IMG_0106
IMG_0107
IMG_0108
IMG_0109
IMG_0110
IMG_0112
IMG_0113
IMG_0114
IMG_0116

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar