Escrito por Administrador    Miércoles, 26 de Octubre de 2011 10:34    PDF Imprimir E-mail
Aviso de forte temporal 26-10
Camariñas - Sucesos en Camarinas

O temporal de chuvia e vento está a caer forte esta mañá

Despois dunha noite movida con uns ventos que zoaban bravamente sobre os tellados de Camariñas chegou a mañán e eses mesmos ventos convertéronse en furacanadas rachas que están a tremer intensamente por momentos polas rúas da zona. Segundo os partes meteorolóxicos e as diferentes páxinas web como windguru o temporal de vento e chuvia que azouta gran parte da costa galega disminuirá a súa intensidade a eso das 5 da tarde quedando sóamentes nun inestable día. Toda a flota pesqueira do litoral camariñán está fortemente amarrada ante as últimas previsións e fontes de Protección Civil de Camariñas consultadas por esta web indícannos que xa hai montado un operativo de vixilancia estando gran parte dos seus integrantes en alerta por si houbera que actuar en algún momento. Así e todo dende Camarinas.eu queremos recordar algunhas recomendacións para que este temporal pase sen máis sobresaltos como de que se revisen os balcóns e azoteas, andar o menos posible pola calle, coller o coche só en casos necesarios, e o máis importante, sentarse ben cómodo diante do teu ordenador favorito e repasar todas e cada unha das noticias de Camarinas.eu nun día que, a verdade, non da para moito máis.

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

46 días antes
Temporal tardío de Abril Camariñas
Como supervivientes, buscavidas e apóstoles da destrucción non os vai haber só en Camariñas, dun

66 días antes
O vento afunde unha lancha no Muelle
O vento ululante abatíose inusitado sobre Camariñas ca forza das ducias de kilotóns propios dun

109 días antes
Surxe unha Piscina Natural en Reira
Poucas veces se lembrará unhas trombas de auga tan continuadas como as que ao longo deste outono-

183 días antes
Consecuencias do temporal 24-11-2012
Cara as 20:00 horas do venres 23 de novembro de 2012 un inferno de vento e chuvia abatíose sobre

508 días antes
Temporal de Suroeste en Camariñas
...E ahí ía Bénder, unha vez máis, facendo frente a un vento do suroeste que cortaba a cara, mar
Por favor, registrate para calificar.