|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Martes, 15 de Mayo de 2012 19:30 |
 |
 |
 |
|
| Evacuación de urxencia en Camariñas
|
|
Camariñas -
Sucesos en Camarinas
|
Estaba na mañán deste martes 15 de maio de 2011 Tilde de Peteno cas súas compañeiras de toda unha vida na Asociación de Palilleiras cando de repente comenzou a sentirse mal. Éstas, asustadas ante os graves síntomas que facían presaxiar un mal de envergadura raudamente trasladaron a Tilde ata o centro clínico camariñán sito na Rúa do Prado. Alí o persoal médico enseguida constatou a gravidade do suceso e diagnosticou que nin máis nin menos Tilde acababa de sufrir un ataque ao corazón, por elo sen perder un só segundo procederon a chamar ao helicóptero de urxencias para que fixera un dos seus nada desexables vos ata Camariñas. Posto en marcha o operativo, tomáronse polos corpos de seguridade e Protección Civil de Camariñas as precaucións necesarias para garantir un rápido traslado de Tilde ata o centro hospitalario no que ataxar un ataque que de non ser tratado a tempo faría que a estas horas posiblemente estivéramos a falar dun novo episodio na cadea de desgracias que dun tempo a esta parte asolan o noso concello. Unha vez verificada a rápida evacuación e con Tilde xa ingresada nun centro hospitalario só queda desexarlle a esta querida amiga, palilleira de toda unha vida, unha satisfactoria evolución e unha pronta recuperación.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Martes, 01 de Mayo de 2012 21:00 |
 |
 |
 |
|
| José Teijeiro Pardo "Aguiar" D.E.P.
|
|
Camariñas -
Sucesos en Camarinas
|
Na mañán deste invernal 1º de Maio de 2012, Festividade do Traballo, entre chuvias e cristales empañados comenzou a expandirse por Camariñas a nova sobre un novo falecemento. Nunha residencia de León, cidade na aque actualmente está a residir unha das súas fillas así como o seu neto Pedro, acababa de falecer aos 90 anos de idade Don José Teijeiro Pardo, coñecido dende sempre na Vila das Palilleiras como "Aguiar". Provinte orixinariamente de Santa Marta de Ortigueira chegaba Don José a Camariñas para encargarse da administración da importante fábrica conserveira da familia Aguiar, situada en tempos no Barrio de Corea e da que tomaría Don José o sobrenome que o acompañaría o resto da súa vida, levando durante anos o timón dunha factoría que sempre destacou pola calidade indiscutible do seus productos, elaborados de forma artesanal, seguindo os vellos cánones e tradicións da salazón.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Lunes, 30 de Abril de 2012 14:30 |
 |
 |
 |
|
| Avelino Ángel Sar Barrientos D.E.P.
|
|
Camariñas -
Sucesos en Camarinas
|
A vaga de traxedia que se abate sobre o Concello de Camariñas parece non ter fin. Despois de ata catro falecementos nunha mesma semana (Marta Barcia Gerpe, Carmen Lema Mouzo na capital municipal; Ovidio Lema López, Perfecto Alonso Correa, na Ponte do Porto), este domingo 29 de abril de 2012 a Vila das Palilleiras ficaba conmocionada pouco despois do mediodía ao saber que Avelino Ángel Sar Barrientos, de 45 anos, natural do Concello de Muxía, acababa de caer fulminado dun ataque ao corazón na panadería que rexentaba xunto a súa esposa Marisa, na Rúa do Prado, xusto enfrente da Clínica. A traxedia que aflixe a esta querida familia camariñana faise máis dramática se temos en conta que a súa esposa estase a recuperar dos efectos dunha penosa enfermidade. Deste xeito outra persoa xoven, no mellor da súa vida, abandoaba este mundo de xeito imprevisto e incomprensible deixando unha familia destrozada na peor semana que se recorde no noso concello en moito tempo. Os restos mortais de Avelino Ángel Sar Barrientos están sendo velados na casa familiar da súa esposa no Lugar do Cotro e o funeral de corpo presente está previsto que comence a partir das 19:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Ante este novo drama que se abate sobre Camariñas só nos resta pedirlle aos nosos lectores que acompañen á súa esposa e fillo nestes penosos momentos e enviarlle o noso máis sinceiro e dolorido pésame. Avelino, que Deus che teña na Súa Gloria. Descansa En Paz.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Jueves, 26 de Abril de 2012 16:25 |
 |
 |
 |
|
| Rematan as labouras de búsqueda
|
|
Camariñas -
Sucesos en Camarinas
|
Cumpríronse os peores augurios e cando faltaban escasos minutos para as 13:30 horas o grupo de voluntarios de Protección Civil de Camariñas atopaba, no medio do argazo, o corpo sen vida de Ovidio Lema López. Fíxoo non moi lonxe do lugar que predixeran os mariñeiros da zona: prácticamente ao carón das rochas nas que pescaba acompañado do seu cuñado, un sitio onde as mareas soen acumular grandes cantidades de algas mariñas. Unha vez recuperado o corpo, foi trasladado ata a Lonxa de Camariñas onde o médico forense certificou a causa da morte para despois ser trasladado ata Coruña onde terá lugar a autopsia. Ponse fin desta maneira, en menos de 24 horas dende que tivera lugar o fatal acontecemento, nunha das paraxes máis inhóspitas e inclementes da costa galega, ao dispositivo de salvamento que movilizou dende as 16:00 horas deste mércores 25 de abril a ducias de persoas, dous helicópteros, a lancha Salvamar Altair e ata os buzos da Guardia Civil e que permite, dentro do terrible do suceso, evitar unha agonía de días ou meses de búsqueda infructuosa do corpo á súa familia. Así pois, nada queda máis que trasladar o noso máis sinceiro pésame e apoio á muller e fillas de Ovidio Lema López nestes tráxicos momentos. Descanse En Paz.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Miércoles, 25 de Abril de 2012 19:00 |
 |
 |
 |
|
| Desaparece un pescador no Trece
|
|
Camariñas -
Sucesos en Camarinas
|
O entorno da Praia do Trece podería haberse voltado a cobrar o seu tráxico tributo de morte na tarde deste desapacible mércores 25 de abril de 2012. Aínda baixo os efectos da cicloxénese explosiva Petra, nun dos días cunha das peores bajas de mar que se recorde, Ovidio Lema López, de 50 anos, natural de Dor e propietario do Cafe Bar O Descanso estaba a pescar co seu cuñado Manuel Martínez Romero nunha pequena punta que se adentra no mar ao carón do Cemiterio dos Ingleses cando sobre as 15:30 horas un forte tombo tirou cos dous veciños do noso concello á auga. Ao parecer segundo testemuñas ás que tivo acceso Camarinas.eu sería un chaquetón militar o que ao enchouparse arrastraría rápidamente a Ovidio cara ao fondo mentras que o seu cuñado Manuel a pesares de fracturarse un pe debido ao forte traumatismo provocado polo golpe de mar conseguío saír da auga e tras percorrer unha determinada distancia neste estado lamentable dou aviso a unha muller que neses momentos se atopaba na pista que une Reira con Santa Mariña a cal rápidamente puxo en alerta ao 112.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|