|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Miércoles, 11 de Julio de 2012 18:30 |
|
|
|
|
|
Don Jesús: Un Bendito Retorno
|
|
Camariñas -
Sociedade en Camariñas
|
Este domingo 8 de xullo de 2012, máis de dous meses despois de que fora sometido a unha exitosa intervención quirúrxica na columna, retornaba Don Jesús Nieto Baneira ao templo parroquial no que leva exercendo o seu docto maxisterio dende hai máis de 20 anos. Facíao acompañado do páter que viña suplindo a súa imprecindible e necesaria labor pastoral, Don Mario, ademáis de axudado por un familiar e por un bastón cos que suplir as súas aínda un tanto renqueantes aptitudes físicas. Especialmente emocionante foi comprobar como unha pechada ovación dos fieis que ateigaban a Igrexa de San Xurxo recibía a Don Jesús, aplausos e vítores dunha masa anónima que tomaron forma individualizada cando, unha vez rematado o oficio, a multitude invadía a sacristía para congratularse polo retorno dun home vital na Camariñas dos nosos días. A idea que guiaba o retorno de Don Jesús era a de estar totalmente operativo para a Festa do Carmen, os maís grandes días do ano na súa parroquia, e así xa esta semana de reentrada celebrará as novenas da nosa Virxe él mesmo. Ademáis xa na misa deste domingo Don Xesus voltaba oficiar ca sabiduría, profesionalidade e experto maxisterio que caracterizan a traxectoria deste home sensato, tolerante e bo, un bautismo, neste caso o dunha preciosa nena que se chama Claudia e que é filla dos nosos queridos amigos Luis Gerpe e Luz. Confeccionado un dos mellores carteis da historia da Festa do Carmen, ninguén mellor que Don Jesús para situarse á fronte da mesma. Don Jesús: un bendito retorno.

Artigos relacionados que che poden iinteresar:
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|