Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 12 de Diciembre de 2011 20:39    PDF Imprimir E-mail
577 palillieras na Festa da Palilliera
Camariñas - Sociedade en Camariñas
Máis de 500 palilleiras déronse cita no pavillón municipal de CamariñasEspectacular a acollida que tivo esta edición da Festa da Palilliera celebrada no Pavillón Muncipal de Camariñas. Caseque 600 palilleiras de toda Galicia déronse cita no pobo que foi, é e debe de seguir sendo o centro natural do encaixe mundial. Como moitos de vos intuides estamos a falar de Camariñas, o auténtico berce desta antiga tradición en Galicia que con iniciativas coma esta de seguro que se conseguirán moitos máis logros e afianzarase a nosa artesanía aínda máis no resto de España e Europa. O caso é que con unha ponte tan larga e un tempo tan inestable nos non tiñamos moitas espectativas de trunfo con esta festa, pero foi chegar ao pavillón e xa se esvaeceron as dúbidas con tanta xente que alí se concentraba. Como decíamos ao principio da noticia foron caseque 600 palilleiras e un bo puñado de expositores que fai desta Festa da Palilliera unha estupenda antesala da Mostra do Encaixe que, ainda que supoñemos que recibirá moitas menos subvencións que outros anos, augura moitos éxitos. Ao final desta xornada celebrouse un desfile de moda no que as modelos eran nin máis nin menos que un grupo de rapazas do noso pobo. Pero esto mostrarémovolo noutra noticia especial que adicaremos a este desfile con máis de 200 fotos. De momento deixámosvos con outra supergalería fotográfica do que aconteceu este sábado 10 de decembro en Camariñas: A capital mundial do Encaixe.

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

Noraboa e Felices FiestasE logo ti de quen es 13-12-2011 01:00 #

Noraboa a todas as palilleiras de Camariñas y Felices Fiestas.

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar